CRÓNICAS 9ª XORNADA DA FASE ASCENSO A LIGA DA COSTA : O OZA ACOMPAÑARÁ AO CORCUBIÓN NA VINDEIRA LIGA DA COSTA”.

FASE ASCENSO A LIGA DA COSTA

O Camelle fíxolle o pasillo o Corcubión.

  XORNADA

Grupo 1

UD Corcubión 5-0 SD Camelle

Día : 14/05

Hora : 17:00

Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)

Árbitro : Esteban Domínguez Lado

O campión deste grupo, deuse primeiro unha festa no campo a base de goles e bo fútbol, e despois do encontro cos afeccionados cunha gran festa de celebración do ascenso e do título de campión, ante un Camelle que acabou xogando con 9 por lesión de xogadores e ter agotados os trocos. Os camelláns tamén foron invitados a festa corcubionesa, con churrasco e outras viandas e bebidas.

Unha vez máis a nosa felicitación para tódolos que forman o UD Corcubión, que foi con diferenza, o mellor equipo da 3ª da Costa no contexto de liga e liguiña.

 

Sporting Seaia CF 3-4 Xallas FC

Día : 14/05

Hora :17:30

Campo : Pedra Queimada, (Malpica)

Árbitro : Alfonso Caamaño Blanco

Encontro de luxo para os espectadores dun Castrelo que chegou a ir gañando 3-1, tras remontar o gol inicial dos xalleiros, obra de Rodrigo, para remontar con goles de Raúl reigía, os tres. Os xalleiros remontaron con goles de Ángel, (2) e Kevin. A primeira metade acabou 2-1.

 

Descansa : CF Castrelo

 

CLASIFICACIÓN

UD Corcubión : 28

Xallas FC “B” : 20

SD Camelle : 9

Sporting Seaia CF : 7

CF Castrelo : 4

 

O SD Oza novo equipo da Liga da Costa.

 

GRUPO 2

Atlético Pereiriña FC 0-1 SD Oza 

Día : 15/05

Hora :16:15

Campo : Sampaio de Refoxos, (Xallas-Cee)

Árbitro : Luis M. Insua Lago

Un histórico gol de Crístian Pace aos 53 minutos de xogo, deulle o ascenso ao SD Oza no seu primeiro ano na categoría. Os da parroquia carballesa acadan o pase a Liga da Costa 2022/23, tras desenrolar unha magnífica liguiña.

A nosa noraboa a tódolos que forman a familia do SD Oza.

 

CF Porteño 5-1 SD Ameixenda

Día : 15/05

Hora : 17:30

Campo : A Grixa, (Ponte do Porto)

Árbitro : Carlos Señarís Balsas

Infructuosa goleda do Porteño ante un Ameixenda que chegou a Grixa con 10 xogadores. Tras unha primeira metade na que só se veu o gol de Ángel para os porteños, pasouse a unha segunda na que o cansanzo fixo mella aos amexeindeses que se viron superados, Kevin, Brais, (2), e Martín, fixeron os goles dos da Ponte. Polo Ameixenda, Javier Galindo, fixo o que supoñía o 3-1.

 

Descansa : SD Laxe

 

CLASIFICACIÓN

SD Oza : 20

CF Porteño : 18 puntos

Atlético Pereiriña FC : 13

SD Laxe : 12

SD Ameixenda : 4

 

-Foto : FaceBook SD Oza

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies