CRÓNICAS 9ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O SAN LORENZO CAE GOLEADO EN CASTRIZ, PERO OS PERSEGUIDORES TAMÉN PINCHAN E APRÉTASE A PARTE ALTA”.

 

Crónicas 9ª Xornada

 

 

UD Monte Louro 6-0 SD Oza

Encontro totalmente controlado polos loureses, nunha primeira metade máis igulada, e nunha segunda totalmente dos de Louro. Xían, (15´) e Álvaro Farinós, (33´), deixaban encarrilado o encontro nos primeiros 45 minutos. Xián, (60´er 63´), Álvaro Farinós, (73´) e Davis, (86´), completaban o set en branco.           

 

SD Castriz 4-1 SD San Lorenzo

Repaso do Castriz a un San Lorenzo, lider, e que sumaba 7 vitorias consecutivas. Os xalleiros ademáis xogaban toda a segunda metade cun menos, pero se a primeira metade acababa 2-0 con goles de Alejandro, (35´) e Adrián, (33´), foi clave, xa con un menos, o gol de Mourelle, nada máis comezar o segundo tempo, (47´). E xa defendendo a ventaxe, no treito final, o gol de Sebas Rial, (86´). Iván Facal, no desconto facía o gol da honra, dos de Verdillo.

 

SD Coristanco 3-2 Corme CF

Derrota dun Corme que xogou 20 minutos cun menos. Encontro moi serio dos da Terra da pataca, que se adiantaban aos 9 minutos de xogo. Resultado cos que se ían o descanso, Aos poucos de comezar a segunda metade, repetía Mario, (51´), e pouco despois Torrado, acurataba distanzas, (56´). Non tardaba en poñer de novo distanzas o equipo coristanqués, ao transformar unha pena máxima, de novo Mario, co seu terceiro da tarde, e a resposta era rápida dos cormeláns. Israel facía o 3-2, pero non chegaría o gol dsa igualada, privando os de Corme de asaltar o liderato.

 

UD Cerqueda 1-1 Outes FC

O Outes fáltalle gol, e se ata agora chegáballe un gol para gañar, xa non pasa o mesmo, e nun encontro igualado, e no que fixo as cousas ben, un só gol, non lle foi suficiente. Maceiras no 80 facía o 0-1, pero a decepción chegou no desconto final, cando Lorenzo “o cuadrado”, facía o empate, para evitar cos da Serra recuperasen o liderato, tralo pinchazo do San Lorenzo. Os outeses, reclamaron falta na xogada do gol cerquedense. Foi expulsado o meta da Serra, Pouso.

 

Volantes de Baño FC 0-2 Muxía CF

Partido dominado polo Muxía que controlaba a posesión do balón e algunha chegada como unha de Mauro ao pau, outra de Adrián rozando o pau, unha máis que non chegaría Manu Nogueira a empuxala a centro de Álex. O Volantes tamén tería un largueiro dun tiro de Pesco de fora da área. Xa na segunda parte a tónica do partido era a mesma, o Muxía con posesión de balón e Volantes atrás, ben colocadiños, pero no min 51 unha internada de Congui por banda esquerda puxo un centro a área, e Rodrigo Cre, (52´), empuxaria o balón o fondo da sua propia rede. No 60 unha xogada espectacular de Manu Nogueira cedíolle o balón a Mauro para que marcase o segundo, a partir de aí o Muxía dedicouse a tocar o balón e deixar morrer o encontro.

 

Cabana SD 1-3 CD Muros

Tocaba trocar de sino para os de Muros. Tras 4 empates e 4 derrotas, chegou a primeira vitoria para os muraddáns. O choque ben podería asinar un empate, pero os muradáns aproveitaron as suas na primeira metade, por medio de Miguel, (23´), e Iván, (34´), de penalti, os cabaneses no aproveitarían as suas na segunda metade, na que foron mellores, e sí marcaría de novo Miguel, (77´), para deixar cas gañas aos das Redondas. Raúl Corzón, (desconto), marcaba para os cabeneses que acabarían perdendo para a vindeira semana ao seaiés, Diego Castro, por dobre cartón.

 

Ponteceso SD 0-3 Camariñas FC

Vitoria sen paliativos do equipo de Pablo Mallón, ante un descoñecido Camariñas. Eloy a media hora de xogo facía o primeiro para os da Vila de Pondal. Luca aos 70 minutos de xogo facía o segundo e cinco minutos despois Martín sentenzaba.

 

UD Corcubión 2-2 UC Cee

Un empate que lles sabe a moi pouco aos ceenses, a pesares de que igularaon un 2-0 en contra, pero que perdían ao pichichi da liga, Isaac Fábregas aos 9 minutos de xogfo, por lesión. César Lojo facía o 1-0 nada máis comezar o encontro, (3´), e xa na segunda metade,o sempi eterno, Iago Lema, poñía terra de por medio a volta de vestiarios, (57´)- Despertaba o equipo ceense e recurtaba por medio de Ezequiel, e o seu compañeiro, Bruno facía o gol do empate, (78´), a saida dun saque de curruncho. Ata o final, a vitoria puido caer de calquer banada, pero o empate era o máis xusto.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol da Costa Senior e Veteranos :PREME AQUÍ.

-Tódolos resultados e Clasificacións do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia

-Foto Monte Louro : Edu Olveira