Nesta 9ª xornada da 2ª División Galega G1, tan só ssacou 1 punto o Miúdas, dos 3 enfrontamentos das nosas. O ED As Miúdas sacou un empate a domicilio ante o Santiso, namentras que o Xallas caía por segunda semana consecutiva, a semana pasada ante o lider, Orzán, e dersta volta ante o segundo, Pastoriza , pero en ambos casos habendo merecido máis. Pola sua banda o UC Cee que a semana pasada volvera a senda do trunfo caeu goleado en Oleiros, ante o San Pedro.
Xallas FC 1-2 SCD Pastoriza
José Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Comezaron ben as Xalleiras e antes do cuarto de hora xa se adiantaban, grazas a unha boa asistencia de Luchy e a boa definición de Olalla. O Pastoriza creounos perigo en algunha contra ben solventada pola nosa meta Rosio. Cando xa empezara o diluvio e pensabamos en ir para vestiarios a resguardarnos un pouquiño, recibimos o primeiro gol no minuto 48 en desconto. Un mazazo importante que nos deixou máis frías que o propio tempo. Saímos con gañas de ir polo partido e abofé que tivemos o dominio e as mellores ocasións pero outra vez no último minuto do encontro, volcadas na área rival un despexe en largo sorprendeu a nosa retagarda e o que queriamos que foxen tres puntos quedouse en ningún. Toca recuperarse desta estocada e pensar no que nós vén…O Antas de Ulla, Lugués”.
Xallas FC : Rosio; Laura, Saskia, Otero, Carla; Luchy, Noelia, Andrea; Barcia, María e Olalla.
Tamén xogaron: Leti, Daniela, Maites, Inés e Zaira.
SCD Pastoriza : Uxía, Claudia, Alba, Cristina, Leire, Yeimi, Antía, Noa, Candela, Sabela e Claudia Veiga.
Tamén xogaron: Moreno, Karla, Judith, Zaira e Antía García.
Goles : 1-0, Olalla, (10´); 1-1, Alba, (48´), 1-2, Alba, (desconto).
Árbitra : Carlos Señarís. Amonestou as xalleiras, Laura, Andrea e Olalla.
Próximo encontro
SD Antas-Xallas FC
SCD Pastoriza-Atlético San Pedro
******
UD Santiso FC 2-2 ED As Miúdas
Luis Ferreiro “Lucho”, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
ED As Miúdas : Adriana Siaba, Atenea, Elba, Alba, Sabela, Pati, Cristina, Sofía, Marta, Gala e Paula. Suplentes: Naiara, Ximena e Ana.
Goles : 0-1, Gala, (5´); 0-2, Gala, (15´); 1-2, Marta, (50´); 2-2, Marta, (60´).
Árbitro : José Luis Miguélez. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
ED As Miúdas-Sporting Meicende
UC Cee-UD Santiso FC
******
Atlético San Pedro 4-2 UC Cee
Tras unha primeira metade na que o equipo ceense neutralizou o gol inicial da local, Alba graias a un tanto de Nerea Suárez, pasouse a unha segunda na que dous tantos de Alba en 5 minutos deixaron o encontro xa practicamente resolto e máis cando 8 minutos despois chegaba o cuarto das de Iñás. As ceenses chegaron a este encontro novamente escasas de xogadoras con dous recambios.
Buscamos colaborador/a para os comentarios e fotos do UC Cee feminino, (626 72 00 47)
Atlético San Pedro : Aida, Alba, Paula, Tamara, María, Lía, Lucía, Ainhoa, Uxía, Sara e Lara. Suplentes: Helena, Míriam, Marta, Laura e Antía.
UC Cee : Noemi, Lucía Facal, Lucía Rodríguez, Nerea, Paula, Saray, Sharay, Nayara, Uxía, Lucía Martínez, Sabela e Laura. Suplentes: Lucía Sieira, e Minerva.
Goles : 1-0, Alba, (29´); 1-1, Nerea, (31´); 2-1, Alba, (57´); 3-1, Alba, (62´); 4-1, Lía, (70´); 4-2, Saray, (88´)
Árbitro : Eduardo Eiríz. Amonestou a Nerea do UC Cee.
Próximo encontro
UC Cee-UD Santiso FC
SCD Pastoriza-Atlético San Pedro
******
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO E RESULTADOS DE TODO O XOGADO ATA AGORA : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Texto : Adestradores
-Foto arquivo : Chema Caamaño