CRÓNICAS 7ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O PORTEÑO SEGUE FORTE NUNHA XORNADA NA QUE SÓ O MAZARICOS GAÑOU DOS SEUS PERSEGUIDORES”.

 

-Crónicas 7ª Xornada-

Non puido o Camelle tumbar o terceiro lider que lle chegaba o rodeiro, pero a piques estivo de acadar un novo empate no desconto, pero desta vez o porteiro do Porteño evitou a igualada. Por arriba só o Porteño que segue en “doce”, e o Mazaricos acadaron a vitoria, estando con 19 de 21 posibles os porteños no liderato en solitario, agora como segundo o Mazaricos, con 17 os mesmo que o Castriz que salvaba un punto ante o Ponteceso. Monte Louro e Muxía tamén empataban, noutro dos duelos estelares antre equipos de arriba. Unha zona a que se engancha o Camarillas que lle pasou coma un furacán por enriba o Muros. Por abaixo o Volantes segue de capa caida e nin está nin se espera, ainda que nesta xornada freou a sangría de goleadas en contra.

 

Ambientazo no Rodeiro nun choque de poder a poder.

 

SD Camelle 2-3 CF Porteño

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Primeira parte dominada polo Porteño con moitas oportunidades e facéndonos dano a balón parado, así chegaría o primeiro de falta direta de Mayor, e o segundo nun rexeite dun corner, de Pablo. Mayor mandaría unha falta o longueiro, nós chegaríamos pero sin claridade. A segunda empezaba máis igualada, recortamos distancias de penalti, obra de Gabi despois seria un ir e vir, o árbitro perdonaballe a segunda amarela o central deles, o que podería cambiar o partido. Cando máis estábamos apretando caíanos o terceiro gol deles, e o pouco a expulsión do noso porteiro. Seguimos apretando e e conseguíamos poñernos 2-3 a falta de 5 minutos. Xa con todo, volcados sobre a área deles ainda teríamos unha ocasión clara donde o porteiro deles fixo un paradón”.

Jesús Alonso Cousilla, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Partidazo nun campo que non estaba en moi boas condicións pero que era o mesmo para os dous. Non nos achicamos e fixemos un encontro bravo. O primeiro tempo foi noso de cabo a rabo, fixemos un moi bo primeiro tempo e puidemos quedar 0-3 ou 0-4, pero fomos só con 0-2, un de falta de Mayor e o outro Pablo nun rexeite a saida dun saque de curruncho, no que estivo listo. Eles acortaron de penalti e colgaron balóns, pero estivemos moi serios e moi ben situados e sen fallos. Fixémoslles o 1-3 e eles quedaron cun menos por expulsión do porteiro. Seguiron colgando balóns e fixeron o 2-3 nun rexeite. Nos derradeiros minutos embotelláronnos e sen moito perigo. Era maís a sensación que o perigo o apretaren, e o noso porteiro fixo un paradón. Tentamos que non se xogara nos últimos minutos, e moi contentos ca vitoria que lla dedicamos ao noso xogador Nicolás Ventoso que perdeu o seu pai, e ao que lle adicamos o comezo un minuto de silencio”.

Goles : 0-1, Mayor, (19´); 0-2, Pablo, (26´); 1-2, Gabi, (53´de penalti); 1-3, Brais (83´); 2-3, Carlos, (86´).

Incidencias : O colexiado Luis M. Insua expulsou por dobre cartón ao adestrador camellán e con vermello direto o porteiro David. Amosoulle aos camelláns cartóns amarelos a Pablo, Rodri, Gonzalo e Domingo. Por parte porteña a Andrade, José Manuel, Mayor e Brais.

 

CF Mazaricos 3-2 Corme CF

Tras unha primeira metade na que os mazariquenses se adiantaban por medio de Mario, e ampliaban a ventaxe a volta de vestiarios cun novo gol de Mario, acurtaban distanzas os cormeláns cun gol de penalti transformado por Alejo, que pronto era respondido polos locais cun tanto de Rachón. Isra voltaba a poñer aos cormaláns no encontrro con tempo de abondo para que pasase de todo, pero o gol do empate non chegou.

Goles : 1-0, Mario, (41´); 2-0, Mario, (53´); 2-1, Alejo, (55´de penalti); 3-1, Rachón, (65´); 3-2, Isra, (75´).

 

CD Baiñas1-2 Cabana SD

Terceira xornada ejn positivo para os cabaneses que sorprenderon a un Baiñas que leva 3 derrotas e un empate nas derradeira 4m xornadas, despois de haber derrotado o Comre na 3ª xornada de liga. Sentoulle mal os baiñeses o gol en propia porta xusto antes de irese a vestiarios, e ainda que se puxo na segunda metade o Cabana 0-2 cun tanto de Miguel, acurtaba distanzas o Baiñas 2 minutos despois e con tempo paar entrar nos puntos pero non se movería o marcador.

Goles : 0-1, Héctor, (45 en propia porta); 0-2, Miguel, 865´); 1-2, Crístian, (67´).

 

Camariñas FC 7-3 CD Muros

Pasoulle o rodillo o Camariñas o Muros nun choque que se foi o descanso 4-2 e no que aos 20 minutos de xogo gañaba o Camariñas por 3-0. Na segunda metade os camariñáns volveron a ser resolutivos para acabar cun inusual 7-3, resultado máis de categorías de base.

Goles : Djibril, (4); José Manuel, Mario, (2), por parte camariñana. Daniel, (2) e Xavi, por parte muradana.

 

UD Monte Louro 0-0 CF Muxía

Nando  Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) : “Atopámonos outro partido moi competitivo cun Louro moi serio, coas ideas claras, aproveitan moi ben as súas armas e nótase a man de Bibi, paréceme un equipo ben traballado e que se reforzou moi ben, van estar arriba seguro. Pola nosa banda, seguimos crecendo defensivamente, nótase a melloría, logramos chegar co balón a zonas máis perigosas en máis ocasións, pero aínda non estamos a decidir ben no último pase e na finalización das xogadas. Tócanos seguir traballando para mellorar para a portería contraria e tentar dominar os partidos a través da posesión do balón”

Goles : 0-0

 

Ponteceso SD 1-1 SD Castríz

Frenou o Ponteceso a un Castriz que suma a segunda igualada consecutiva tras unha xeira impecable de 5 vitorias seguidas que o levaron a liderar a competición. O encontro rompeuno dous penaltis no treito final. O primeiro a favor dos pontecesáns e que transformaba Martín, e o segundo, xa en desconto final, materializado para os xalleiros por Adrián.

Goles : 1-0, Martín, (77´de penalti); 1-1, Adrián, (no desconto de penalti).

 

UC Cee 1-2 SD Coristanco

Vhoque de rachas, os ceenses suman a 5ª derrota consecutiva tras comezar a liga con duas vitorias consecutivas e os coristanqueses sumaban neste encontro a segunda vitoria do campionato, e tras 4 empates seguidos. Adiantábanse os ceenses antes do descanso cun tanto do fisterrán Bruno, e xa na segunda metade os da Terra da Pataca dábanlle a volta o marcador con goles de Diego e Pazos. Goles que non tiveron resposta do equipo local.

Goles : 1-0, Bruno, (39´); 1-1, Diego, (50´); 1-2, Pazos, (75´).

Volantes de Baño FC 1-3 Outes FC

Segue en depresión o equipo de Baño que suma por derrotas tódalas xornadas de liga, namentras que o Outes sumaba a terceira vitoria consecutiva, tras caer nas 4 primeiras xornadas. Adiantábase o equipo de Baño por medio de Teijo e vía como lle empataban os da Serra cun tanto de Iván, antes de irse o descanso. Nada máis reanudarse o encontro tralo tempo de Lecer Pablo poñía o da remontada, e o propio Pablo sentenzaba nos derradeiros suspiros do choque.

Goles : 1-0, Teijo, (35´); 1-1, Iván, (44´); 1-2, Pablo, (46´); 1-3, Pablo, (86´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies