CRÓNICAS 9ª XORNADA PREFERENTE NORTE : FISTERRA E SOFÁN CAEN GOLEADOS

PREFERENTE NORTE

-9ª Xornada-

SD Fisterra 0-6 Victoria CF

Debút de Claudio Mirón no banco fisterrán, pero todo apunta a que a culpa non era de Ángel López, que por segunda vez deixaba de maneira prematura o equipo da sua terra. Os fisterráns desapareceron do encontro xa na primeira metade, na que o Vívtoria ía a vestiarios cpo resultado de 0-4, para xogarse unha segunda metade de puro trámite. Marcaron : Diego Cuesta, (2), Óscar, Manuel Mosquera e Jorge Otero, (2). Cos resultados da xornada, os fisterráns caen a derradeira posición da táboa clasificatoria.

 

CD Boiro 4-1 SD Sofán

Foise o Boiro ao descanso derrotando por 2-0 ao Sofán, con goles de Dani Ferreiro, (13´), e Beda, (28´). Ainda que tratou de poñerse no encontro o equipo sofanista, un tanto aos poucos do reinicio,marcado por Beda, (48´), tirou por terra calquer reacción. Seguiron buscando meterse no encontro e conseguirían marcar por medio de Parafita, pasada a hora de xogo, pero non chegaría ese gol que lles dese opcións a loitar polos puntos, pero sí chegaría o cuarto dos boireses, obra de Viturro, xa no desconto final. Con todo moi apretado pola zona baixa, os sofanistas caen a 17ª praza, trala vitoria do Club Lemos, que estaba por debaixo dos de Sofán, sendo o único que venceu dos 6 últimos clasificados.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia