CRÓNICAS 8ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “VITORIA DO DUMBRÍA, EMPATE NO DERBI SONEIRA-BAIO, EMPATE DA ESTEIRANA, E DERROTA DO XALLAS E MAZARICOS”.

 

SD Cruces 2-3 CF Dumbría

Vitoria con remontada do Dumbría, nun choque que tivo moito axetreo na primeira metade, na que se adiantaban os de Vila de Cruces aos 11 minutos de xogo, cun tanto de Manu García, gol que neutralizaba Xabier para os dumbrieses 5 minutos despois, e sen tempo a reacción, Diego Estévez facía o segundo dos de Dumbría. Pasada a media hora de xogo, Xairo, empataba para os crucenses, (39´), e o gol da vitoria chegaría na segunda metade, tras un penalti transformado por Diego Estévez, pasada a hora de xogo, (69´).

 

Flavia SD 5-0 CF Mazaricos

Saíroinlle picantes os pementos aos mazariquenses en Padrón. No ecuador da primeira metade de penalti facía o primeiro David Suárez para os padroneses, (23´), e 3 minutos despois xa gañaban por 2-0, con gol de Marcos Paz, resultado co que se chegaría o descanso. Non houbo reaccion do equipo da costa, e na primeira de cambio, trala reanudación, Martín facía o terceiro para os locais, (47´). Co encontro controlado por parte local, Uxío facía un dobrete, para completar a “manciña”, (71´e 87´). 

 

Soneira SD 2-2 CD Baio

Un tempo para cada equipo no Municipal de Vimianzo, no que primeiro foi o Soneira o que mandou, e que se puxo 2-0 con goles de Javio “O Rubio”, (28´e 37´), e despois as tornas viraron no segundo periodo. Primeiro era Porti o que poñía de cheo aos baieses na loita polos puntos, (52´), e empataría Pablo Domínguez a contenda, (82´).

 

CF Silleda 0-0 SCDR Esteirana

Era un campo propicio o Outeiriño para a Esteirana, pois o Silleda era o equipo máis goleado da categoría, con 22 goles en contra, e o segundo que menos marca, con tan só 4 a favor, pero desta volta foron quen de frear o equipo esteirán, e de sumar o seu primeiro punto, pasándolle o derradeiro posto o Vista Alegre. Un punto que sabe a pouco para o equipo costeiro, ante un rival direto na loita pola permenenza.

 

Xallas FC 0-1 CD Lalín

Plantoulle cara o lider intratable o Xallas, pero un solitario gol de Eloy Ferreira, aos 56 minutos de xogo, dábanlle os 3 puntos aos lalineses, que suman a sua sétima vitoria, e continúan sen saber o que é perder, ao igual co Cidade de Ribeira, únicos equipos invictos.

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Tordoia 0-0 CF Vista Alegre

Cordeiro CF 2-2 Cidade de Ribeira CF

Puebla CF 3-1 SR Calo 

SD Agolada 1-4 SD Negreira

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia