O San Ramón empataba no campo do San Román, (2-2), e rompía unha xeira de 3 vitorias consecutivas, pero conseguía seguir invicto. O lider suma 7 vitorias e dous empates os que lle dan os 23 puntos para liderar a competición con folgo sobre o segundo que segue a ser o Sporting Zas que non aproveitaba este empate dos líderes, e non pasaba do empate co San Lorenzo, (2-2). Os coristanqueses seguen así a 5 puntos do San Ramón. Si aproveitaba para engancharse arriba o Coristanco que derrotaba a domicilio pola mínima ao Castríz, (0-1). Vitoria importante a domicilio do Oza que goleaba a domicilio ao Ponteceso que se desinfla e suma a cuarta derrota consecutiva, despois de comezar a liga loitando arriba. Ven crecendo o Dumbría que sumou ante o Corcoesto a segunda vitoria consecutiva e o quinto encontro sen perder.
Por abaixo, Corme e Cabana empataban e Castríz perdía, o que lle valeu o Oza, colista, para acercarse a eles a 2 e 4 puntos, e o Csatríz a 2. O único que acadaba a vitoria dos de abaixo foi o Soneira, que lle vale para irse afastando da loita pola permanenza.
-O ENCONTRO DA XORNADA-
ACD San Román 2-2 ACD San Ramón Veteranos
Buscaba o San Román unha vitoria para engancharse a loita por todo e as cousas pintaban ben cando se ía o descanso gañando por 1-0 con gol de Bello. Mellor pintaban cando a hora de xogo Bello repetía para facer o 2-0, pero no treito final e querendo conservar a ventaxe, Mario recurtaba distanzas e pouco despois Alejandro facía o empate.
Goles : 1-0, Bello, (33´); 2-0, Bello, (60´); 2-1, Mario, (77´); 2-2, Alejandro, (82´).
Campo : Porta Santa, (Paiosaco).
Árbitro : David Brun. Amonestou polo San Ronán a Carlos Cambón e Bello.
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
-PREVIA 10ª XORNADA-
-Foto de arquivo, Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR