CRÓNICAS 8ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O MAZARICOS DESBANCA O PORTEÑO NO LIDERATO E APRETA MÁIS A CABEZA DA TÁBOA”.

O Mazaricos derrotou ao Porteño nun encontro moi vibrante.

 

-Crónicas 8ª Xornada-

Tódalas olladas estaban posta no partidazo da xornada, o Porteño-Mazaricos, no que estaba o liderato en xogo. Golpe enriba da mesa dos mazariquenses que endósanlle a primeira derrora o equipo revelación e baixano do liderato para coller eles o testigo, co Castriz empatado a 20 puntos no segundo chanzo,e ambos invictos, pasando a terceira praza o Porteño. Paso atrás do Muxía que se veu sorprndido no seu feudo polo Ponteceso e que manda os muxiáns o 5º posto superados polo Corme cos mesmos 13 puntos e ambos a 7 do lider. A anédota da xornada trouxoa o Camelle, que a pesares de ter ata 3 porteiros tivo que xogar en outes cun xogador de campo, o non poder contar con ningún. David sancionado, Roi con asuntos laborais e Carlos de Dido, que xa ten xogado de porteiro, lesionado. O final foi Adrián, que xa ten feito algunha vez de meta, o que ocupou a porta camellana.

 

 

CF Porteño 1-2 CF Mazaricos

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Primeira metade eles mellor, nós con moito respeto, sen ser nós mesmos, xogando como se tivésemos medo, ca perna encollida, polo que se xogaba o que quería o Mazaricos, equipo moi forte e serio. Unha das cousas que nós faltou a nós, ser máis fortes nos balóns aéreos. Marcaron tras un rexeite que lles cae xusto para marcar, e era merecido que se puxeran por diante. Na segunda metade xa foi distinto e xa lle xogamos de ti a ti, e comezamos a combinar e ter máis o balón, con eles xa máis pechados o ir por diante. De falta chegou o 0-2, e pouco despois fixemos nós `por medio de Alan tras boa xogada de Joseba. A partir do gol tivemos varias para empatar, que penso que tería sido o máis xusto. Felicitar os rapaces que fixeron un gran encontro e que mereceron máis premio”.

Marcos Domínguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido moi competido, non fixemos o fútbol que facemos habitualmente, polas dimesións e o estado do campo. Saimos moi ben con 15 minutos moi bos, con duas ocasións moi boas, cun remate de Rachón de cabeza e un tiro de Pereiro no que o seu porteiro fai unha boa parada e pouco despois chegou o gol. Tamén eles por medio de Alan tiveron duas boas ocasións nas que parou ben o noso porteiro. A ocasión máis crara chegou antes de irse o descanso. Tiramos o poste o rexeite quédalle a dous xogadores nosos, Rodrigo e Molinos e un polo outro e tiran e da nun defensa. Na segunda metade eles por empuxe fóronnos metendo atrás, con balóns parados diretos, e moito balón aéreo, e estivo ben o noso porteiro, ainda que sacamos duas baixo paus, e nos tivemos só a de Chumico que marca de falta. O gol deles ven dun balón mal sacado por parte nosa. Empuxaron máis na busca de ó menos o empate. O peor partido noso en canto a fútbol, pero houbo que adaptarse as condicións do campo e do partido. Felicitar os meus xogadores polo gran traballo que fixeron e quye se pode gañar tamén xogando desta maneira. Lesionousenos a nos Rachón, a media hora de xogo, cun problema muscular e a eles Mayor. Desexarlle a ambos que se recuperen pronto”.

Goles : 0-1, Esteban Pereiro, (23´); 0-2, Raúl, (81´); 1-2, Alan, (83´).

 

Corme CF 3-2 UD Monte Louro

Outro dos encontros destacados desta xornada e na que a derrota non entraba nos plans de ningún dos equipos para non descolgarse de arriba. O Louro que comezou a liga moi forte e que a pesares de sumar nas derradeiras 6 xornadas 2 empates e 3 derrotas, tódolos seus resultados foron moi axustados, como lles pasou no Cairo, no que comezaban perdendo ciun  tanto do cormelán, Sergio, e conseguían neutralizar o encontro antes de irse o descanso, cun tanto de Sanmartín. Sergio e Lucas na segunda metade abrían fenda no marcador, pero no treito final, cos cormeláns gardando a roupa, Luis Miguel dáballe emoción o choque ata o pitido final.

Goles : 1-0, Sergio, (34´); 1-1, Sanmartín, (45´); 2-1, Sergio, (52´); 3-1, Lucas, (65´); 3-2, Luis Miguel, (88´).

 

CD Muros 3-0 CD Baiñas

Trunfo balsámico para os muradáns trala derrota dolorosa da pasada semana en Camariñas, (7-3), e ante un Baiñas que non levanta cabeza e habendo sumado tan só 1 punto dos derradeiros 15 en xogo dende a derradeira vitoria na 3ª xornada ante o Corme, (2-1). Xavier marcaba o único gol da primeira metade e pasada a hora de xogo Alonso facía o 2-0. Jvi no desconto mataba definitivamente o encontro.

Goles : 1-0, Xavier, (21´); 2-0, Alonso, (62´); 3-0, Javi García, (90´).

 

Outes FC 2-0 SD Camelle

Podía haber sido peor decíanos un xogador dos camelláns. Chegaron ante un Outes que traía 3 vitorias seguidas as costas e con moi poucos efectivos. Tan pouco que o dianteiro Adrián Pasantes tivo que poñerse baixo paus, por non poder contar con ningún dos porteiros, os dous titulares, un por sanción e outro por asuntos laborais, e con Dido lesionado, que xa ten xogado de porteiro, para máis inri, os camelláns quedaban cun menos por expulsión no 82 de Rodri, que vía o segundo amarelo na sua conta. Ryam a media hora de xogo poñía por diante aos da Serra e pasada a hora de xogo era él mesmo o que marcaba o da sentenza.

Goles : 1-0, Ryam K, (30´); 2-0, Ryam K, (66´).

 

Cabana SD 3-3 UC Cee

Cortou nas Redondas o equipo ceense unha mala xeira de 5 derrotas consecutivas, nun choque no que houbo alternancia e que puido caer de calquer lado, pois se se adiantaban as primeiras de cambio os cabaneses cun tanto de Miguel, remontaban os ceenses con dous tantos de Bruno. Pablo poñía as táboas no marcador xusto antes de irse o descanso. Non foi ata o derradeiro cuarto cando Nando poñía de novo os cabaneses por diante e Jose Lago no treito final poñía de novo as gafas no marcador, para sumar 1 punto, insuficiente cada un, pero que curta rachas.Os cabaneses suman así 4 xornadas sen perder con duas vitorias e dous empates.

Goles : 1-0, Miguel, (6´); 1-1, Bruno, (12´); 1-2, Bruno, (34´); 2-2, Pablo, (45´); 3-2, Nando, (77´); 3-3, Jose Lago, (88´).

 

SD Coristanco 7-2 Volantes de Baño FC

Continua a penitenza do volantes que xa suma 40 goles en contra e que de novo temos que dicir que o encontro non tivo moita historia. O resultado ao descanso xa era de 3-0, e o primeiro goo dos de Baño chegaba cando xa ían perdendo por 5-0 e o segundo cando o 6-2 campeaba no marcador.

Goles : Polo Coristanco : Dani Loureiro, Raúl, (2), Belarmino, David, (2) e Kevin. Polo Volantes : Borja, (2).

 

SD Castríz 2-1 Camariñas FC

Corta unha xeira de dous empates seguidos o equipo xalleiro ante un gran Camariñas que lle puxo as cousas moi complicadas e un penalti no derradeiro suspiro do encontro deulle os 3 puntos aos de Miguel Chouza, que tiveron que remontar o gol inicial de Djibril, que batía a Álvaro dende os 11 metros. Juan empataba en torno a hora de xogo e Sebas Rial no 82 transformaba o penalti que lledas daba os puntos e o coliderato co Mazaricos.

Goles : 0-1, Djibril, (54´de penalti); 1-1, Juan, (58´); 2-1, Sebas Rial, (82´ de penalti).

CF Muxía 1-3 Ponteceso SD

Nando Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) :O 1 a 3 foi un resultado xusto. Desde o principio do partido o Ponteceso saíu moi mentalizado ao partido, coas ideas claras, impedindo que lles puidésemos atacar en zonas perigosas, moi ben colocados, ordenados e con moito traballo. Cando podían atacar buscaban moi ben aos seus xogadores adiantados que estiveron moi acertados. Pola nosa banda, foi un partido no que nunca estivemos cómodos, moi imprecisos co balón e faltounos ese punto de concentración que esixía o partido. Hai que facer autocrítica e aprender dos erros para que este partido sírvanos para crecer como equipo. Quédanos felicitar a Julio Vila e aos seus xogadores que fixeron un gran traballo e mereceron a vitoria”.

Goles : 0-1, Hadrián, (2´); 1-1, Víctor Alcaina, (34´); 1-2, Hadrián, (57´); 1-3, Eloy, (82´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”