Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores e fotos. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, todos eles propios dos mencionados e sen censuras.
O Muxía consolida o liderato do Grupo 2 da 3ª División Galega Feminina G2 o vencer, non sen moito traballo o Corcubión, e aproveitando de o Corme non pasaba do empate en Camariñas. Un Corme que se ve superado polo veciño Ponteceso que pasa a ser segundo por golaveraxe tras derrotar o Cabana consolvencia. Goleou o Dumbría que a pesares de ser cuarto con 19 puntos ten 2 encontros menos cos muxiáns, a 6 puntos polo que poderían collelos de igualarse os choques. A diferencia de partidos disputados fai que a clasificación sexa enganosa. As muxianas van primeirs con 25 puntos e 9 choques disputadas, e están a 4 menos as pontecesanas e cormelanas, pero ambas cun encontro menos, a 6 as dumbriesas con 2, polo que de igualarse os choques está todo moi parexo, eso sempre que ninguén falle.
-CRÓNICAS 9ª XORNADA-
EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo” 0-0 Corme CF
Juan Cabrejo, (Adestrador do EF Concello de Camariñas) : “Partido onde as defensas se impuxeron aos ataques e as ocasións foron excasas. Contento polo punto ante un dos mellores equipos da categoría que nos sirve para ir dando pasiños positivos e mellorando cada xornada que pasa. Un “10” a nosa afición que nos leva en volandas cada fin de semana no “Vicente Carril””.
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido moi malo pola Nosa parte, do peor que fixemos desde que nos embarcamos en ésta aventura, cero proposta futbolística e nos sin eso non somos capaces de xenerar ocasions de gol, e así foi, creo recordar que non tiramos a portería Unha sola vez en 90 min, mais aló de 2-3 Corners. Quero destacar o pasiño adiante que están dando todas as xogadoras de iniciación que temos no equipo, que a nivel defensivo están rendindo a un gran nivel e eso permitenos estar sempre dentro do partido, pero faltanos moito do resto para poder xogar o que buscamos ser. A outra noticia positiva foi o debut de Kaila, xogadora das categorías inferiores que a subimos para o Equipo senior e pudo disputar uns minutos con nos. Mais aló de que foi un partido malo noso, non quero quitarlle un ápice de mérito o partido do Camariñas, un equipo ben ordenado, forte, intenso, e compite todos os duelos a un nivel moi alto, Vai ser un rival moi duro de doblegar sin dúbida”.
EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo” : Keren, Uxía, Rosana, Rocío, Laura López, Carla, Nuria, Laura Pose, María, Cristina e Saray. Suplentes: Maira, Ainhoa, Desiree, Diana e Leticia.
Corme CF : Belén, Carla Vázquez, (Kaila), Laura, Irene, Ana, Nati, (Candela), Olalla (Salomé), Carla, Nerea (Lucía), Cris, María, e (Mónica).
Goles : 0-0
Árbitro : Daniel Chouciño. Non amosou ningún cartón.
Próximos encontros
Corme-UD Corcubión
SD Dubra-EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo”
******
Patri Romaní fixo dous dos goles das muxianas.
UD Corcubión 2-4 CF Muxía
Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido no que competimos moi ben ante un gran equipo con unha super xogadora como é Patri. Puidemos responder os seus dous primeros goles con un bo tiro de Alexandra, e unha xogada de Noa que remata por enriba da porteira. Co 2-3 delas e xa despois do descanso as mellores ocasións foron do Muxía pero aínda así tivemos algunha para empatar. Para comer aparte foi a actuación do árbitro que entendo que non poida ver algún fora de xogo como penso que foi claro o segundo gol das visitantes, pero que non pite ningunha man ou deixe sacar de banda como se fose de baloncesto xa o entendo menos. Para rematar xa no final cando ía entrar ao vestuario para felicitar as xogadoras polo esforzo non parou de botarme o ollo, pouco máis entra conmigo ao vestuario…Primeira vez que vexo algo así pero normal se non paraba de mirar para o meu banquillo en todo o partido”.
Jose Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido difícil diante dun Corcubión que no seu campo onde as dimensións non son as mismas que as da Arliña, ai menos espacios e as nosas ainda non estan acostumadas. Non foi o mellor partido noso co balón pero o equipo traballou ben. A primeira parte partido de bastante ida e volta con pouco control de balón, adiantámonos moi pronto por medio de Patri, e no pasado o ecuador da primeira metade elas conseguían empatar, pero só 4 minutos despois do empate volvíamosnos a poñer por diante cun tanto de Irene. Intentams facernos donos do balón pero non estábamos comodas no campo e o Corcubion seguía saindo rápido por banda dereita. No 38 volvían a empatarnos, e xusto antes do descansa volvíamonos a poñer por diante, con gol de Patri. Na segunda parte subimos liñas fixémonos máis co balón e chegaron máis ocasións, que non éramos quen de finalizar. O Corcubión xa lle costaba chegar a nosa área tendo só un par de ocasións sin moito perigo. No treito final xa non saíamos de campo rival con multiples ocasións claras, sobre todo unha con un pase atrás que ningunha das nosas foi quen de empuxar ca porteria valeira, e no 88 Barca conseguía o gol da tranquilidade e definitivo, 2-4“.
UD Corcubión : Elena, Elisa, Alexandra, Victoria, Marta, María, Claudia, Helena, Noa e Andrea. Suplentes: Alexia, Carla, Ganiela e Paula.
CF Muxía : Xeila, Andrea Domínguez, Patri Romaní, Paula Vilela, Nerea. Elsa, Barca Toba, Irene, Denise, Nuria e Marcela. Suplentes : Marta, Raquel, Paula Rey, Andrea Insua e Adriana.
Goles : 0-1, Patri Romaní, (5´), 1-1, Alexandra (24´); 1-2, Irene, (28´); 2-2, Noa,(38´); 2-3,Patri Romaní,(43´); 2-4,Barca Toba, (88´).
Árbitro : Esteban Domínguez. Amonestou a Noa e Rubén Castillo polo Corcubión, e a Marcela polo Muxía.
Próximo encontro
UCorme CF-Corcubión
CF Muxía-Ponteceso SD
******
CF Mazaricos 4-2 SD Dubra
Juan M. Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido novamente marcado polo mal tempo e estado do campo. Unha primeira parte donde tivemos o dominio do partido gracias o vento a favor. Fallamos innumerables ocasións diante da portería e esa falta de acerto faría que chegasemos ao tempo de descanso con 0-0 e con 45 minutos de xogo en contra do vento. Como era previsible o Dubra daría unha pasiño adiante pero un fallo da sua porteira nun rexeite faria que Ánxela adiantara as locais. Esto en vez de calmar as nosas fixo que caeran nun estado de relaxación e tras varios erros encadeados nosos fixesen o empate a saida dun corner, aos 2 minutos de adiantarnos. Pouco despois unha man dentro da área visitante sería materializada dende o punto de penalti novamente por Ánxela. Co paso dos minutos o partido foi sendo controlado polas nosas e tras un xogadón de Lua e un centro de Mariña sería dende a frontal Sílvia quen marcaría un golazo para poñer o 3-1. Novamente meteríamos nós no partido as visitantes dándolles unha falta innecesaria o borde da área que acabaría en gol. Xa co Dubra volcado arriba Graciela sentenciaba o encontro. Partido moi irregular das nosas e esperando que o temporal nos dea un pouco de tregua en Mazaricos“.
CF Mazaricos : Elena, Elisa, Alexandra, Victoria, Marta, María, Claudia, Helena, Noa e Andrea. Suplentes: Paula, Celia, Fátima, Mariña e Araceli.
SD Dubra : Sara, Elena, Xeila, Lara, Asia, Daniela, Lorena, Melani, Lucía, Lara e Sabela. Suplentes : Victoria, Paula, Nerea, Carla e Analia.
Goles : 1-0, Ánxela, (52´), 1-1, Daniela (54´); 2-1, Ánxela, (61´de penalti); 3-1, Sílvia,(70´); 3-2, Lara,(85´); 4-2, Graciela, (87´).
Árbitro : Roi Rey. Amonestou a Graciela e Claudia do Mazaricos.
Próximo encontro
Outes FC-CF Mazaricos
SD Dubra-EFC Camariñas “Juan Cabrejo”
Saida dos equipos no “Pinguel”.
Ponteceso SD 3-0 Cabana SD
Marcos Antelo “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O Puenteceso SD enfróntabase cun dos equipos de nova creación, rapazas que aínda están comenzando a súa andaina e formación no fútbol e onde as de Curro amosaron un ritmo diferente e máis rodadas nesta competición. As locais poñeríanse por encima no marcador xa no minuto dous, o que lles dou moita máis soltura para continuar o partido e probar a facer un xogo máis rápido e creando grandes xogadas entre todo o plantel .Partido no que as de Ponteceso foron totalmente superiores ante un Outes que a penas puido saír do seu terreo de xogo.
Gran partido da killer Andrea e de Oanes nas que ámbalas dúas conseguiron marcaren un hat-trick facendo a ledicia dos afeccionados locais . Sumaríanse tamén como goleadoras a capitana Eva con dous tantos, un de Mireya, outro de Noemí e un de Silvia. Foi un encontro que permitiu sumar tres puntos con facilidade e que serviron para darlle confianza a un equipo moi sólido e que realizou un gran partido en liñas xerales . Rematamos esta xornada en quinta posición e para a semana teremos derbi como visitantes xa que visitarenos o Cerqueda “.
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido no que o Ponteceso exerciu maior dominio o longo dos 90 minutos e aproveitou moi ben as ocasións das que dispuxo. As nosas pelexaron e puxeron caro o encontró pero dispuxeron de poucas chegadas”.
Saúdo inicial dos equipos e o colexiado.
Ponteceso SD : María (Colores 46´), Myre (Mantiñan 46´), Ainhoa, Berdeal (Lucivili 55´), Noe (Laura R 46´), Silvia, Oanes, Eva, Andrea, Noemí (Amado 55´), Claudia.ç
Cabana SD : Míriam, Antia (Natalie), Sheila, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Iría (Aitana), Irene, Alison (Alejandra), Adriana (Jessi), Saray (Natalie).
Goles : 1-0, Andrea, (7´); 2-0, Andrea, (43´); 3-0, Andrea, (59´de penalti).
Árbitro : Álex Areosa. Amonestou as xogadoras a Marcos “Curro” e Myrella do Ponteceso.
Próximos encontros
Cabana SD-AD Nicrariense
CF Muxía-Ponteceso SD
*****
AD Nicrariense 1-2 SD Fisterra
Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.
AD Nicrariense : Luz María, Alicia, María Castro, Aya, Noa, Carla, Candela, Laura, Paula, Aldara e Mencía. Suplentes: D´Lenia, Sofía, Kayla, e Lucía
SD Fisterra : Zaira, Paula, Lidia, Tamara, Andrea, Xaira, Jimena, Tatiana, Aroa, Lucía e Irene. Suplentes: Antía, Zeltia, Rosa e Nicole.
Goles : 1-0, Paula, (43´); 1-1, Andrea, (44´); 1-2, Tamara, (54´).
Árbitro : Óscar Martínez. Amonestou a local, Paula.
Próximos encontros
Cabana SD-AD Nicrariense
SD Fisterra-Bergantiños FC B
*****
Bergantiños B fixo un gran enconrto ante o Noia B.
Bergantiños FC B 2-0 CF Noia B
Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Partido dominado en el que fuimos superiores y fuimeos al descanso cun gol dedes lejos de Saray. En la segunda parte más de lo mismo. Ellas tenían una extremo derecha muy rápida que puso en complicaciones a nuestra lateral y colgando balones, pero sin pasar apuros. Teníamos el “handicap” de no tener a nuestra portera por estar sancionada uy la otra lesionada, pero practicamente no le tiraron a puerta, por el buen trabajo de todo el equipo”.
Bergantiños FC B : Sara, Carla, Arancha. Sarai, Valeria, Aroa Varela, Clara, Jimena, Antía, Ainhoa e Amelia. Suplentes: Aisha, Airoa García, Iria e María.
CF Noia B : Noelia, Marta, Aida, Uxía Maneiro, Elena, Nerea, María, Inés, Aitana, Uxía Paz e Mercedes. Suplentes: Ángela e Zaira.
Goles : 1-0, Sarai, (47´); 2-0, Antía, (86´).
Árbitro : Xoel Forján. Non asinou ningún cartón.
Próximo encontro
CF Noia B-CF Dumbría
SD Fisterra-Bergantiños FC B
******
O Dumbría celebrando un dos goles.
CF Dumbría 5-0 UD Cerqueda
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Partido moi serio o competido ante un rival como o Cerqueda que o intentou en todo momento intentando combinar pero se atopou con unha das mellores versións das locales. Bos cimentos en defensa con órde e saida de balón, garra e talento na medular con Eva Lema e Fandi combinando e xerando para que se finalizasen as xogadas con criterio arriba, e un resultado cómodo e novamente portería a cero gracias (gracias, gracias, gracias….) ó compromiso non só das 16 deste encontro, sinón do traballo de fondo e de base que permite non relaxarse cada semana para seguir disputando o obxectivo”.
Dani García, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido no que competimos moi ben os primeiros 45 minutos no que conseguimos que só nos tiraran tres veces. Marcaron a diferencia sobre todo a nivel individual con dúas grandísimas xogadoras no medio do campo e moita velocidade nas bandas”.
CF Dumbría : Lía, Carril, Sabela, Martina, Mai, Eva Lema, Serena, Claudia, Yoli e Juliette. Entraron: Naira, Reyes, Lucía, Alba e Icía.
UD Cerqueda : Paula, Jimena, Lucía, Tania, Tatiana, Irene, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía e Inés. Suplentes: Sonia, Alba e Carla.
Goles : 1-0, Paula Fandiño, (7´); 2-0, Paula Fandiño, (38´); 3-0, Claudia, (55´); 4-0, Sabela, (59´); 5-0, Paula Fandiño, (70´).
Árbitro : Óscar Rey. Non amosou ningún cartón.
O Cerqueda no vestiario do Conco.
Próximo encontro
CF Noia B-CF Dumbría
UD Cerqueda : Descansa
******
Descansou : Outes FC
*****
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores
-Foto Dumbría : Fran Figueroa
-Fotos Ponteceso : Marcos Curro
-Fotos Patri Romaní : Marina Busto
-Foto Bergantiños B : Prensa Bergantiños FC