CRÓNICAS 8ª Xda 3ª DIVISIÓN GRUPO NORTE : “VITORIAS DE BERGANTIÑOS E FISTERRA…DERROTAS DE FABRIL E PAIOSACO”.

 

CRÓNICAS EQUIPOS COSTEIROS

 

Agrupación Estudiantil 1-3 Bergantiños CF

Encontro dominado en gran medida polo equipo carballés que se adiantaba aos 28 minutos de xogo por medio de Carlos López, resultado de 0-1 co que se chegaba o descanso. Nada máis comezar a segunda metade Yelco batía o meta local Óscar Santiago, (46´). Un tanto que lle daba tranquilidade aos de Lemos, unha tranquilidade que se truncaba pasada a hora de xogo cando Sebastián acurtaba distanzas para os locais. Coa incerteza do resultao xogouse ata o desconto cando Jorge Cano facía o 1-3 para pechar o encontro e manter os carballeses na loita por todo, aproveitando o empate do lider UD Somozas co CSD Arzúa, (2-2), para colocarse a tiro de 3 puntos e cun encontro menos.

 

SD Fisterra 2-0 CD As Pontes

Bo encontro dos de Jaime que se adiantaban aos 18 minutos de xogo por medio de Eloy Díaz. Resultado co que se chegaba o descanso. Na segunda metade o gol de Álex Ramos aos poucos de comezar, 850´), deulle a tranquilidade aos fisterráns para firmar unha nova vitoria e 3 puntos máis na loita pola permanenza.

 

UD Paiosaco 0-2 SD Silva

Faltoulle a capacidade defensiva que atesouraba o equipo de  Emilio Riveiro, ante os de Javier Bardanca que se adiantaban aos 25 minutos de xogo por medio de Paulo. Buscaron a igualada os verdibrancos e non se viron somtidos ata o minuto 88 cando Santiago Cotos batá por segunda vez a Ramita e pechar o derbi en pro dos do Ventorrillo.

 

Fabril 1-4 Polvorín CF

Derrota do filial deportivista ante o filial lugués nuha segunda metade para esquecer por parte dos de Valerón. Adiantouse o equipo do interior aos 55 minutos de xogo por medio de Jesús, tras unha primeira metade na que non se movera o marcador. O descontrol nas filas fabrilistas con este gol fixo que os visitantes puxesen terra de por medio 3 minutos despois co gol de Chrístian. Un terceiro gol dos lugueses aos 70 minutos de xogo por medio de Antón, e a expulsión por dobre cartón de Juan Cambón, motivou a baixada de brazos e o cuarto dos visitantes que materializaba Iago Novo, (83´). Sanmartín fixo o gol da honra a pouco do remate, (88´).

 

RESULTADOS

Agrupación Estudiantil 1-3 Bergantiños CF

SD Fisterra 2-0 CD As Pontes

UD Paiosaco 0-2 SD Silva

Fabril 1-4 Polvorín CF

Viveiro CF 2-0 Racing Vilalbés

UD Somozas 2-2 CSD Arzúa

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia