3ª DA COSTA
-9ª Xornada-
CRÓNICA DOS ENCONTROS
O Camelle-Camariñas albergou máis de 300 afeccionados o sábado.
O sábado presenciábamos en direto o derbi SD Camelle-Camariñas FC, no que houbo máis de 300 espectadores, para presenciar un choque que acabou con vitoria camariñana, pero que o máis xusto tería sido un empate, nun choque no que o lider indiscutible da competición, tirou de solvencia atrás, poderío no medio de campo, e eficacia diante, así como a dosis de sorte que ten un campión. Gozou de máis ocasións o equipo camellán, que acabou con 3 lesionados, e ata estragou un penalti e un tiro o poste, pero como decíamos na crónica que podes ver PREMENDO AQUÍ, o lider materializou as duas das que dispuxo, para convertirse no único equipo invicto da categoría, tras derrotar aos seus veciños, e tivo a sorte do campión nesas duas xogadas.
Afianza a segunda praza o Outes CF o aproveitar a derrota dos camelláns, e vaise aos 9 puntos de distanza, (cun encontro máis), e non erraban ante o colista, UD Corcubión. Xa deixaban Martín, Adrián e Eloy o encontro finiquitado antes da media hora de xogo, e Simón de penalti facía o cuarto para os da Serra no treito final, no que os corcubioneses quedaban cun menos por expulsión con vermello direto de Mario Suárez. Xa no desconto Mario Lagoa facía o gol da honra para os do “Novo Cubaleiro”, (1-4).
Tamén aproveitou o UD Monte Louro a derrota camellana para situarse a 1 punto dos da “Terra de Mann”, tras derrotar a domicilio a un CF Castrelo que segue de capa caída, sen recuperarse da baga de lesións que os mermou considerablemente. Con 12 xogadores presentouse o equipo dos deportivistas de Vimianzo ante os seus afeccionados, e a pesares de que os de Louro poñíanse cun craro 0-2 antes da media hora de xogo, con dous tantos de Gabriel Hermida, conseguía neutralizar o gol na primeira xogada a volta de vestiarios, cun tanto de Capote. Pouco lles duaraba a ledicia, pois Antonio 5 minutos despois facía o 1-3 que sería definitivo, ante un Castrelo buscando meterse no encontro con máis corazón ca forzas, cun só home de refresco.
O SD Ameixenda vai a máis.
Vitoria ilusionante para o SD Ameixenda, que como decíamos vai a ir crecendo co paso das xornadas, pois é un equipo moi xove e desta volta derrotaba ao CF Porteño, (2-0), con goles de Adrián e David, (55´e 78´), para sumar a terceira vitoria da tempada.
Vitoria moi traballada do CD Nantón que deixou que lle perigase un craro 3-0 aos 67 minutos de xogo, para que en dez minutos o SD Laxe collese vida e se puxese cun 3-2 moi emocionante, pero non se movería o marcador. Quen si se tivo que mover foi o colexiado camellán, Alberto Baña, que tivo que cortar a tensión final con 4 cartóns vermellos, 3 para os laxenses, (Gustavo, Elías e Felipe) e 1 para os nantoneses, (Martín), todos en 2 minutos no desconto.
CLASIFICACIÓN
PRÓXIMA XORNADA
Ameixenda-Monte Louro : 24/11 ás 15:00 horas
Seaia-Castrelo : 23/11 ás 16:30 horas
Outes-Camelle : 24/11 ás 17:00 horas
Laxe-Corcubión : 23/11 ás 16:15 horas
Porteño-Nantón, (Por determinar)
Descansa : Camariñas
O xove Brandon fixo o gol da vitoria do Camariñas en Camelle.
PICHICHIS
1º-Javi Antelo, (FC Camariñas) : 10 goles en 9 encontros
2º-Brandon, (FC Camatiñas) : 9 en 8
3º-José Louro, (UD Monte Louro) : 7 en 7
4º- : Martín, (FC Camariñas) : 7 en 7
5º-Iago Lema, (UD Corcubión) : 6 en 8, (1 de penalti)
6º-Santi Álvarez, (Outes CF) : 6 en 9
-Texto e Fotos : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas