CRÓNICAS : BERGANTIÑOS E CEE TOMAN VENTAXA NAS SEMIFINAIS DA COPA DA COSTA FEMININA.

 

O Xallas plantoulle cara a un gran Bergantiños.

 

Xallas FC 1-4 Bergantiños FC

Roberto Carlos Suárez “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Moi bo partido das xalleiras que pese o resultado non reflicte o que se viu no terreno de xogo do municipal de Fontenla. Un Xallas onde tratamos de xogar as nosas bazas, ante un equipo de categoría superior, estando ben colocadiñas sin deixar espazos e saíndo en rápidos contraataques…
Froito dunha desas chegadas, Yasmina adiantábase a liña defensiva e batía a meta do Bergantiños para facer o 1 a 0, facendo soñar a bancada xalleira… O soño só durou un minutos xa que o equipo de Carballo, igualaría o encontro cun tiro dende fora da área, onde non tivo chance a nosa Rosio, non pasarían máis de cinco minutos e o equipo visitante remontaría o encontro co segundo gol nunha indecisión dentro da nosa área. Pasados esos minutos o equipo recompúsoxe, pero un novo erro defensivo nos últimos minutos antes do descanso acabaría no 1-3 antes do mesmo, desesperando o corpo técnico xalleiro.
Demasiado castigo para o ofrecido no terreo de xogo nesta primeira metade.

Na segunda parte tratamos de non perder a nosa identidade, e buscar o gol que nos metese na eliminatoria pero un novo mazado nos primeiros minutos rompería os nosos esquemas e aínda que non lle perdemos a cara o partido sabíamos que era unha autopía o resto da eliminatoria… Goles clave en minutos psicolóxicos romperon o noso pequeno porcentaxe de poder pelearlle o partido de ida diante da nosa xente que tanto nos apoiou toda esta tempada, na que lles queríamos regalar un mellor resultado.

Destacamos por parte do Xallas en xeral o conxunto e especialmente a nosa Rosio que dominou a área e se lle vé cada día con máis taboas e madurez futbolística, en defensa a nosa “mariscal”, Saskia, no medio a María, e no ataque as nosas fantasticas, Yas e Oli, que levantaron dos seus asentos a máis de ún, sendo do mellor que pisou o Fontenla no día de onte. Para a volta que xogaremos o domingo que vén xa será outra historia…Con algúnha baixa de calado no noso cadro”.

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Bo partido do Xallas que saíu cas ideas claras de poñernos as cousas difíciles. Nós tiñamos o balón e elas adicáronse a esperar e saír rápido cas xogadoras máis rápidas de ataque Yasmina e Olalla. Así chegou o gol local, nunha contra. Ao final o noso dominio transformouse en ocasións claras e os goles foron chegando, e xa ao descanso íamos 1-3. Na segunda volvemos marcar pronto e despois miramos de ter o partido controlado ante un Xallas que fixo un partido moi serio”.

Xallas FC : Rosio; Carla, Saskia, Ali, Andrea Otero; Luchy, María, Andrea Barbeira; Olalla, Paula e Yasmina.
Tamén xogaron: Inés, Maite, Claudia, Nuria e Laura.

Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Sarai, Paula Sieira, Blanca, Isa, Sara, Trillo, Laura Caamaño, Carla e Sofía. Tamén xogaron: Noe, Eva, Mini, Cruz e Paredes.

Goles : 1-0, (Yasmina, (24´); 1-1, Carla, (30´); 1-2, Trillo, (33´); 1-3, Laura, (43´); 1-4, Paula, (47´)

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Árbitro : Manuel Espasandín

Árbitros asistentes : Miguel Blanco e Darío Vázquez

 

 

CF Dumbría 0-1 UC Cee

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Partido que se correspondía ca ida das semifinais da III Copa da Costa Feminina, o Unión Club Cee visitaba O Conco na tarde do domingo. O encontro comezou cunha primeira parte dun tira e afloxa por parte dos dous equipos, sen ocasións claras para ningún dos bandos e o balón circulando nos pés das centrocampistas de ambos equipos. Cunha seriedade impecable dos dous equipos a nivel defensivo, chegou o descanso e o marcador reflexaba o 0-0. Á volta dos vestiarios seguía o tira e afloxa na mesma liña que na primeira parte, o UC Cee tras uns cambios, abriu a lata no minuto 72 logrando o único tanto do partido.Tras este golpe, as locais arriscaron cunha presión máis alta e conseguindo colgar balóns á area por medio de xogadas a balón parado, pero sen ocasión de conseguir unha recompensa acabou o encontro coa derrota pola mínima.

-Buscamos colaborador pra aos comentarios do UC Cee-

CF Dumbría : Naira, Sabela, Noa, Mai, Carril, Martina, Eva, Fandi, Juliette, María das Carisas e Claudia.
Tamén xogaron:
Lucía, Icía, Yoli e Lisette

UC Cee : 
Tamén xogaron: 

Gol : Saray, (72´)

Campo : O Conco, (Dumbría)

Árbitro : Alberto Pombo Parga

Árbitros asistentes : Diego Grille e Alejandro Tato

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”