-Crónicas 7ª Xornada-
SD Laxe 2-2 CD Nantón
Moi bo encontro de ambos equipos, que gozaron de varias ocasións claras de gol, e no que o máis xusto foi o empate. Comezou mellor o equipo nantonés, e tras serlle anulado un gol por fora de xogo conseguía poñerse por diante cun tanto de Moreira, (32´). Reaccionaba o equipo laxense e 6 minutos despois igualaba por medio de Torres, (38´). Co empate e os dous equipos na procura da vitoria, chegábase o descanso. Redondo, (67´), voltaba a poñer por diante aos de Nantón, pero despois de varias ocasións erradas por ambos equipos, e xa en tempo de desconto, Torres, conseguía, o seu segundo, e o do seu equipo, que facía unha xusta igualada.
CF Lira 2-0 SD Ameixenda
Primeira metade igualada na que os lirachos aproveitaron a que tiveron, por medio de Fran González, (37´), e os da Ameixenda, non aproveitaron a que tivero. Xa a segunda metade foi diferente, e o gran dominador foi o equipo locatario, que conseguía matar o encontro cun novo gol de Fran, (69´), e tendo ocasións para algún máis.
Atlético Pereiriña FC 2-1 Xallas FC “B”
Bo encontro o visto no San Paio de Refoxos, xogado de poder a poder e no que os da Pereiriña, souberon repoñerse o gol inicial do filial do Xallas, que se adiantaba aos 7 minutos de xogo, empatando primeiro de penalti, por medio de Carlos Antelo, (32´), e logo, nunha segunda metade maiormente dominada por eles, conseguir o da remontada, e que lles daría a vitoria, no tempo de desconto, e xogando con un menos dende o 82, por expulsión con dobre cartón de Kevin Domínguez.
SCD Malpica 0-2 Sporting Seaia
Vitoria para os de Seaia no derbi malpicán, para un Malpica que segue sen saber o que é sumar 1 opunto. A primeira metade foi igualada, a pesares de que se adiantaban os seaieses cun tanto en propa porta de Jorge Martínez. A segunda metade xa tivo cor seaiesa, e ainda que o gol chegaba no 76 por medio de Luis Manuel, cando o malpica xa xogaba cun menos por expulsión de Alberto Hombtre, por dobre cartóm, (62´e 62´), xa podían ter matado o encontro antes.
CD Baiñas 1-0 SCD Buño
Un dos encontros estelares desta xornada na loita por todo, e no que foi mellor o Baiñas na primeira metade, e que se adiantaría cun tanto de Kevin Fandiño, (27´), a saida dun saque de curruncho, e sería mellor o Buño na segunda, pero non aproveitaba a sua. Un gol o baiñés, que facía colider, co Porteño, aos de Roski.
Sporting Zas 1-3 CF Porteño
Encontro estelar desta xoranada, antre dous “gallitos de pelea”, pero que tras unha primeira metade na que o gol podía vir de calquer banda, chegouse a unha segunda na que o Porteño saeu embalado, e conseguía ponerse 0-3 nun cuarto de hora. Álan Suárez, (49´), e Lucas Caamaño cun dobrete, (52´ e 64´), deixaban finiquitado o choque. Tocaba controlar o xogo por parte dos de Baña, e a expulsión do zacense, Adrián Rama, con dobre cartón, (25´e 70´), facicitábanlle as cousas. Dani Mato, no desconto, facía o gol dos de Zas. Acada así o liderato o equipo da Ponte do Porto, a puntos co Baiñas.
SD Camelle 1-1 CF Castrelo
Sacoulle 2 puntos o equipo camellán ao vimiancés, “in extremis”, gracias a un gol de Carlos de Dido no desconto final. No duelo da 7ª xornada antre dous equipos veteranos da 3ª da Costa, moita disputa, moitos nervos e tensión ata o pitido final. Adiantaba Rubén Blaco pasada a hora de xogo ao Castrelo, (66´), e cando todo apuntaba a vitoria dos castreleses, aparecía Dido, para facer a igualada, sen tempo para máis.
CLASIFICACIÓN
-Resultados de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ.
-Tódolos resultados e Clasificacións do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ
-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia

