Crónicas 7ª Xornada
SD Coristanco 4-0 UD Monte Louro
Un cuarto de hora orgásmico do Coristanco, tirou por terra toda opción dun Monte Louro que perdeu os papeis. Foi unha avalancha pataqueira a vivida na Rocheira, nun choque que ía igualado. Adrián, (29´), Mario, (38´), Marcos, (41´), e de novo Mario, (45´), deixaron finiquitado o envite pola vía rápida. A segunda metade foi un mero trámite.
Ponteceso SD 2-2 CD Muros
Encontro de altibaixos nos dous equipos. Alejandro facía o 0-1 aos 9 minutos de xogo, e conseguía empatar o equipo pontecesán, xusto antes de irse o descanso. Na segunda metade comezou mellor o equipo muradán, que mandaba dous balóns a madeira, e conseguía volver a poñerse por diante, cun tanto de Xavier, (62´). Reaccionou o equipo pontecesán e puxo cerco a porta visitante, pero o gol do empate non chegaba ata o desconto final, por medio de Luca.
Volantes de Baño FC 0-2 Corme CF
Encontro con moitas baixas en ambas escadras. O Volantes presentábase con 13 xogadores, e o Corme, unha vez máis plagado de xuvenís, que xa xogaran o día antes, pero foron os cormeláns os que se fixeron donos do encontro e adiantábanse a media hora de xogo por medio de Israel. Na segunda metade Brais facía o segundo nada máis reiniciarse o choque, (46´). O Volantes dipuxo dun penalti, pero era parado polo meta cormelán.
UD Corcubión 3-2 SD Oza
Encontro no que o máis xusto tivera sido un empate, polas ocasións de uns e outros, pero que caeu do lado corcubionés, que foi o máis certeiro de cara a gol. Nacho Pose adiantaba aos da parroquia carballesa aos 17 minutos de xogo, e o incombustible Iago Lema, empataba de penalti a media hora de xogo. A volta de vestiarios, Alejandro poñía por diante aos corcubioneses, cun gol en propia porta, nunha xogada de falta de enetndemento co seu meta, Brais. Con todo eso e nunha loita igualada, Nacho batía de novo a Bruno, para facer o 2-2, (76´), pero pouco duraba a ledicia, pois 10 minutos despois, César Lojo facía o que sería definitivo 3-2. Nas protestas tralo gol era expulsado con vermello diureto o adestrador dos ocenses, Miguel Sande.
Cabana SD 3-7 UC Cee
Tras unha primeira metade na que foi mellor o equipo cabanés, e que acabou 3-2, e puido acabar cunha ventaxe superior dos cabaneses, pasopuse a unha segunda na que os ceenses pasáronlle por enriba aos de Cabana, coma unha apisonadora. Manuel facía o 1-0 aos 5 minutos de xogo. Gol que igualaba o fisterrán, Isaac Fábregas para os ceenses, (9´), nun treito de golpes, Raúl Fernández voltaba a poñer por diante aos locais, (13´), e de novo Isaac empataba para os visitantes, (15´). Raúl Corzón, non tardaba máis ca 4 minutos en poñer de novo por diante aos das Redondas, (19), resultado co que se chegaba ao descanso. Nada facía prever o tremendo baixón do Cabana na segunda metade. Isaac, en duas ocasións, (50´e 63´), entremedias, Rubén, (52´), e despois Ezequiel, en dobre partida, (78´e 87´), pitábanlle a cara a un descoñecido Cabana.
SD Castriz 1-1 Muxía CF
Non acaba de atopar o ton do ano pasado o equipo muxián, a pesares de ter practicamente o mesmo equipo e reforzado. O encontro foi xogado de poder a poder, con moitas chegadas por ambas escadras e con boas ocasións de gol. a mellor para os “corviños” foi un balón a madeira de Mauro Romanía, e serían os que se adiantaban por medio de Maikel Mouzo, (81´). Co gol foron os xalleiros os que deron un paso adiante e conseguiron empatar por medio de Braulio, (88´), no derradeiro suspiro do encontro, para salvar un punto.
Outes FC 0-1 SD San Lorenzo
Primeiro tanto que recibe o Outes no que vai de tempada, e valeulle para sufrir a primeira derrota, e que representaba perder o liderato. Alejandro no 40 acadaba o gol que lle daba o trunfo aos de Verdillo, e ainda que pareza coroto, ante os da Serra, aos que lle estivo a chegar un só gol, para levarse os encontros, desta volta sufrírono nas suas carnes.
UD Cerqueda 2-5 Camariñas FC
Gustouse o Camariñas, e soubo dar un acelerón cando o Cerqueda o quixo intimidar. Non ten “arma segreda” o equipo camariñán, pero ten unha co punto de mira coma o de Liudmila Pavlichenko, que non erra nunca. Dijbril fixo no Xaviña, que aos 8 minutos de xogo os de Cabrejo xa gañaran por 0-2, (2´e 8´), e délsería o gol que marcaba diferenzas, cando os cerquedenses se poñían 2-3, e podían optar os puntos. Lorenzo, facía o 1-2, pouco despois do segundo de Djibril, (10´), e Mario Suárez, bría de novo fenda para os camariñáns antes dod escanso, (21´). Xa na segunda metade cos cerquedense na procura de meterse no encontro, recurtaban por medio de novo de Lorenzo, (50´), pero, o dito, aparecía o senegalés para poñer terra de por medio, (64´), e sen tempo a reacción chegaba o quinto dos visitantes, nas botas de Víctor, (69´).
CLASIFICACIÓN
-Resultados de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ.
-Tódolos resultados e Clasificacións do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ
-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia
-Foto : Cabana SD
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR