CRÓNICAS 8ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O XALLAS MÁIS LIDER TRAS DERROTAR O MALPICA NO ENCONTRO DA XORNADA CO LIDERATO EN XOGO”.

 

Aquí tes as crónicas da xornada da 3ª da Costa, unha xornada na que tíñamos co Malpica-Xallas como encontro estelar co liderato en xogo. Non fallou o Xallas que gozou dun intre de encontro que non desaproveitou para levarse o trunfo e liderar unha semana máis a liga en solitario e agora con 4 puntos de ventaxe sobre o segundo, que segue a ser o Malpica ao que se acercan a 2 puntos o Sofán B e o Soneira, que non desaproveitaron o pinchazo dos malpicáns, así coma o Oza que ven vindo a máis e xa está a 3 puntos dos malpicáns. Por abaixo o Ameixenda segue sen puntuar e o único que se levou os 3 puntos foi o Pereririña no dierbi cos da Ameixenda. O derbi malpicán foi claramente para o Sporting Seaia sobre o Cerqueda que está a sufrir unha bagoada de lesións e foise caendo da loita por todo a metade da táboa.

No apartado de lesións, ademáis dos dous Danis´s do Cerqueda a de Torices do Ameixenda que é de gravidade, con rotura dos ligamentos dun xeonllo e posible rotura do menisco interno, que acostuma a ir asociada a dos ligamentos. Para todos eles o noso desexo cunha pronta recuperación.

 

-CRÓNICAS 8ª XORNADA-

 

O Ameixenda que xogou no derbi ceense.

 

SD Ameixenda 1-5 Atlético Pereiriña FC

Así nos conta Fernando Domínguez, delegado do Ameixenda, como foi o encontro : “Non é de todo xusto o resultado de hoxe. Mereceu gañar o Pereiriña, pero non de maneira tan contundente, sobre todo no segundo tempo. Eso si, aproveitaron os despistes defensivos do Ameixenda polo menos en dous dos tres primeiros goles. No segundo tempo o Ameixenda igualou e ainda as veces dominou pero sen acerto. De todas formas o resultado quedou nun segundo plano xa que mediada a segunda parte lesionouse Torices e despois das probas feitas hoxe a Torices, confírmase a rotura dos ligamentos do seu xeonllo dereito e posiblemente tamén do menisco interno”. O noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación.

Xogaron polo Ameixenda: Costa, Maldonado, Kampy, Louzán, Barreiro, Ocho, Torices, Lagoa, Evaristo, Crisca e Óscar. Tamén xogaron: Dani, Pikita, Álex, Damián e Santi.

Goles : 0-1, Saulo, (10´); 0-2, Jose M. (14´); 0-3, Esteban, (30´); 1-3, Fabián, (46´); 1-4, Augusto, (67´); 1-5, Saulo, (88´).

Incidencias : O colexiado Rai Reborido expulsou por dobre cartón ao xogador do Ameixenda, Evaristo, (57´e 77´).

 

O Zas segue perdendo comba cios de arriba.

 

CF Lira 2-1 Sporting Zas

Recuperou a senda da vitoria o Lira ante un Sporting Zas que suma a terceira derrota consecutiva que o alonxa das posicións de arriba de maniera moito máis do que se esperaba a inicio de campaña. Ademáis a derrota chegou no tempo de desconto final. Pablo adiantaba aos lirachos pasada a hora de xogo e Dani Mato empataba pouco despois. Gael dáballe os 3 puntos aos sureños no derradeiro suspiro do encontro e cando todo apuntaba a un reparto de puntos.

Goles : 1-0, Pablo, (66´); 1-1, Dani Mato, (71´); 2-1, Gael, (desconto final).

 

SCD Malpica 0-2 Xallas FC

Era o encontro da xornada, o Xallas lider con 19 puntos e o Malpica segundo con 18, polo tanto o liderato en xogo, pero todo se decantou en pouco máis de 10 minutos trala reanudación, pois tras acabar a primeira metade con empate a ceros, un gol en propia porta do malpicán, Nacho, e un posterior gol de Adrián Forján, 3 minutos despois, unida a expulsión de Fran Pombo, pouco despois, decantaron totalmente un choque disputado de poder a poder pero que caeu da banda dos xalleiros para seguir invictos e con 22 de 24 puntos posibles. 

Goles : 0-1, Nacho, (48´propia porta); 0-2, Adrián Forján, (51´).

Incidencias : O colexiado David Castreje expulsou con vermello direto a Fran Pombo, (57´).

 

SD Soneira 6-2 SD Laxe

Segundo 6-2 da tempada para os vimianceses que xa acadaran este resultado na 4ª xornada ante o Nantón, sumando con esta a terceira vitoria consecutiva con 12 goles a favor e 3 en contra, para seguir enganchado a parte de arriba. A vitoria fraguarona os de José Manuel Abelenda nunha extraordinaria segunda metade, pois os equipos íanse a vestiarios no descanso coa vitoria pola mínima con gol de De la Sierra. A volta de vestiarios os vimianceses foron un furacán e pronto deixaban resolto o choque con goles de Basti, (2), ainda que Paredes acurtaba para os laxenses, a rersposta era inmediata e Basti e Villaverde deixaban o choque resolto. Bieito acurtaba de novo para os laxenses e De la Sierra pechaba o encontro.

Goles : Polo Soneira : De la Sierra, /2), Basti, (3), e Villaverde. Polo Laxe : Paredes e Bieito.

 

SD Oza 4-3 UD Corcubión

Encontro xogado de poder a poder e que se levou o Oza como se puido levar o Corcubión e que houbo alternancia de mandar no marcador para uns e outros e que decideu un penalti no tempo de desconto .

Goles : 0-1, Alan, (23´); 1-1, Hugo, (47´); 2-1, Pose, (59´); 2-2, Alejandro, (50´); 3-2, Diego, (68´); 3-3, César Lojo, (69´); 4-3, Alejandro, (desconto de penalti).

 

UD Cerqueda 1-5 Sporting Seaia CF

Así nos conta como foi o encontro, Emilio Uzal, adestrador do Cerqueda : “Pouco que contar…Comezábamos o partido con moitísimas baixas e encima lesionase Dani que para nós é insistituible, ew iso foi os 10 minutos de xogo, e despois pasa o mesmo con Dani Varela…Resultado xusto”.

Goles : 0-1, Joel, (5´); 1-1, Suso, (25´); 1-2, Martín “Mara”, (45´); 1-3, Luis, (45´); 1-4, Martín “Mara”, (53´); 1-5, Camilo, (77´).

 

Sofán SD B 6-1 CD Nantón

Completo encontro do filial do sofán que lle pasou por enriba aos nantoneses tanto no primweiro tempo que xa gañaban por 3-0 con goles de Adrián, (2), o segundo de penalti, e de Gonzalo. Co encontro controlado chegaba o cuarto por medio de Alejandro, acurtaba para os visitantes Fran Gavín, e completaban a goleada, Adrián e Dani Calvete.

Goles : 1-0, Adrián, (12´); 2-0, Adrián, (15´de penalti); 3-0, Gonzalo, (25´); 4-0, Alejandro, (75´); 4-1, Fran Gavín, (77´); 5-1, Adrián, (82´); 6-1, Dani Calvete, (desconto).

 

Descansou : SCD Buño

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

Calendario completo con tódolos resultados : PREME AQUÍ

 

-Foto : Prensa Sporting Zas

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”