Unha vitoria e duas derrotas na 8ª xornada da 2ª División Galega G1, para as nosas. O UC Cee volveu a senda do trunfo trala derrota da pasada semana, namentras que Xallas FC, caía coas líderes do Orzán B, nun choque no que mereceron mellor resultado. O Miúdas caía goleado ante o Atlético San Pedro, nun choque no que fixeron frente e chegaron a ir empatando.
Na portada da nosa web tes a crónica do encontro do Bergantiños FC da 1ª Galega e os dos equipos costeiros da 3ª Galega.
Segunda derrota das xalleiras nos derradeiros dous encontros.
Orzán SD B 3-0 Xallas FC
José Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Unha de cal e outra de area, o Xallas feminino caiu con un resultado moi abultado para os méritos de uns e de outros no partido celebrado nos campos da Torre. Unha primeira metade dominada polas xalleiras pero que en dous contraataques a súa 9 axusticiounos en dúas ocasións antes do descanso. Na segunda metade adiantamos liñas e seguimos sendo superiores con varias ocasións para facer xustiza pero non quiso entrar desta vez a pelotiña. E de novo o equipo local cerraría o choque co 3 e definitivo gol. Toca seguir traballando nesta liña que a liga é moi disputada e todos os rivais son moi similares”.
Orzán SD B : Antía, Tania, Teresa, Sila, Daniela, Carmen, Sara Yasmín, Valeria, Valentina e Noa.
Tamén xogaron: Mar, Sofía, lba e Noa.
Xallas FC : Rosio; Laura, Saskia, Otero, Carla; Luchy, Noelia, Andrea; Barcia, María e Olalla.
Tamén xogaron: Leti, Daniela, Maites, Inés e Zaira.
Goles : 1-0, Daniela, (28´); 2-0, Daniela, (41´), 3-0, Daniela, (83´).
Árbitra : Chrístian Grille. Non amsou ningún cartón.
Próximo encontro
Xallas FC-SCD Pastoriza
Orzán SD B-SD Antas
******
ED As Miúdas 1-5 Atlético San Pedro
Luis Ferreiro “Lucho”, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
ED As Miúdas : Adriana Siaba, Atenea, Elba, Alba, Leire, Naiara, Pati, Sofía, Marta, Gala e Paula. Suplentes: María, Cristina, Adriana, Ana, e Carlota.
Goles : 0-1, Alba, (13´); 1-1, Pati, (25´); 1-2, María, (38´); 1-3, Paula, (43´); 1-4, Lía, (56´); 1-5, Lía, (88´).
Árbitro : Mar Thiaw. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
UD Santiso FC-ED As Miúdas
Atlético San Pedro-UC Cee
******
UC Cee 2-1 SCD Pastoriza
Adiantouse na primeira metade o equipo ceense por medio de Paula Veiga e empataba para as norteñas Zaira, pasada a hora de xogo. Paula repiteu no derradeiro treito do choque para voltar a senda dos trunfos. Ambos equipos chegaron con só dous trocos. As ceenses fixeron un e as pastoricenses os dous.
Buscamos colaborador/a para os comentarios e fotos do UC Cee feminino, (626 72 00 47)
UC Cee : Noemi, Lucía Facal, Lucía Rodríguez, Nerea, Paula, Saray, Sharay, Nayara, Lucía Martínez, Sabela e Laura. Suplentes: Lucía Sieira, e Uxía.
SCD Pastoriza : Uxía, Claudia, Karla, Judith, Cristina, Leire, Yeimi, Zaira, Noa e Candela. Suplentes: Yaiza, e Uxía
Goles : 1-0, Paula, (18´); 1-1, Zaira, (66´); 2-1, Paula, (80´).
Árbitro : Daniel Chouciño. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
Atlético San Pedro-UC Cee
Xallas FC-SCD Pastoriza
******
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO E RESULTADOS DE TODO O XOGADO ATA AGORA : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Texto : Adestradores
-Foto Xallas FC : Rupper