CRÓNICAS : ASÍ LLES FOI OS EQUIPOS DA COSTA DA 1ª GALICIA G2, NA QUE HOUBO 3 VITORIA SE 3 DERROTAS..

 

CRÓNICAS

Soneira SD 3-2 Cordeiro CF

Os de Pedro Gómez, (que foi expulsado o cuarto de hora de xogo),  leváronse unha vitoria traballada, tras ter que remontar ó tanto inicial dos visitantes, de penalti aos 10 minutos de xogo, que marcaba Rubén, con goles de Basti, (13´), e Javi “Rubio”, xa na segunda metade, (49´), para ver como lles empataban pouco despois, (61´), e conseguir de maneira inmediata, (66´), o gol que a postre lles daría o segundo trunfo xconsecutivo, cos duas xornads gastadas. O gol da vitoria foi obra de Ricardo. 

 

SD Cruces 1-0 SCDR Esteirana

Segunda vitoria pola mínima, nas duas xornadas xogadas por unha Esteirana que ademáis tivo mala sorte, xa que o tanto que lles evitou facer o primeiro punto do seu debut na categoría, chegaba nun tanto en propia porta do meta MJ, (56´).

 

CD Baio 1-2 CD Lalín

Traballo infructuoso dun Baio que mereceu máis ante un dos favoritos da categoría, sobre o papel. O tanto inicial dos visitantes chegaba moi cedo, aos 8 minutos de xogo, por medio de Martín Lamas. Buscou insistentemente o empate o equipo baiés, e acadábao no derradeiro suspiro do encontro por medio de Aitor, (87´), e cando todo apuntaba en que se ían a dar táboas, Manuel Vilariño, batía a Crístian Romero, xa no desconto, para facer un inxusto 1-2.

 

CF Dumbría 5-0 CF MazaricosCF 

Repaso do equipo dumbriés que lle fixo unha “manciña” ao Mazaricos, no derbi costeiro desta xornada. Os mazariquenses desaparecerion do encontro pasada a media hora de xogo, cando os locais se poñían cun claro 2-0, con goles do muxián Lucas Toba, (36) e Daniel, (39´). Nada máis comezar a segunda metade, Darío Capelo, deixaba o encontro resolto, (47´), e xa no treito final, Hugo, (86´), e de novo Darío Capelo, (desconto), finiquitaban o choque. Con este trunfo o equipo dumbriés é lider por golaveraxe.

 

Xallas FC 2-1 SR Calo

Traballado trunfo dos xalleiros que tiñan que remontar o gol inicial dos visitantes, obra de Adrián García, (22), cousa que facían na segunda metade con goles de Stefan, (51´) e Sergio Prego, (65´), para sumar a segunda vitoria de dous encontros xogados.

 

-Resto de resultados-

Vista Alegre 1-3 SD Negreira

SD Tordoia 1-2 Cidade de Ribeira CF

SD Agolada 2-1 CF Silleda

Flavia SD 1-0 Puebla CF

 

CLASIFICACIÓN

-Texto e Foto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies