CRÓNICAS 9ª Xda 3ª DIVISIÓN : “VITORIAS DO FABRIL E DO BERGANTIÑOS NO DERBI E DERROTA DO PAIOSACO”.

CRÓNICAS EQUIPOS COSTEIROS

 

Bergantiños CF 2-1 SD Fisterra

Primeira metade dominada polo Bergantiños CF que precisou que o Fisterra na sua primeira chegada o área mediado esteprimeiro periodo, perdoase un 2 para un no que Eloy errou a hora de definir. A partires desta xogada os de Lemos apretaron e crearon claras ocasións de gol, ata que no 43 Agullón mandaba o fondo da meta defendida por Ramón un saque de curruncho de Lamelas. Na segunda metade o equipo carballés desperdiciou varias ocasións en especial nas botas de Duque e Lamelas , e como se acostuma a decir : “o que perdoa acaba pagándoas”, e así foi. Herbert no 85´, en xogada individual poñía as táboas no marcador e as dúbidas co gol, tendo en conta a solvencia defensiva que estaban a ter os fisterráns. O gol da vitoria chegou da única maneira de batilos…a balón parado. Unha falta botada por Lamelas, (o mellor do encontro), era peinada por Jorge Cano despistando a Ramón, para facer o 2-1, que supón a 6ª votoria consecutiva dos de Carballo e que se coloquen na segunda praza de colíderes, trala derrota do Somozas ante o Vilalbés, e cun encontro menos os carballeses, que apuntan alto.

 

Adri Castro abreu a conta para o Fabril.

 

Fabril 3-1 Agrupación Estudiantil

Trala derrota do pasado sábado ante o filail do Lugo, fíxoselle de noite ao Fabril aos 3 minutos de xogo, e iso que o encontro foi ás 12:00 horas. O Estudiantl poñíase por diante cun penalti que transformaba Antín Vilas. O gol non chegaba e íanse ao descanso ca igualada. Fooi Adri Castro aos 68 minutos de xogo o que poñía a igualada e rompía a defensa visitante. Álex Barba no 75 facía o gol da remonrada e xa co equipo crecido Álvaro Muñóz poñía no desconto o definitivo 3-1.

 

CSD Arzúa 3-0 UD Paiosaco

Comezou ben o UD Paiosaco e ata puido poñerse por diante cunha crara o acasión na que o meta local paraba un gol cantado a bocaxarro. Non pasaba apuros e tiña maniatado o rival. O gol antes do descanso de Brais Pereira en xogada de estratéxia pareceu sentarlle mal aos de “Peisaco” que na segunda metade perderon a solvencia defensiva, tamén pola necesidade de buscar a igualada, e Iker Hurtado no 72´, facía o 2-0, xa moi complicado de atallar. Jorge Tomé 5 minutos despois deixaba o encontro finiquitado.

 

RESULTADOS

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies