CRÓNICAS 7ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA GRUPO NORTE 1A : !O ATLÉTICO ARTEIXO SEGUE IMPARABLE E LOGO ATASCO CON 5 EQUIPOS A 6 PUNTOS”.

PREFERENTE GALICIA GRUPO NORTE 1A

O Atlético Arteixo segue imparable.

 

7ª Xornada

Domingo 14 de Novembro

Xallas FC 1-2 Puebla FC

Hora : 17:30

Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)

Colexiado : Adam Rodríguez Delgado. Amosoulle aos xalleiros 5 cartóns amarelos e aos da Pobra, 5 amarelos, dous deles a Xabier, que se foi expulsado no 64, e un vermello o adestrador Jesús Mella. 

No que se refire o choque, os xalleiros seguen sen levantar cabeza e tampouco teñen moita sorte, pois adiantábanse cun tanto de Caamaño a media hora de xogo e vían como lles chegaba o empate na segunda metade cun gol de penalti transformado polo que pouco despois sería expulsado, Xabier, (48´). Cun home máis buscaron a vitoria pero as fadas non están pola labor e chegou o da vitoria dos barbanzáns no desconto cun tanto de Mauro. 

 

SD Fisterra 0-1 UD Paiosaco

Hora : 16:30

Campo : “Arasolis”, (Fisterra)

Colexiado : Francisco Xabier Rodríguez Campos. Amosoulle 3 amarelos ao Fisterra, todos eles no primeiro tempo, e ningún os de Peisaco.

Buscaban os fisterráns unha vitoria que adicarlle ao xove Ezequiel que daba o susto a semana pasada, e que vai indo moi ben, pero non puido ser e topáronse cun Paiosaco moi serio que soubo nadar e gardar a roupa e asestar o golpe definitivo pasada a hora de xogo, cun tanto de José Moure, (69´), que a postre lles daría os 3 puntos, que lles valen aos peisaqueses para auparse a segunda praza con mesmo puntos cos fisterráns, segundos con 13 e con ata 3 equipos máis por debaixo ca mesma puntuación, todos eles a 6 puntos do lider indiscutible, Atlético Arteixo.

 

Laracha CF 1-3 Atlético Arteixo

Hora : 16:30

Campo : “Municipal da Laracha”

Colexiado : Iván Morlán García. Amosoulle 3 amarelas a cada equipo.

Segue intratable o equipo arteixán e nun derbi esixente ante o veciño da porta foron quen con moita seriedade e a eficacia ofensiva que están a amosar, remontar o gol inicial do larachés, José Gabriel, aos 5 minutos de xogo. O empate chegaba a media hora de xogo por medio de Taibo, resultado co que se ía o descanso. Na segunda metade o lider sigueuna buscando e atopaba o gol da remontada aos 70 minutos de xogo por medio de Gamallo. O gol que finiquitaba o choque chegaba no 83, obra de Iago Blanco, un gol que facía que o final non tivese a tensión do resultado. 

 

Resto de encontros :

SD O Pino 1-2 SD Dubra

CD Boiro 1-0 Boimorto CF

Agrupación Estudiantil 0-3 Sigüeiro CF

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto: Twitter do Atlético Arteixo

-Texto : piratasdemuxia