CRÓNICAS 8ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O SAN LORENZO SEGUE FORTE O FRONTE DA TÁBOA PERSEGUIDO POLO CORME CF”.

 

 

Crónicas 8ª Xornada

UD Monte Louro 4-1 UD Cerqueda

Encontrpo condicionado en gran medida pola expulsión de Gustavo polos cerquedenses, cando se levaba pouco da segunda metade e co resultado de 1-0, gol acadado o fío do descanso por Óscar Farinós, (44´). Trala expulsión chegaba o segundo, por medio de Xián, (57´), e ainda que se poñían no encontro os malpicáns, cun penalti materializado por Crístian, o encontro era controlado polos loureses, que sen tempo a reacción dos visitantes, facían o terceiro, nas botas de Antonio, (66´). Álvaro Farinós pechaba o encontro no 88.             

 

SD San Lorenzo 3-0 Ponteceso SD

Choque controlado polos de Verdillo, que seguen fortes na competición e amosan o porqué de ser líderes en solitario. Iván Rojo, nun excelente intre de forma, facía o 1-0 no minuto 12, resultado co que se ía a vestiarios. Sen tempo a reacción dos ponetecesáns, chegaba o segundo na primeira incyrsión da segunda metade, por medio de Dani Cotelo, (46´). Antes da hora de xogo, Diego Varela, deixaba o choque resolto.

 

Corme CF 3-0 UD Corcubión

A efectividade dos cormeláns inclinou a balanza, nun choque no que os corcubioneses non foron os das xornadas anteriores. Israel aos 22 minutos de xogo facía o primeiro da tarde, (28´),  Miguel, a saida dun saque de curruncho facía o segundo. A partires de aí, fútbol control dos do Roncudo, amasando as xogadas, ata chegar ao descanso. Xa na segunda metade Hugo finiquitaba o encontro, pasada a hora de xogo, (69´).

 

SD Oza 2-2 SD Coristanco

Encontro que puido caer de calquera lado, no que os ocenses foron mellores ata conseguir o 2-0, goles de David López, (27´), e Nacho Pose, (32´). A partires de aí, despertou o Coristanco e conseguía acurtar vemtaxe por medio de Kevin, (43´). Xa na segunda metade, seguiron mandando os da Terra da Pataca, e sería Hugo Fraga o que acadaba o empate, (67´). Dani Mato deixaba os locais cun menos no 68, cando vía o segundo amarelo, o que fixo que os coristanqueses buscasen con maior ainco a porta defendida por Brais Vázquez. Moitas faltas e cortes no xogo, e así morrería, un choque que puido gañar calquera.

 

Muxía CF 2-1 Cabana SD

“In extremis” levouse a vitoria o equipo da Vila da Barca, n un choque que conseguiron remontar no tempo de desconto final. Foron os cabaneses os que se adiantaban no marcador por medio do seaiés, Diego Castro, aos 11 minutos de xogo, e non era ata o fío do descanso, cando Manu Nogueira, tras unha gran xogada persoal, facía o gol do empate. Na segunda metade eran os muxiáns os que levaban o peso do encontro, pero o Cabana a contra facía moito dado, e ata estrelaba dous balóns na madeira. Tamén mandaba dous balóns a madeira o equipo muxián, por medio de Fran Moreira e Gusa, e éranlle anulados dous goles por fora de xogo, pero non sería ata o desconto final, que chegaba de novo Manu Nogueira, (o que lle anularon os dous goles), para deixar os 3 puntos para os da Arliña.

 

CD Muros 0-5 SD Castriz

Gustouse o Castriz en Muros, e completou unha “manciña”, ante un equipo, o muradán, que non foi o que acostuma. Martín aos 10 minutos de xogo facía o primeiro da tarde, e un cuarto de hora despois, unha pena máxima, era transformada por Sebas Rial, (25´). Saeu máis forte o equipo muradán na segunda metade, tratando de marcar un gol que os puxese no encontro, pero un novo gol de Sebas, antes da hora de xogo, (57´), poñía todo moi costa arriba, e ante un equipo moi ben traballado coma o Castriz, claro aspirante a todo. Braulio pouco despois facía o cuarto, (63´), e Álvaro completaba a goleada no 76´. Pouco despois os muradáns perdían a Javier García por dobre amonestación, (64´e 82´). 

 

Camariñas FC 0-0 Outes FC

M oi ben o Camariñas na primeira metade, na que puido irse a vestiarios co encontro resolto, pero diante estaba o equipo menos goleado da liga, cun só tanto en contra no que vai de liga, o que recibía a pasada semana do San Lorenzo, que lle costaba ademáis da primeira derrota, perder o liderato en pos dos de Verdillo. A segunda metade foi máis igualda. Un punto que lle sabe mellor os da Serra ca os camariñáns. 

 

UC Cee 5-0 Volantes de Baño FC

Encontro xogado o sábado, e do que xa vos demos contada información, no que equipo ceense goleou ao Volantes, tras desenrolar unha primeira metade extraordinaria, na que xa deixou o encontro solventado. Os rapaces de Rafa Suárez, adiantábanse por medio de Isaac Fábrecas, un dos grandes “killer” da competición, aos 2 minutos de xogo, e pouco despois, outro fisterrán, Bruno Romero, gacía o segundo, (10´), non reaccionaba o equipo de Baño, e atopábase aos poucos co terceiro en contra, obra de Rubén Caamaño, (16´), e xusto antes de irse o descanso, Bruno vía porta de novo, para finiquitar o choque, (45´). O gol que completaba a manciña, chegaba pasada a hora de xogo, por medio de Gabriel, (68´).

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ.

-Tódolos resultados e Clasificacións do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia