CRÓNICAS 9ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO GOLEA A UN DESAUCIADO MALPICA, E O SPORTING ZAS NON PASA DO EMPATE EN CEE E CAE A CUARTA POSICIÓN, SUPERADO POR BAIÑAS E BUÑO”.

 

CD Nantón 2-2 CF Castrelo

Encontro igualado, con imprecisións por ambas escadras. Adiantábase o equipo castrelense por medio de Rubén Blaco, aos 10 minutos de xogo, e conseguía empatar para os nantoneses Pastoriza aos 32 minutos de xogo, igualada ca que se ía o descanso. Saeu mellor na segunda metade o equipo visitante na segunda metade e conseguía poñerse por diante de nvo, por medio de Fran Guillín, (55´), pero a resposta dos de Nantón era no treito final, e a balón parado. Xoel facía o definitivo 2-2.

 

CF Lira 1-4 SCD Buño

Demasido resultado para o visto no Lombáns, de Carnota. Foi mellor o equipo oleiro na primeira metade, e a pesares de que puido haber máis goles, só se veu o de Breogan, (22´), que adiantaba aos norteños. Na segunda metade estivo mellor o Lira, que empataba ao pouco de reanudarse o xogo por medio de Lucas Carballo, (48´), e ata tiña ocasións para poñerse por diante, pero era de novo o Buño, por medio de Omar, (53´), o que poñía por diante aos seus, a pesares do dominio liracho. Martín, (69´), cortáballe as ás aos de lira, e Eloy, finiquitaba o choque nos instantes finais, (88´).

 

SCD Malpica 1-8 CF Porteño

Se lle contan aos da Ponte do Porto antes do comezo da campaña, que ían a gañarlle 1-8 ao Malpica, nen os máis optimistas o creerían, pero a realidad é esta, o equipo malpicán, ademáis de goleado, acabou desquiciado e con dous homes menos. Primeiro foi Fran pombo, o que deixaba aos seus con 10, por dobre cartón, (50´e 50´), cando xa perdían por 0-3, e logo foi Jorge Martínez, no 59 por vermello direto, co mesmo resultado. A partires de aí foron caendo un gol tras outro. Marcaron polos da Ponte do Porto : Lucas Caamaño, (4), Alan, (2), Brais, e Edgar. O gol dos malpicáns foi obra de Simón Díaz, e representaba o 1-7.

 

CD Baiñas 3-0 Xallas FC B

Encontro controlado polo Baiñas, que recupera a senda do trunfo, trala primeira derrota a pasada semana ante o Porteño. Os baiñeses, adiantábanse por medio de Crístian Canosa no ecuador da primeira metade, 827´), e abrián fenda no marcador a hora de xogo, 860´), cun tanto de Raúl Antelo. No desconto chegaba o definitivo 3-0, cun gol de Kevin Fandiño.

 

Atlético Pereiriña FC 3-3 Sporting Zas

Soubo aproveitar os erros defensivos do Zas o equipo da parroquia ceenses, e non se foi do encontro cando lle remontaban por duas veces, os zacenses. Ismael Graiño poñía por diante aos de Ce, (15´), e a resposta dos zacenses chegaba a media hora de xogo, por medio de Dani Mato, (33´). Tan só 3 minutos despois, Álvaro Fariña facía o 1-2, (36´). Santamaría a volta de vestiarios poñía de novo as táboas no marcador, (47´), pero non tardaba en chegar un penalti, que poñía por diante de novo aos zacenses. Dani Mato era o encargado de lanzalo e convertilo, (54´). O gol do empate chegaba pasada a hora de xogo, por medio de Saulo, e ainda que houbo tempopara que o encontro caese de calquer banda, xa non se movería o marcador. O treito final estivo moi cortado polas numerosas faltas, con ata 7 cartóns na derradeira media hora de xogo.

 

SD Camelle 4-2 Sporting Seaia CF

Soubo xogar mellor o Camelle nun Rodeiro, moi pesado polas chuvias deste sábado. Un campo dos de antes, ao que hai que baixarse o barro. Non é crítica, pois a contra, algúns campos de plástico, hai que saber nadar, ou sexa o servido polo comido, pero nestes casos o equipo local, ten moito a favor, polo coñecemento do comportamento do balón.

Os camelláns, foronse o descanso con 2-0, con goles de Adrián Pasantes, (6´e 22´), e parecía que deixaban todo resolto co terceiro a volta de vestiarios, un tanto que materializaba de novo Adrián, (51´), pero pasada a hora de xogo, e trala baixada de intesidade dos camelláns, Ferreiro, acurtaba distanzas, (65´). Non parecía nada perigoso, pero o gol de Iván aos 85 minutos de xogo, acibaba as alarmas, e cun xogo de poder a poder, chegaba Marino, para deixar finiquitado o choque, no desconto final.

 

SD Laxe 2-0 SD Ameixenda

Se no encontro do Camelle-Seaia falábamos de campo pesado pola choiva, neste caso era o mesmo, pero no caso de campo de plástico. Aguantou ben o Ameixenda na primeira metade e non foi ata o 53, cando Miguel Torres, poñía aos laxenses en vantaxe. O gol abría o encontro, e aí cos ceenses buscando igualar, de novo Torres batía a José Costa, para sentenzar, (84´).

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Tódolos resultados do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

-Foto portada :  Sporting Zas