CRÓNICAS : BAIO E VOLANTES DE BAÑO LÉVANSE OS ENCONTROS SABATINOS DO FÚTBOL DA COSTA.

O Baio conquistou a Grixa.

 

Tal e como xa vos adiantamos na “Axenda Pirata” neste sábado xogábanse dous encontros no fútbol da costa, o Muxía B-Volantes da 3ª da Costa, que se xogaba pola mañán no Municipal da Arliña, e o Porteño-Baio da Liga da Costa, que se xogaba na Grixa. En ambos o trunfo foi para os visitantes, en Muxía o Volantes de Baño ponse provisionalmente como lider en solitario da categoría de prata da costa tras golear o filial do Muxía por 1-7, e na Liga da Costa o Baio sumaba o seu segundo trunfo do curso gracias a un gol do sempre presente Martín MC nos derradeiros minutos de encontro cando o choque refrexaba un empate a dous e coa sensaciión de que odía caer de calquer banda, (2-3).

 

CF Muxía B 1-7 Volantes de Baño FC

En 20 minutos deixou o equipo muradán o choque resolto con un claro 0-3 con goles de Borja, (3´), e Manuel, (14´e 20´). Decir que os de Baño chegaban a Muxía con 12 xogadores. Nada máis comezar a segunda metade Antonio poñía aos muxiáns no encontro, (48´), pero non tardaba en poñer as cousas máis claras para os de Baño, Raúl Lestón, (53) e Borja, (61´). Os rapaces do Muxía baixaron os brazos e Raúl Lestón con dous novos goles deixaba o conto resolto de maniera total, (71´e 81´).

 

Martín MC celebra o 2-3.

 

CF Porteño 2-3 CD Baio

Encontro xogado de poder a poder e con moita intensidade no que Martín MC marcou a diferenza. Paredes aos 6 minutos de xogo poñía por diante aos da Ponte do Porto, nun A Grixa abarrotado. Non tardou en aparecer a estrela do encontro, Martín MC, que empataba no 12. Xusto antes de irse a vestiarios, Yuyo de penalti batía a Rodrigo para o 2-1, resultado co que se ía a vestiarios. A volta do descanso Sergio empataba o choque, (55´). O encontro volveuse nun ir e vir con chegadas perigosas duns e doutros e podendo chegar o gol para calquera, pero apareceu de novo MC no 88 para batir a Lema e facer o gol que lles daba os 3 puntos, nun choque no que como decimos puido caer de calquer banda.

 

AXENDA PIRATA DE TODO O FÚTBOL DA COSTA : PREME AQUÍ

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies