3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
9ª Xornada
21/12/2025
Xallas FC “B“ 0-3 UD Cerqueda
Cabana SD 0-0 Ponteceso SD
UD Corcubión 1-1 Outes FC
EFCC Juan Cabrejo 9-1 SD A Baña
Sporting Zas 3-1 ED As Miúdas
SD Dubra 0-3 Soneira SD
AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…
As crónicas están abertas e segundo nos cheguen máis comentarios dos colaboradores iremos subíndoas o respectivo encontro. 2
“O noso maior desexo dunhas boas festas do Nadal para todas/os!!!”.
Comentario xeral
Peche do ano tamén na 3ª Galega Feminina G3 “A Costa” cunha xornada que deixa a loita pola cabeza máis viva que nunca. Os catro primeiros clasificados rematan o ano separados por tan só tres puntos, cun empate a puntos entre EFCC Juan Cabrejo e Soneira SD, seguidos moi de preto por Cabana SD e Outes FC.
Xornada con goleadas importantes, empates moi traballados e partidos de moita igualdade, confirmando a competitividade do grupo antes do parón de Nadal.
Crónicas
Xallas FC “B” 0-3 UD Cerqueda
Encontro xogado o 13 de Nadal e do que xa vos demos cumprida información. O Cerqueda impúxose con claridade nun partido ben controlado polas visitantes.
Goles
0-1, Saray (33´)
0-2, Valeria (67´)
0-3, Laura García, en propia porta (70´)
Cabana SD 0-0 Ponteceso SD
Aínda que non sexan do mesmo concello, considérase un derbi pola proximidade entre ambos. Partido intenso, con dominio local pero cunha porteira visitante decisiva.
José Manuel Vázquez (adestrador do Cabana SD):
“Partido de rivalidade nas Redondas que empezaba coas locais tentando levar o ritmo e presionando ao Ponteceso, que tentaba saír con contras que creaban perigo na meta cabanesa, aínda que as locais dispoñían de algunha clara ocasión cun tiro ao poste e varias chegadas.
No segundo tempo seguía a mesma tónica, con dominio local e tentativas do Ponteceso de saír rápido, aínda que sen froitos. Protagonismo neste segundo tempo para a porteira do Ponteceso, María, que fixo grandes intervencións e xunto cos postes foron a cruz para as locais, que non deixaron de intentalo pero sen premio.”
Goles : 0-0
Outes FC
UD Corcubión 1-1 Outes FC
Partido moi traballado para un Outes FC cheo de baixas, que soubo resistir e sacar un punto de mérito.
Dani Salgueiro (adestrador do Outes FC):
“Un partido que se nos presentaba complicado porque chegabamos con moitas baixas entre traballos, lesións e enfermidades. Só xuntamos 13 xogadoras, das cales 4 xogaron forzando. Plantexamos un partido defensivo, buscando aproveitar algunha contra, pero nun barullo aos dez minutos acabamos introducindo o balón para o Corcubión. Cinco minutos despois, nunha boa combinación de Marta con Laura, conseguimos o empate.
O xogo estaba no medio, moita loita e as dúas defensas moi acertadas. Cara ao final, o Corcubión, con máis cambios, chegou mellor ao treito final e apertounos, pero conseguimos arañar un punto que noutras circunstancias nos sabería a pouco. Esta semana sábenos moi ben.”
Goles
1-0, María Castro (10´)
1-1, Laura Lires (14´)
Incidencias: No 92´ foi expulsado con cartón vermello o adestrador corcubionés, Rubén Castillo.
Intre do encontro no Vicente Carril.
EFCC Juan Cabrejo 9-1 SD A Baña
Goleada contundente do Juan Cabrejo, que deixou o partido sentenciado xa na primeira metade cun festival ofensivo.
Goles
1-0, Yara (22´)
2-0, Yara (23´)
3-0, Yara (26´)
4-0, Yara (32´)
5-0, Laura Paredes (42´)
6-0, Laura Paredes (55´)
6-1, Natalia (60´)
7-1, Laura Paredes (76´)
8-1, Aitana (80´)
9-1, Yara (88´)
Sporting Zas
Sporting Zas 3-1 ED As Miúdas
O Zas pecha o ano cunha vitoria merecida, confirmando a súa boa evolución nas últimas xornadas.
Ánxo Garrido (adestrador do Sporting Zas):
“Último esforzo do ano para saldalo con outra vitoria ben merecida para o equipo. Tardamos varios partidos en asentar as bases de como queriamos xogar, pero agora, cunha idea clara, estamos máis cómodas. O partido de hoxe foi ese escenario, sendo bastante eficaces tanto en ataque como defensivamente. Rápido abriu o marcador Nerea, e Nuria poñía máis diferenza nos primeiros 30 minutos ata chegar ao descanso. Na segunda parte as visitantes subiron liñas, sendo máis ofensivas e descolocando un pouco a nosa defensa, pero Nerea volvía marcar para dar tranquilidade. No último minuto recortaron distancias, pero xa non había tempo para máis. Só queda felicitar polas festas ás xogadoras e ás rivais e descansar un pouco para seguir con este ritmo competitivo no 2026.”
Goles
1-0, Nerea (12´)
2-0, Nuria (35´), (vídeo)
3-0, Nerea (53´)
3-1, Sabela (86´)
SD Dubra 0-3 Soneira SD
Partido moi serio do Soneira nunha saída complicada, resolto cunha Kenny decisiva na segunda metade.
Adrián Oli (adestrador do Soneira SD):
“Viaxabamos ata Val do Dubra nunha tarde moi fría. Saímos ben ao campo, moi intensas, dominando o partido pero sen xerar ocasións claras de gol. Dous saques de esquina que non conseguimos rematar foron as máis claras. Co 0-0 chegamos ao descanso. Nada máis volver do tempo de lecer, Kenny aproveitou un rexeite da porteira tras un centro de Agra. Seguimos xerando ocasións e nunha boa xogada de Tamariña caeulle o balón a Kenny, que fixo o 0-2. Tiñamos o control do partido e nun gran tiro de Kenny dende fóra da área chegou o 0-3. Nos minutos finais o Dubra subiu liñas e tivo varias ocasións, incluído un largueiro nunha falta directa. Tres puntos importantes nunha saída difícil.”
Goles
0-1, Kenny (46´)
0-2, Kenny (63´)
0-3, Kenny (78´)
Podio de goleadoras
1ª Kenny (Soneira) : 15 goles / 9 encontros
2ª Laura Lires (Outes) : 12 / 8
3ª Yara Cambeiro (EFCC Juan Cabrejo) : 11 / 9
Clasificación
1º EFCC Juan Cabrejo : 21
2º Soneira SD : 21
3º Cabana SD : 20
4º Outes FC : 18
5º Sporting Zas : 16
6º UD Corcubión : 14
7º UD Cerqueda : 14
8º ED As Miúdas : 9
9º SD Dubra : 9
10º Ponteceso SD : 7
11º Xallas FC B : 4
12º SD A Baña : 0
3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
10ª Xornada
11/01/2026
Xallas FC “B“ – Ponteceso SD
Soneira SD – Cabana SD
Outes FC – SD Dubra
SD A Baña – UD Corcubión
ED As Miúdas– EFCC Juan Cabrejo
UD Cerqueda – Sporting Zas
(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)
Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
.
-Foto e vídeo Sp Zas : Prensa Sp Zas
-Foto Cabrejo : Dulce “Corcu”
-Foto Soneira : Adrián Oli
-Foto : Outes : Dani Salgueiro
-Fotomontaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”






