CRÓNICAS 9ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O CASTRÍZ VOLVE A LIDERAR EN SOLITARIO TRALO PINCHAZO DO MAZARICOS NUNHA PARTE ALTA MOI APRETADA”.

 

-Crónicas 9ª Xornada-

O Castríz volve a liderar en solitario a liga tras unha axustada vitoria en Baiñas e aproveitando o pinchazo do Mazaricos ante o outes no Pino do Val, nun choque que chegou a ir perdendo por 0-2. O Muxía levábase o derbi da ría ante o camariñas, nun choque que tivo máis tensión fora que no céspede e que se levaron os muxiáns por estar mellor no derradeiro suspiro do encontro. Noutro dos duelos potentes da xornada o Corme derrotaba ao Porteño que tras ser lider caeu por segunda xornada consecutiva pero por resultado axustado. O Camelle volveu a exercer de executor no tempo de desconto para arrebatarlle os 2 puntos o Coristanco que xa se frotaba as mans ca vitoria na volta de Kalipo, (desta volta como adestrador), ao que fora o seu campo como porteiro fai unhas tempadas. Temos vídeo do golazo dos camelláns no desconto. Tamén do gol da vitoria do Ponteceso tras un extraordinario saque de falta. Por abaixo respiro para Cee e Cabana que gañaban os seus encontros e mandan a Camelle e Muros a loitar co Baiñas e co Volantes, que segue a sumar derrota tras derrota.

Agradecer a tódolos adestradores a sua colaboración e dicir que as verbas aquí servidas son deles e nada máis ca deles. As que faltan iremos subíndoas segundo nos chegue.

Tamén e sobre todo desexarlle unha pronta recuperación aos lesionados desta xornada, en especial a Álex Martínez e Gusa, (CF Muxía), do primeiro o noso desexo que sexa moito menos do que se pensa.

 

O Muxía levouse o derbi cos veciños do outro lado da ría.

 

Camariñas FC 1-3 CF Muxía

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido moi igualado e competido entre dous bos equipos con moita xente campo. Os minutos de desconto foron claves nos cales nos volvémonos tolos buscando a victoria deixando a zona defensiva libre o que motivou o segundo e terceiro gol do Muxía. Toca aprender desta derrota e continuar traballando que non queda outra. Pena das lesions, sobre todo a de Àlex do Muxía que esperemos non sea nada grave”.

Nando Waldemar, (Adestrador do CF Muxía) : “O mellor resumo é que foi un derbi como os de antes, cada balón dividido foi unha batalla, estivo moi entretido o partido, espero que a afección o gozase. Para nós o máis importante é que se lesionaron Álex e Gusa, esperamos que se recuperen canto antes, mandarlles moito ánimo de parte de todo o equipo. E do partido, dicir que estivo moi aberto, os dous equipos tivemos moitas opcións e ao final logramos gañar o que nos vai a dar moita confianza para seguir traballando e mellorando”.

Goles : 0-1, Mauro, (40´); 1-1, Mario, (80´); 1-2, Fran Moreira, (desconto), 1-3, Isma Pose, (desconto).

 

Volantes de Baño FC 0-4 Cabana SD

Pablo Rodríguez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido mo igualado con unha primeira parte que calquera dos dous equipos se puido adiantar no marcador, pero dunhas veces os porteiros e noutras os paus non chegaron os goles. Na segunda parte decantouse máis o noso favor por ocasións nas que o seu porteiro estivo de 10 ata que pasada a hora de xogo chegaba o primeiro por medio de Ferreiro, nun remate de corner, e xa contra o final Miguelito, que foi unha dor de moas para eles todo o partido, forza un penalti no 88 que marca Simón, que faría dous máis seguidos”.

Goles : 0-1, Sergio, (66´); 0-2, Simón, (88´de penalti); 0-3, Miguel, (desconto)); 0-4, Miguel, (desconto).

 

Corme CF 2-1 CF Porteño

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Partido moi marcado polo vento no que na primeira metade xogamos con él en contra e non saimos moito da nosa área xa que o Corme apretaba bastante. Tratamos algunha vez de combinar pero non éramos quen de chegar con perigo e errando nos pases. Marcaron eles e tratamos de facer fútbol direto, pero nada. Pensei que na segunda metade se trocarían as tornas e serían eles os que terían que estar pechados pero nun balón colgado nunha falta lateral facían o 2-0. Seguiu habendo fútbol direto e marcamos o 2-1, pero eles souberon xogar cas condicións do tempo, fixérono ben, pero non esyivemos acertados”.

Goles : 1-0, Alejo, (33´); 2-0 Brais, (60´); 2-1, Alan, (82´).

 

CF Mazaricos 2-2 Outes FC

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido sen moita historia, O campo estaba ben pero o vento perxudicou. Na primeira metade erramos no pase, non estivemos finos i eles estiveron ben posicionados cas liñas ben ordeadas e esperando contratacar. Creamos varios saques de curruncho pero sen levar situacións de perigo i eles a raiz dun saque de canto recuperaron ben e na transición fan o 0-1, co que se vai o descanso. Na segunda dominamos pero sen xerar ocasións de perigo e eles seguían ben ordeados. Pasan unha vez do medio do campo e nun contragolpe fannos o segundo, eu arrisco e paso a xogar con liña de 3, pasando a un central o ataque, xogando con dous puntas e chega o noso primeiro gol, un extraordinario gol por toda a escadra de Sandero. Pouco despois Borja desaproveita unha ocasión en liña de gol, e despois nun tiro de fora do área de José Ángel vaiselle das mans o porteiro e Kevin marca. Así como dixen en Camelle que se dura máis o encontro perdémolo, desta volta coido que se dura máis o encontro teríamolo gañado. Darlle a noraboa o rival polo seu bo posicionamento e a seguir”.

Álex Romero “Aliños”, (Adestrador do Outes FC) : “Arrancou mellor o encontro o Mazaricos, con dominio do espazo e do balón durante os 10 primeiros minutos. A partir dese intre demos un paso adiante na presión, o que nos permiteu igualar o encontro, de maneira que ningún dos equipos era capaz de chegar con perigro as áreas. Unha contra permitenos facer o 0-1 antes do descanso. Na reanudación a tónica era semellante a primeira metade, pero con un Mazaricos máis decidido en busca do empate. Froito da nosa presión alta chegou o roubo que propicio o segundo gol. Sen embargo os minutos nun campo de herba natural con esforzo tan intenso na presión pasaron factura no último cuarto de hora. Un gol dende fóra da área a cinco minutos do final doulle o empurre necesario a Mazaricos para buscar o empate, que eu considero xusto tralo visto no campo”.

Goles : 0-1, Adrián, (22´); 0-2, Pablo, (71´); 1-2, Sandero, (84´): 2-2, Kevin, (88´).

 

Moitas ocasións de gol no Camelle-Coristanco.

 

SD Camelle 1-1 SD Coristanco

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido cunha parte para cada equipo. A primeira parte sería para nós, xogando con vento a favor chegaríamos moitas veces, e mandaríamos 2 balóns o longueiro, e sacarían 2 balóns baixo paus, pero non acertamos a metela dentro. Eles chegarían un par de vecs pero sin perigo. A segunda parte sería para eles facéndonos dano con balóns en longo antre o lateral e o central, e así chegarían ata 3 veces no man a man co porteiro, pero eles tampouco acertaron a marcar. Poñíanse por diante cun gol de corner direto, e a partires de aí fui un ir e vir, e outra vez no 93 Pablo faría o empate, cun tiro desde fora da área que se cola por toda a escadra. Creo que empate xusto”.

Goles : 0-1, Alejandro, (77´); 1-1, Pablo, (desconto).

 

GOLAZO E OCASIÓN A CRUCETA DO CAMELLE

 

 

 

 

CD Baiñas 1-2 SD Castríz

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Partido moi condicionado polo forte vento. Nós tivémolo a favor na primeira parte. O Baíñas iniciaba o xogo en corto para evitar o vento e fíxoo moi ben, safándose da nosa presión, nótase ben preparado o equipo por Rosky. Non puidemos facer dano roubando balóns pero si o faríamos no xogo directo, chegando a dispoñer de varias ocasións de peligro, das que só convertiríamos unha por medio de Iván Pastoriza tras facer unha parede dentro da área con Adrián García e bater por alto ó porteiro no man a man. 0-1 ó descanso no que merecemos ir con maior renta. Saiu o Baíñas a apretar co vento a favor na segunda parte e conseguiuno nos primeiros minutos, pero pouco a pouco fómonos afacendo gracias os saques largos de Coke que impedían que o rival adiantase o seu posicionamento. Cando mellor estabamos, viñeron uns minutos de desconexión que casi nos custan o partido: unha pérdida de balón cerca de nosa área que acabaría no 1-1, e a expulsión de Mata.

Cando peor estaba o panorama, mellor xogamos nós, e cun home menos fomos quen de domiñar o partido e de provocar que o equipo local defendese o empate. As entradas no campo de Braulio, Samuel Rodo e Anxo, axudáronnos a subirlle unha marchiña máis ó ritmo do partido e a ser capaces de anotar o 1-2 nun rápido ataque no que Iván Pastoriza abriu para Braulio na lateral da área e este gañoulle a acción ó seu defensor para meter un centro ó segundo pau onde aparecería Samuel Rodo para remachar o balón á rede. Creo que victoria xusta polo rendemento de uns e outros, e meritoria por quedarnos cun home menos xusto despois do empate do Baíñas, quen xogou a moi bo nivel e lamentablemente para eles viron escapar un puntos nos últimos intres.

Goles : 0-1, Iván Pastoriza, (12´); 1-1, Ruli, (59´); 1-2, Samuel, (88´).

Incidencias : O árbitro Alejandro Luis Veríssimo, expulsou con vermello direto o visitante, Mata, (63´).

 

UD Monte Louro 0-1 Ponteceso SD

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Foi un partido no que nunca estivemos cómodos.
O Ponteceso foi o xusto vencedor do partido. Temos que facer autocritica xa que levamos uns partidos nos que non estamos ben, e traballaremos pa mellorar nos seguintes partidos”.

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Saimos mellor  tendo máis o balón e acercándonos a meta local con máis asiduidade, pero con non moito perigo.O Monte Louro pouco a pouco foi colléndolle a manixa o partido igualando o empurro inicial noso. Os dous equipos apenas dispuxemos de oportunidades claras de cara o gol. Cerca do final deste primeiro tempo noa tivemos a mais clara nun man a man de Sergio co porteiro local Pedro que sacou de forma explendida. Xa nos últimos minutos adiantámonos cunha falta executada por Alberto Recarey, que sorprendía o gardameta, e que tamén estivo a punto de sacar. Na segunda parte aumentou o dominio local ante un Ponteceso que se foi metendo atrás e que intentaba sentenciar a contra. Os locais a base de opcións a balón parado foron meténdonos no noso campo. Saimos nalgún que outro contrataque con un par de ocasións moi boas, que outra vez Pedro volveu a sacar de forma explendida, facéndose ca honra de ser o mellor dun partido en xeral trabado e con pouco xogo bonito. O dito o principio os tres puntos válennos para ir sacando a cabeza da parte baixa da clasificación e o Monte Louro a derrota para recompoñer forzas e ir mellorando de cara a futuros enfrontamentos”.

Goles : 0-1, Alberto Recarey, (40´).

 

VÍDEO DO GOL DO PONTECESO

 

 

 

UC Cee 3-1 CD Muros

Ángel Sanandrés, (Adestrador do CD Muros) : “Campo grande o do Cee no que non fomos quen de adaptarnos. Pouco profundos e pouco amplios en ataque, así e todo intentámolo na primeira parte despois de marcarnos o Cee no minuto 16 e nos empatar os 5 minutos, nun saque de falta que remata Pelos a gol. Logo o pouco un despexe de Pelos que o noso porteiro dubida e finalmente acaba collendo ca man, e árbitro considera que é cesión, e fannos o 2-1. Ñogo tivemos unha boa ocasión de falta que pegou no longueiro, e asi o descanso. Na segunda parte co vento en contra e ainda con menos profundidade e defendendo ben a nosa portería, e con alguha chegada o área. Nunha delas Jesús métese na área, recorta o rival e fanlle un penalti claro que o árbitro non pita, e xa contra o final e co equipo roto, un desaxuste defensivo na banda dereita aproveitao Bruno para sellar a vitoria. Darlle a noraboa o Cee pola vitoria”.

Goles : 1-0, Bruno, (16´); 1-1, Javi “Pelos”, (26´); 2-1, Ezequiel, (30´); 3-1, Bruno, (90´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

-Foto Camariñas-Muxía : Marina Busto

-Foto Camelle-Coristanco : Gonzalo Lemus

-Vídeos Camelle : SD Camelle

-Vídeo gol Ponteceso : Julio Vila