2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-8ª Xornada-
Grupo 2
Terceira vitoria do curso para o Ponteceso.
Ponteceso SD 0-2 UD Carral
Un penalti aos 20 minutos de xogo rompeu un encontro no que as pontecesanas levaban controlado. Ariana poñía por diante as carralesas. Na segunda metade a consigna das da Vila de Pondal era ir a polo empate, pero un gol nada máis reanudarse o xogo, obra de Nerea, (47´), xa facía que a consigna fose facer un gol para meterse no encontro, pero ese gol non chegou. Suma o Ponteceso 9 puntos, e colócase na 11ª posición, cos mesmos puntos co veciño Corme, que as precede. Ambos conxuntos en posto de permanenza.
Corme CF 4-2 Sporting Cambre B
Vitoria de entrega e tesón das cormelanas, que se quedaban con unha menos no 59 por expulsión con vermello direto da sua meta, Belén Torrado. Naroa adiantaba as do Cairo, nada máis comezar o encontro, (1´), e non sería ata o 35 cando Carla empataba para as cambresas. Xa a volta de vestiarios, Naroa repetía para as de Corme, para poñer o 2-1. pouco despois chegaba a expulsión. Aguantar e sacar contras, era o que tocaba, pero o encontro revolucionábase no treito final, pois no 86, Elsa empataba para as de Carral, e un minuto despois, Cris Veres, poñía o 3-2.exa no descotno, Naroa facía o seu terceiro da tarde, e o cuarto para as suas. Segue no penúltimo chanzo o equipo cerquedense, sendo co Curtis, os únicos que ainda non suman un só punto.
Sporting Burgo 9-0 UD Cerqueda
Ainda que xa deirxaron o encontro pechado as do Burgo, na primeira metade, cun claro 4-0, con goles Laura Boedo, (2), Adriana e Tania, non levantaron o pedal na segunda e acadarín 5 máis, ante un Cerqueda, que non se atopou en todo o encontro. Laura Boedo, (2), Adriana, Tania e Ainhoa, foron as artífices dos goles do segundo tempo.
Grupo 4
Xallas FC 4-0 SD O Pino
Choque solucionado para as xalleiras nunha magnífica primeira metade, na que se foron a vestiarios gañando por 3-0, con goles de, Claudia, (31´), Inés, (33´) e María Rial, (40´). Na segunda metade Yasmina, (70´), completaba a goleada, para deixar as xalleiras na 3ª praza con 19 puntos, a 3 das líderes, SR Calo, e a 2 das segundas, Praiña Sporting Club.
ED As Miúdas 2-2 UC Cee
Dergi na coa promoción en xogo e que con este empate segue a ser das ceenses, cos 3 puntos máis cas Miúdas. Adiantouse o equipo ceense, gracias a un gol en propia porte de Sofía, nada máis comezar a segunda metade, tras unha primeira de moita loita, pero sen goles. Pasada a hora de xogo, Gala, (63´), empataba a contenda, e pouco despois Ruth, poñía de novo as ceenses por diante. Marcela no 79 poñía o definitivo 2-2, resultado que non deixou satisfeito a ningún dos dous equipos. O As Miúdas, segue en posto de posible promoción con 15 puntos e as ceenses caen o 4º chanzo con 17, os mesmos ca o Cacheiras, (5º), e a 2 do Xallas, (3º), 4 do Praiña, (2º), e 5 do lider, Calo.
CD Rois 0-7 CF Dumbría
Vitoria inextimable das rapazas de Fran Figueroa, nunha excelente segunda metade. A pesares de que pronto se puxeron 0-2, con goles de Ainoa, (7´) e María Pérez, (9´), o Rois repúxose e aguantou ata irse a vestiarios. Xa na segunda metade o equipo dumbriés, foi un vendaval. Eva Lema, nada máis recomenzar o choque, (46´), e Ainhoa, con dous goles seguidos, (50´e 56´), xa deixaron todo máis ca resolto. Ainhoa acadaría pasada a hora de xogo, o seu “poker” do día, (67´), e María Pérez pechaba a goleada, (75´), para rematar durmindo o encontro sen facer máis mella. Con este trunfo as dumbriesas suman 15 puntos os mesmos co As Miúdas, (6º), en posto de posible promoción, e a 2 do Cacheiras, (5º), e UC Cee, (4º), ambos en promoción.
CF Mazaricos 1-0 CF Vista Alegre
Sufrido segundo trunfo da tempada para as rapazas de Manuel Sueiro, ante un dos rivais da cola. Un gol de Ánxela aos 57 minutos de xogo, rompeu un choque no que o curto do resultado fixo que tivese emoción ata o pitido final. Con estes 3 puntos, as mazariquenses suman 7 e suben ao 9º chanzo da clasificación.
-Foto : Marcos Curro
-Texto e montaxe : piratasdemuxia