CRÓNICAS 8ª XORNADA PREFERENTE NORTE : “DERROTA POLA MÍNIMA DO SOFÁN E DESCALABRO DO FISTERRA”.

PREFERENTE NORTE

 -8ª Xornada-

 

CF Unión 1-0 SD Sofán

Parecía unha praza boa para sumar de 3, a de Rianxo para o Sofán. O Unión que tan só sumaba un empate en todo o que vai de liga, e 6 derrotas, fíxose acreedor a vitoria, gracias a un tanto de Isma Cerqueira, aos 17 minutos de xogo, na única ocasión que tiveron. Pola contra o equipo sofanista, dispuxo de 3 ocasións moi claras por medio de, Jacobo, Alexandre e Bandera, pero non chegaría o ansiado gol. Primeira vez que os rianxeiros conseguen deixar a sua porta a cero. O Sofán segue a faltarlle gol, suma tan só 4 goles a favor en 8 encontros.

 

CF Noia 7-0 SD Fisterra

Descalabro total do Fisterra que foi un xoguete roto een mans do Noia, que xa se foi o descanso ca ventaxe de 4-0, con goles de Juan Ángel, que facía un “Hat-Trick”, e un de Marcos Piñeiro. Na segunda completaban a goleada, Marcos Piñeiro, Pablo Vila e Isaac.

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Dubra 0-0 CD Boiro

Sigüeiro FC 1-1 CD As Pontes

Betanzos CF 2-0 Club Lemos

SD Sarriana 2-0 San Tirso SD

SD O Pino 0-3 Atl. Coruña Montañeros CF

Victoria CF 0-1 Ribadeo FC

SD Residencia 4-0 CF Portomarín.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies