CRÓNICAS 7ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “CORCUBIÓN E PORTEÑO FIRMAN TÁBOAS NO MÁIS ALTO E SÓ O APROVEITN O XALLAS B E O SPORTING SEAIA”.

3ª DA COSTA

O Laxe ben en ritmo ascendente.

 

-7ª XORNADA-

AVISO

A cronoloxía dos goles e o nome dos que os marcan sacámolas das actas que edita a Real Federación Galega de Fútbol, polo que se hai algún erro, pedimos disculpas, ainda que non sexa nosa a culpa.

 

Sábado 4 de Decembro

UD Corcubión 1-1 Porteño CF

Hora : 16:15

Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)

Colexiado : Juan Marcos Ríos Suárez. Amonestou con 5 amarelos a xogadores do equipo local e con 4 ao visitante, ademáis dun expulsado do banquillo no final do encontro.

Choque no que estaba en xogo o liderato en solitario e que estivo moi traballo por numerosas faltas. Adiantouse o Porteño por medio de Martín Suárez e empataba para os corcubioneses Luis Lago 3 minutos despois. A segunda metade estivo moi interrumppida polo xogo duro con moitas faltas. Con este resultado os dous equipos empatan a 14 puntos, cos da Ponte do Porto na primeira posición por golaveraxe.

 

SD Laxe 5-2 CF Castrelo

Hora : 16:15

Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)

Colexiado : Iván Vilanova Antelo. Non amonestou a ningún local e a 4 visitantes.

Segunda vitoria para un Laxe que ven a máis e que tras empatar a semana pasada na casa do lider, Porteño CF, (1-1), goleou ao Castrelo nun gran encontro, en especial na primeira metade na que se poñía 3-0 con goles de, Paredes, (19´e 39´), e por medio un gol de Bieito, (30), antes do descanso o incombustible, Iván Cháns, poñía o seu equipo no encontro para a segunda metade, pero nesta, Gora poñía fenda no marcador aos 5 minutos da reanudación, (50´). Non decaeu o encontro ata o pitido final, e no desconto, o xogador máis lonxevo do fútbol oficial da costa, Luis Roget, poñía o 4-2. Non acabou aí o encontro, pois outro veterano da costa e do Laxe, Felipe, facía o definitivo 5-2.

 

Atlético Pereiriña 0-0 SD Ameixenda 

Hora : 18:00

Campo : “O Rodeiro”, (Camelle)

Colexiado : Pablo Rama Cotelo. Amonestou tan só a un xogador visitante.

Non foi o títpico derbi de rivalidade con fricción antre xogadores, nen se notou que os da parroquia ceense de Ameixenda estivesen de penúltimos, nen que os da de Pereiriña, se xogaran coller aos de arriba. Reparto de puntos deixando aos pereiriñeses no cuarto chanzo a 4 dos que mandan e aos ameixendeses con 1 punto sobre o colista Castrelo.

 

Xallas FC “B” 5-1 SD Camelle

Hora : 17:30

Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)

Colexiado : Esteban Domínguez Lado. Amonestou a un local e a dous visitantes.

Podía o Camelle meterse de cheo na loita por todo e situarse a 1 punto dos que mandan na liga, pero tras un comezo prometedor no que dominaron e dispuxeron de ocasións para adiantarse no marcador, encaixaron un gol de Ángel Cuns, (10´). Os xalleiros foron a máis e pouco a pouco foron facéndose donos do encontro. Notou moito a saida do central Huchiño por lesión o equipo camellán, que antes do descanso encaixaba o segundo da tarde, obra de Rubén Sande. Xa na segunda metade o filial do Xallas FC pasou o rodillo e púxose 5-0, con goles de, Fernando, (50´), Rubén Sande, (87´) e Sergio Barbeira, (desconto). O gol da honra foi obra do incombustible, Dido, tamén no desconto.

 

Domingo 5 de Decembro 

Sporting Seaia CF 5-1 SD Oza

Hora : 16:30

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)

Colexiado : Bruno Méndez Castro. Expulsou por dobre cartón ao xogador do Seaia, Hugo e amosoulle 6 cartóns amarelos aos de Oza, dous deles a David López, que sería expulsado no desconto.

A pesares de xogar 40 minutos cun menos o Sporting Seaia pasoulle por enriba a un Oza que tiña a oportunidade de acercarse aos de arriba. Comezou marcando de penalti Sergio para os seaieses a media hora de xogo, gol que neutralizaba David Roibal para os carballeses, (40´), pero pouco despois un novo penalti poñía por diante aos locais. Alejandro Mato era o que o materializaba, (42´), resultado de 2-1 co que se ía o descanso. Desatouse o equipo de Seaia a pesares de quedar cun menos e Sergio Cancela volvía a ver porta para facer o 3-1, (58´). Antonio Añón, (81´) e Fabián Rey, (88´), completaban a goleada.

 

CLASIFICACIÓN

 

O Sporting Seaia sube a cuarta praza trala vitoria ante o SD Oza. Neste cadro de clasificación non están cointabilizados os 3 puntos do clube seaies.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies