CRÓNICAS 7ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “VITORIA DO PONTECESO NO DERBI CO CERQUEDA, VITORIA DE DUMBRÍA, E DO CEE NO DERBI CO XALLAS, E EMPATES DE MIÚDAS E MAZARICOS”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-7ª Xornada-

Grupo 2

UD Cerqueda 0-6 Ponteceso SD

Levouse o derbi o equipo pontecesán, tras facer os deberes na primeira metade, a que finalizaba 0-4 con tres goles de Andrea Varela, (7´, 13´e 28´), con un entremedias de Laura, (17´). Na segunda carrusel de trocos e completaban o “set en branco”, Andrea Varela, (48´), e Andrea Rodríguez, (73´). O Cerqueda segue no vagón de cola, sen saber o que é puntuar. As pontecesanas suben a 9ª posición, con 9 puntos.

 

Corme CF desprazado a Cambre.

 

Brexo Lema SD 8-1 Corme CF

Fixéronlle fronte as cormeláns na primeira metade as cambresas, e ata conseguiron adiantarse no marcador por medio de Naroa Parga, (10´), nunha primeira metade que acababa coa ventaxe das locais de 3-1. Na segunda o equipo de Cambre foi un vendaval, ante o novel, Corme CF. As do Roncudo que seguen con 6 puntos, caen a 11ª posición, ocupando a fronteira dos equipos da permanenza.

 

Grupo 4

UC Cee 2-0 Xallas FC

Derbi costeiro antre dous dos fortes da categoría e no que as ceenses fixeron un derroche de entrega e forza, pois chegaban a este difícil choque con tan só dous trocos no banco, e nun campo das dimensións do ceense, (104×68), e cas inclemencias atmosféricas, fixo que o derbi fose de poder a poder. Tanto foi así, que co choque para calquer banda, chegaba o gol de Nerea no 67, e a sentenza non chegaba ata o desconto final. As ceenses suben a 3ª praza, cos mesmos 16 puntos co Xallas, (4º), e a 2 do segundo, Praiña Sporting Club, e 3 do lider, SR Calo.

 

Cacheiras SD 1-1 ED As Miúdas

Empate de dous equipos que loitan por entrar na promoción e que van parexos na clasificación. O choque deideuse na primeira metade, na que se adiantaban as de Teo por medio de Alba Tojo, (22´), e empataba no 33, Elba para as muradanas. Continúan así o Cacheiras na 5ª praza, que marca a promoción, con 16, e por detrás un chanzo as muradanas con 14, (posto de posible promoción), a 2 de Xallas e Cee, e 4 do 2º Praiña.

 

CF Dumbría 3-1 Victoria FC “C”

.Tranquila vitoria das dumbriesas gracias a unha excelente primeira metade na que deixou solventado o choque, cun 3-0, con goles de Ainoa García, (12´), e un dobrete de Paula Fandiño, (25´e 42´). A segunda metade foi de control das dumbriesas. O gol da honra das compostelanas chegou no desconto final, obra de Amanda. Un pasiño máis do debutante, CF Dumbría, a consolidar a permanenza, pero sen deixar de mirar a promoción. Son 12 puntos os que atesouran, ocupando io 8ª chanzo, a 4 puntos da promoción.

 

SD O Pino 0-0 CF Mazaricos

 Duelo de iguais, co resultado máis esperado. O que gañase despegábase do outro, xa que ambos equipos van da man con 4 puntos, as do Pino na 9ª posición e as mazariquenses na 10ª.

 

-Foto : FaceBook Rubén Souto

-Texto e montaxe : piratasdemuxia