CRÓNICAS 8ª Xornada PREFERENTE GALICIA GRUPO NORTE 1A : “O FISTERRA FREA O LIDER ATLÉTICO ARTEIXO, PAIOSACO E XALLAS EMPATAN E O LARACHA SUMA A SUA 7ª DERROTA”.

PREFERENTE GALICIA GRUPO NORTE 1A

8ª Xornada

Domingo 21 de Novembro

UD Paiosaco 1-1 Xallas FC

Hora : 17:00

Campo : “A Porta Santa”

Colexiado : José M Cives Enjo Amosoulle 1 cartón os locais e 6 os visitantes, expulsado a Aitor por dobre cartón no desconto final.

O equipo xalleiro adiantouse aos 22 minutos xogados por medio de Xan, resultado co que se ía o descanso. O gol do empate do Peisaco chegou pasada a hora dse xogo, por medio de Iván Torres, (65´).

 

Aarón López fixo o gol do Fisterra.

 

Atlético Arteixo 1-1 SD Fisterra

Hora : 12:00

Campo : “Ponte dos Brozos”

Colexiado : Diego Gándara Bello. Amosoulle un par de cartóns amarelos a cada equipo.

Freou o lider intratable o SD Fisterra que consigueu empatar un choque que xa tiñan na man os arteixán que se adiantaban no derradeiro treito do encontro, cun tanto de Iago, (73´), pero reaccionaron pronto os fisterráns que igualaban a contenda por medio de Aarón López pouco despois, (81´).

 

Sigüeiro FC 2-1 Laracha CF

Hora : 16:30

Campo : “Lino Balado”, (Sigüeiro)

Colexiado : Alejandro Miño Pico, Amosoulle un cartón amarelo aos locais e 3 os visitantes.

Comezou mal o encontro para os laracheses que vían como se adiantaban os locais gracias a un gol en propia porta de Raúl Añón aos 4 minutos de xogo. Un tanto que sería o único na primeira metade. Moito tivo que remar o Laracha ata que no 69 igualaba a contenda Brais, pero pouco duraría a ledicia por Diego Fuentes poñía de novo por diante aos locais 8 minutos despois.

 

Resto de encontros :

SD Dubra 1-1 CD Boiro

Boimorto CF 3-0 Agrupación Estudiantil

Puebla CF 1-2 SD O Pino

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto : FaceBook do SD Fisterra

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies