PREFERENTE NORTE
-8ª Xornada-
SD Sofán 1-1 SDC Galicia de Mugardos
Un gol pasada a media hora de xogo dos mugardeses fixo que o Sofán tivera que remar a contracorrente gran parte do encontro, ata que no treito final Martín Pereira empataba o choque e abría totalmente o encontro. Non chegou o segundo para acadar unha vitoria trala derrota da pasada semana na Coruña ante o Montañeros.
Goles : 0-1, Pablo Pastur, (33´); 1-1, Martín Pereira, (79´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO
-8ª Xornada-
O Baio caeu goleado tras uns minutos de mala fortuna na primeira metade.
Bertamiráns FC 6-0 CD Baio
Mal día para deixar de fumar pensarían os baieses aos que un penalti e un gol en propia porta “mataron” xa na primeira metade e fixeron que os amaenses se sacasen a espiña da derrota a pasada semana ante o veciño Negreira no derbi zonal, no que caeron polo mesmo resultado de 6-0. O encontro quedou supeditado a que o gol os 8 minutos de Julio Díaz, o acompañasen un de penalti e un en propia porta de Norber. Un cuarto gol antes do descanso xa finiquitou un choque o que lle sobrou a segunda metade.
Goles : 1-0, Julio Díaz, (8´); 2-0, David, (25´de penalti); 3-0, Norber, (39´en propia porta); 4-0, Novegil, (41´); 5-0, Fabricio, (55´); 6-0, Antón, (65´).
CF Dumbría 1-0 SD Tordoia
Se a semana pasada era Dani Martínez o que lle daba a vitoria aos dumbrises no primeiro treito de encontro na sua visita a Rianxo para enfrontarse o Unión de Asadaos, desta volta foi outro Dani oq ue lle daba o trunfo ante o Tordoia, nun choque con moito parón e con bastante xogo brusco con ate 9 cartóns que tivo que ensinar o coleaxiado Martín García, 3 para os dumbrieses e 6 para os tordoieses, Con esta vitoria os de Dumbría quedan as portas da promoción a 3 puntos de Negreira e Falvia, 3º e 4º respectivamente.
Goles : 1-0, Dani González, (18´).
SD Fisterra 0-4 CD Unión
Desquiciado quedou o Fisterra co colexiado Samuel Yuste nun choque moi trabado e no que os fisterráns perderon ata 3 xogadores por expulsión, Alejandro con dobre cartón, (48´e 72´), e a Aarón, (88´) e Mario, (88´), con sendos vermellos diretos, ademáis viron vermello direto o adestrador Diego Lobelos, (45´) e a sua auxiliar, Verónica Sar, (45´). Un total de 9 cartón por 3 para os rianxeiros, que se adiantaban a volta de vestiarios na primeira xogada do reinicio e que no treito final e no desconto acadaban a goleada.
Goles : 0-1, Ismael, (46´); 0-2, Pouso, (79´); 0-3, Pouso, (89´); 0-4, Ismael, (desconto)
SCDR Esteirana 1-1 SD Negreira
Aguantou a Esteirana contra todo a un Negreira que viña de facerlle 6 ao Bertamiráns, nun choque totalmente trabado, con moias faltas e con ata 3 expulsados nos esteiráns, os xogadores Oli e Kevin Lariño e o adestrador de porteiros Edu Teira. Por parte dos nicraienses acababa vendo vermello direto o delegado do equipo Jvier Suárez. Un total de 12 cartóns vía o equipo das Salinas por 3 os do interior, co que esto representa en tempo de xogo parado e cortado. Con todo esto os esteiráns fixeron fronte a un equipo favorito a todo e conseguían aguantar o empate da primeira metade na que se adiantaban por medio de Elías Ruso e íanse o descanso ca igualada de Juan de Selia.
Goles : 1-0, Elías Ruso, (28´); 1-1, Juan de Selia, (38´).
SD San Lorenzo 2-0 SD Cruces
Sétima vitoria dos de Berdillo en 8 encontros que seguen áis a rebufo do lider por golaveraxe, Puebla FC, que foi o único que derrotou aos da parroquia carballesa, (2-1). Si o Puebla derrotaba por 2-0 ao SR Calo, os berdilleses facían o mesmo co SD Cruces, cun tanto de penalti de Joaquín pasada a hora de xogo, e outro pouco despois, obra de Iago López.
Goles : 1-0, Joaquín, (66´): 1-1, Iago López, (73´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-Foto : Luis González Botas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”