CRÓNICAS 8ª XDA DA 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “MUXÍA E CORME EMPATAN NO ENCONTRO DA XORNADA E FAN QUE SE APRETE A CABEZA DA TÁBOA”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista.

O partido estelar xogábase no Campo da Arliña onde o Corme visitaba o lider intratable, Muxía, e podía poñerse a puntos cas muxianas. O final o encontro non pasou do empate e todo segue igual cas da Terra de Nemancos primeiras e as cormalanas segundas a 2 puntos. Os maiores beneficiados son o Dumbría e o Ponteceso que gañaban os seus encontros e póñese a 4 puntos das cormelanas e a 6 das muxianas, pero ca salvedade de que as dumbriesas teñen 2 encontros menos cas duas primeiras e as pontecesanas 1, polo que as distanzas de gañar eses encontros serían mínimas ou nulas. Nesta xornada e por mor do temporal de travesía, (W), do sábado que obrigou a suspender os encontros do sábado, non se xogou o Mazaricos-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”, que era o único encontro proxectado para a xornada dominical.

 

-CRÓNICAS 8ª XORNADA-

 

 

SD Fisterra 2-4 Ponteceso SD

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “A espera do comentario”.

Marcos Antelo “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Para esta xornada houbo que desprazarse ata Fisterra a ver si o tempo deixaba disputar o encontro con facilidade. A penas houbo auga pero o vento foi un rival máis para as xogadoras. O Puenteceso comezou co aire a favor, sendo conscientes de que debían facer o partido seu na primeira parte xa que na segunda tocaba remar en contra.

Insistencia por parte das xogadoras de Curro durante a primeira parte que lles permitiu adiantarse no partido con catro goles.
Foi no minuto tres, cando Claudia, tras varias xornadas intentando buscar con ansias o gol por fin lle saíron as cousas, tras desfacerse das xogadoras locais lanzou a portería para levantar euforia da bancada e da afición pontecesá.

Despois a killer do Puenteceso, Andrea, marcaría un hat trick, un tanto con asistencia da mesma Claudia, para sumar máis distancia no marcador e permitir ao seu club sumar outros tres puntos. Andrea está actualmente entre as cinco máis goleadoras da liga, con 9 goles en 7 partidos.

Na segunda parte, tocou loitar contra o vento que non axudaba moito a hora de avanzar, a pesar diso Andrea puido aumentar a distancia nun man a man coa porteira. O Fisterra, que durante o partido non estaba creando demasiado perigo, aproveitou dúas faltas para meterse no partido e marcar dous tantos en dous minutos.

A xornada deixa tres puntos importantes que posibilitan seguir na parte alta da clasificación, moi relevantes de cara aos próximos encontros. Na próxima xornada derbi contra o Cabana no Pinguel”.

 

 

SD Fisterra : Lucía Fernández, Paula, Ana, Lidia, Andrea, Jenifer, María Elena, Jimena, Aroa, Lucía Marcote e Irene. Suplentes: Tamara, Zeltia, Rosa María, Xaira e Tatiana.

Ponteceso SD : María, Berdeal (Cande 75′) , Ainhoa, Myre (Noemí 45′), Noe (Laura R 55′), Andrea (Lucivili 75′), Muiño, Eva, Silvia, Oanes, Claudia (Mel 58′).

 

Goles : 0-1, Claudia, (3´); 0-2, Andrea, (30´); 0-3, Andrea, (38´); 0-4, Andrea, (44´); 1-4, Andrea Romero, (81´); 2-4, Andrea Romero, (83´).

Árbitro : Diego Grille. Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

Ponteceso SD-Cabana SD

AD Nicrariense-SD Fisterra

 

******

 

O  Cerqueda contou con 12 xogadoras para este encontro.

 

UD Cerqueda 0-2 Bergantiños FC

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que empezamos ben pero o Bergan B foise facendo co control do partido co paso dos minutos aínda que sen crear ocasións claras. Unha gran xogada individual no medio do campo acabaría en gol.
Xusto antes do descanso puidemos empatar de penalti. Na segunda parte, a pesar de tar con 10, e cambialo sistema non houbo grandes ocasións para ningún dos dous equipos ata que noutra xogada individual pola banda dereita poñen o 0-2”.

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “A espera do seu comentario“.

UD Cerqueda : paula, Jimena, Lucía, Tatiana, Tania, Irene, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía, e Inés. Suplente: Sonia.

Bergantiños FC : Ariadna, Aisha, Carla, Arancha, Sarai, Valeria, Aroa, Clara, Antía, Ainhoa e Amelia. Tamén xogaron : Jimena, Sara Martínez, María e Sara Barbeito.

Goles : 0-1, Antía, (13´), 0-2, Antía, (78´).

Árbitro : Daniel Chouciño. Expulsou con vermello direto a meta carballesa Ariadna no 43.

 

Próximo encontro

Bergantiños FC B-CF Noia B

CF Dumbría-UD Cerqueda

 

*****

 

Outes, (der), e Dumbría no “Conchido”.

 

Outes FC 1-3 CF Dumbría

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Empezamos o partido ben plantadas no medio campo, co dumbria atacando, pero salvo algunha internada por banda eramos capaces de defender correctamente. Nun rechace meteron un bo gol as rapazas de dumbria, e por suposto encerraronos un pouco mais atras. E con esa presión chegaron 1 penalti e outro gol antes do descanso.

Na segunda parte saimos a demostrar que estamos nesta liga para competir, e así o fixemos. A nosa grada animaba e apretaba, e nos empezamos a empurrar cara arriba, defendiamos ben e saiamos cara as rivais con ganas, asi nunha xogada por banda chegou o 1-3. Tivemos un par de ocasions mais para recortar o resultado pero non acertamos de cara a gol. Eso quitounos unha presión enorme, e faltounos partido para xogar.

Quería agradecer sobre todo a nosa grada que nos anima con todo e axudanos a mellorar semana a semana“.

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Partido pouco vistoso por diversos factores, que se resolveu na primeira parte onde as visitantes fixeron os 3 goles e puderon ser máis de non ser pola boa actuación da meta local.

Na reanudación baixou máis o ritmo, ademáis de empeorar a visibilidade e so se moveu o marcador nunha indecisión da zaga dumbriesa ca porteira permitindo ás outienses celebrar o seu ansiado gol diante da numerosa afición local. Alba puido facer o seu gol no día do debut pero atopouse coa madeira quedando finalmente o resultado de 1-3. Novamente a nota triste para as visitantes foi a lesión de Adriana cun forte golpe nun xeonllo que esperemos que non vaia a máis”.

Outes FC : Soledad, Alicia, Uxía, María Molinos, Míriam, Carla, Carmen, Nerea, María Engracia, Valeria e Natalia. Suplentes: Lara, Claudia, Xeila, Erika e Natalia.

CF Dumbría :Lía, Icía, Carril, Yaiza, Martina, Adriana, Reyes, María das Carisas, Sabela, Claudia e Juliette.
Entraron: Lissette, Lucía, Yoli, Sara e Alba.

Goles : 0-1, Claudia, (7´); 0-2, Paula, (16´de penalti), 0-3, Juliette, (42´); 1-3, Carla, (68´).

Árbitro : Eusebio Rodríguez. Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

Outes FC : Descansa

CF Dumbría-UD Cerqueda

 

*****

 

CF Mazaricos Suspendido EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 

Encontro que entraba dentro dos que se ían xogar sábado e que foron suspendidos por mor do forte temporal de rtravasía, (W), nomeado “Domingos” que trouxo ventos de máis de 140 Kms/h

 

Próximo encontro

CF Mazaricos-SD Dubra

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” – Corme CF

 

******

 

O Corme frenou as líderes na Arliña. 

 

CF Muxía 1-1 Corme CF

Jose “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido moi complicado ante un corme que xa competío o ano pasado, teñen un bo bloque, compiten moi ben e eso o final notase na clasificación, e si están aí é por algo. No partido por ocasións, ritmo e xogo creo que nós fomos algo superiores. Nada máis empezar quixemos facernos donos da pelota, e a sua porteira sacou varias ocasións nosas, en especial nos primeiros 20 minutos. Elas tamén saían moi ben co balón, donde empezaron a facer algunha combinación e chegaban a área, pero sin ter ocasións claras. No minuto 40 elas marcaban o 0-1 nun erro defensivo noso, e practicamente 1 minuto despois empatábamos por medio de Pauliña, e así fomos o descanso. Na 2ªparte máis do mesmo, nos seguíamanos tendo ocasións, pero tampouco éramos capaces de definir con claridade. Elas adicáronse a faser contrataaques pero sin moito perigo. Xa nos derradeiros minutos tivemos duas ocasións bastantes claras que non fomos quen de marcar, e co empate remataba o partido. A pensar no Corcubión do próximo domingo, outro rival duro”.

Rubén Souto, (Adestrador do Corme FC) : “Partido durísimo contra o líder, un rival que sin duda ningunha e un candidato a loitar polo título, enorme éste Muxia de nova creación. Creo que foi o partido con máis condicionantes que me tocou preparar hasta ahora.
Dimensións do campo, a diferencia entre o Cairo e o campo do Muxía e evidente, e ahora de plantar o equipo e coller referencias sempre nos penaliza. Baixas, na última semana tivemos duas baixas moi importantes que nos fixeron cambiar o plan de partido inicial a outro moito máis conservador.

Patri Romaní, QUE XOGADORA!!…O final en un campo tan grande e sin persoas tan importantes para nós a nivel defensivo obligounos moito mais a individualizar a atención sobre ela, e ainda que na primeira parte si que creo que fomos capaces de minimizala, na segunda conseguiu xerar moito perigo igualmente. E precisamente por eso, o plan de partido si que saiu tal cual faláramos na primeira parte, moi sólidos a nivel defensivo e buscando roubar e xogar direto con lanzamentos lonxanos ou buscando a velocidade de Mónica. Tivemos un par delas, ademáis do gol de Nati, pero na segunda parte con esa participación máis activa de Patri sufrimos moito máis.

Os derradeiros 20 minutos de partido foi un asedio constante que fomos capaces de aguantar apoiados nunha Belén que crece dunha forma espectacular, (Gracias Suso!!), e nun traballo moi sufrido, (e aburrido), de María con Patri. Desde logo non foi o Corme habitual e que buscamos ser pero e o que te obliga este Muxia tan duro, con tanta movilidade e poder ofensivo. Noraboa polo partidazo a ambos equipos e con ganiñas de repetir no Cairo!!
Aprobeito para darlle moitos ánimo a Aroa que está a pasar por un tormento coas lesions de xeonllo, e tocoulle unha mais de novo”.

CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Patri Romaní, Paula Vilela, Marta, Elsa, Raquel, Barca Toba, Paula Rey, Nerea Barrientos e Marcela. Suplentes: Claudia, Irene, Denise, Nuria e Andrea Insua.

Corme CF : Belén, Ana, (Carla Vázquez), Aroa, (Candela), Lucía, Aurora, Nerea, (Olalla), María, Carla, Nati.
e Mónica.

Goles : 0-1, Nati, (39´); 1-1, Paula Rey, (41´).

Árbitro : Óscar Santos. Amonestou a cormelana, Carla.

 

Próximo encontro

UD Corcubión-CF Muxía

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” – Corme CF

 

******

 

Cabana SD 0-1 UD Corcubión

 Jose Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Sairon dormidas as locais que logo de varios fallos nos rexeites viron como se adiantaba o Corcubión. Non despertaban as cabanesas que eran inferiores no poderío físico. Pese a todo o Corcubion non aproveitou esa superioridade e así chegouse o descanso. O segundo tempo foi de máis dominio local que subiron a intensidade e conseguían aproximarse a porta do Corcubión en varias ocasións, ben solventadas pola porteira corcubionesa. Puideron facer ó 0-2 as branquiazuis pero topáronse cunha gran Míriam. Ata o final seguiuno intentando o Cabana pero faltou remate”.

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido moi serio pola nosa parte. Empezamos ben plantadas chegando ao único gol do partido por parte de María, a pase de Noa. Poucos minutos despois Noa volvía ter unha ocasión clara que envia ao poste. Co paso dos minutos o Cabana encontrase mellor pero sabemos sufrir e aguantar os seus ataques, sobre todo a balón parado. Na segunda tamén temos unha ocasión clara de Maria que a porteira salva case na liña“.

Cabana SD : Míriam, Antia, (Jessi Rojo), Sheila, Aroa ,Valeria, (Alejandra) ,Inma, Irene, Iría, Alison, (Aitana), Adriana, (Jessi Pose), e Saray, (Natalie).

UD Corcubión : Alexia, Alejandra, Victoria, Marta, Cristina, María, Claudia, Helena, Ana, Noa e Daniela. Suplentes : Carla, Elena e Sara.

Goles : 0-1, María, (14´).

Árbitro : Andrea Barbeira. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

UD Corcubión-CF Muxía

Ponteceso SD-Cabana SD

 

Descansou : AD Nicrariense

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

-CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ

 

*****

 

-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Cerqueda : Dani García

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto Dumbría : Fran Figueroa

-Foto Corme : Fin Lema