CRÓNICAS 9ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O XALLAS SIGUE POR LIBRE E APRÉTASE A LOITA POLA SEGUNDA PRAZA E A PROMOCIÓN”.

 

Sigue intratable o lider, Xallas, que goleou ao Sporting Seaia, pero a maior goleada foi a que lle endosou o Sporting Zas ao Ameixenda, que sigue sen puntuar. O primeiro perseguidor do lider, o Sofán B, gañou en Corcubión e segue a 6 puntos dos xalleiros e supera o Malpica que esta semana descansaba, e engánchase a partida o Oza que segue en versión ascendente e supera o Soneira que pinchaba en Buño, poñéndose a puntos cos malpicáns, pero cun encontro máis, e a 1 dos sofanistas.

 

-CRÓNICAS 9ª XORNADA-

 

SD Laxe 0-1 CF Lira

Terceira derrota consecutiva dos laxenses e cuarta nos derradeiros cinco encontros é a racha negativa que están a levar os laxenses que perderon a fortaleza como locais ca que comezaron a liga. Un tanto de Ramón no treito final do encontro declinou a balanza dun choque no que como pasou no resto de campos o vento foi o factor principal. Os lirachos suman 4 vitorias, un empate e unha derrota por medio, nos derradeiros 6 encontroso que os fai situarse na sexta praza na loita pola promoción.

Goles : 0-1, Ramón, (85´).

 

O Cerqueda nas Fontiñas.

 

CD Nantón 3-3 UD Cerqueda

Así nos conta o adestrador do UD Cerqueda, Emilio Uzal como foi o encontro : “Partido con duas partes diferenciadass. Primeira parte nefasta nosa onde estivemos totalmente pasivos, e a pesar de adiantarnos os 5 minutos con gol de Roel, non nos adaptamos o campo nin leemos a forma de xogar neste campo, con erros de bulto, e fomos o descanso 2-1 abaixo. Houbo toque de atención no descanso e entramos moito mellor dominando por completo o partido, con eles atrás saindo as contras con perigo debido a que tivemos que tomar riscos. Fixemos o 2-2 no 55′ cun gran cabezazo de Roel, tras asistencia nun gran centro de Jose, e acto seguido nun erro de marcaxe fannos o 3-2 tres minutos despois. Arriscamos ainda máis e erramos ocasións clarísimas, con paus incluidos, e conseguimos facer o 3-3 faltando 5 minutos por medio de Samu. Eles puideron marcar o final tras unha perda no medio na que temos máis que recalcado o que non se debe facer e na que Mario estivo acertado. Por ocasións e dominio creo que merecemos a vitoria, pero vendo a ocasión deles do final pódese considerar un empate xusto”.

Goles : 0-1, Joel, (2´); 1-1, Redondo, (23´); 2-1, Fran Gavín, (38´); 2-2, Joel, (48´); 3-2, Fran Gavín, (50´); 3-3, Samu, (84´).

 

SDC Buño 1-1 Soneira SD

A piques estivo o equipo oleiro de darlle un disgusto maior ao Soneira que se descolga da loita polo ascenso, de momento, tralas vitorias dos de arriba. Andrés poñía por diante aos locais no derradeiro cuarto de encontro e Sar rescataba un punto para os vimianceses que rompen unha racha de 3 vitorias seguidas.

Goles : 0-1, Andrés, (72´); 1-1, Sar, (81´).

Incidencias : O colexiado Mauro Sabio, expulsou con vermello direto delegado dos vimianceses.

 

UD Corcubión 2-3 Sofán SD B

Fíxolle frente o equipo corcubionés o segundo da liga que se adiantaba no Novo Cubaleiro por medio de Salah cun gol de Víctor Agulleiro. Resultado co que se foi o descanso. Non foi ata o derradeiro cuarto de hora de encontro cando se decantou o choque para os sofanistas. Adrián Vázquez facía o 1-2, e pouco despois un penalti con expulsión do zagueiro corcubionés Isaac, e transformado por Adrián xa decantaron definitivamente o choque para os de Sofán, ainda que nos derradeiros minutos Samuel dáballe emoción o choque co 2-3.

Goles : 0-0

Incidencias : O colexiado Alberto Pombo, expulsou con dobre cartón a Isaac do Corcubión, (81´e 81´).

 

Xallas FC 6-0 Sporting Seaia CF

Prácido encontro para o lider que xa se foi a vestiarios con 3-0, e cos seaieses que se quedaban cun menos antes de enfilar os vestiarios. Sergio Barbeira, Pensado e Adrián López eran os goleadores do primeiro tempo. Joser, Rubén Sande e Pensado, os da segunda metade.

Incidencias : O colexiado Alejandro Tato, expulsou con vermello direto no 45 o meta do Seaia, Ánxo Pérez.

 

O Zas deuse un festín facendo do Ameixenda unha caixa de ovos.

 

Sporting Zas 12-0 SD Ameixenda

Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Pouco que contar…ou moito, según se mire. Superioridade total do Zas de principio a fin. Se engadimos os fallos e regalos de costume, os partidos xa se fan moi costa arriba. Cando o rival mete un gol parece como se se abrira unha villa e non paran de entrar. O primeiro tempo acabou 4-0 para terminar con un 12-0 que xa o di todo.

 

Xogaron polo Ameixenda: Costa, Maldonado, Kampy, Louzán, Barreiro (Rois 30′), Lagoa, Crisca (Elhadji 45′, Pikita 65′), Castreje (Álex 45′), Damián (Santi 60′), Óscar e Dani.

Goles : Andrés, (2), Dani Mato, (2), Álvaro, Javi Suárez, (4) e Lucas Caamaño, (2).

 

Atlético Pereiriña FC 2-4 SD Oza

Segue a boa racha do Oza que suma 3 encontros con vitoria tras vir de 3 empates seguidos o que fai que se enganche aos postos de promoción situandose cuartos. O choque foi máis igualado na primeira metade na que se adiantaban pos ocenses por medio de Nacho e igualaba pouco despois Antón Lestón para os da Pereiriña. Na segunda metade foron mellores os visitantes que se adiantaban de novo por medio de Hugo, que repetía pouco despois, e nun suspiro de 2 minutos máis Hugo facía o seu terceiro da tarde e cuarto do equipo, deixando xa sentenzado o choque. Esteban acurtaba distanzas pero o encontro xa estaba decidido.

Goles : 0-1, Nacho, (3´); 1-1, Antón Lestón, (9´); 1-2, Hugo, (75´); 1-3, Hugo, (66´); 1-4, Hugo, (68´); 2-4, Esteban, (78´)

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

-Foto Cerqueda : Emilio Uzal

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Zas-Ameixenda : Prensa Sporting Zas

-Foto montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies