CRÓNICAS 7ª XORNADA DA 1ª GALICIA GRUPO A COSTA/SANTIAGO 2B : “DUAS VITORIA, UN EMPATE E 3 DERROTAS PARA OS EQUIPOS COSTEIROS”.

1ª GALICIA GRUPO A COSTA/SANTIAGO 2B

O Volantes suma a segunda derrota consecutiva.

 

7ª Xornada

Sábado 4 de Decembro

Volantes de Baño CF 0-2 SD Tordoia

Hora : 17:05

Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros) 

Colexiado : Noel Villamor Rial. Amonestou a dous xogadores por bando.

Aproveitou o equipo tordoiés para poñerse lider momentáneo a espera do que fagan Negreira e Dumbría, o gañarlle a domicilio aos de Baño que vía como se adiantaban os do interior aos 12 minutos de xogo, por medio de Denís Pose. Non decaeu o choque e puido chergar o empate. A emoción durou ata o minuto 91 cando Abel Torres mataba calquer opción dos muradáns de puntuar.

 

CD Baio 1-1 SD Ponteceso

Hora : 16:30

Campo : “Platas Reinoso”, (Baio)

Colexiado : Brian Agüero Seoane.

Amonestou a dous xogadores por ambos bandos e expulsou con vermello direto aos dous adestradores. Derbi con poucos goles pero con moita disputa e tensión no que dous xogadores dos da casa de sempre foron os artífices dos tantos. Alberto Recarey adiantaba aos da Terra de Pondal aos 6 minutos ao transformar un penalti. O gol do empate facíao Martín MC na segunda metade, (64´), para os da Terra de Labarta Pose, para dar emoción ata o pitido final. Desaproveitou así o equipo baiés de asaltar de maneira momentánea o liderato, cousa que si fixo o Tordoia en Muros.

 

Domingo 5 de Decembro

 

Derbi por todo o alto no “Pedra d´ouro” de Pino do Val.

 

Mazaricos CF 1-0 CF Dumbría

Hora : 16:00

Campo : “Pedra d´ouro”, (Pino do Val-Mazaricos)

Colexiado : Brais Rosende Cancela. Amonestou a 2 xogadores locais con cartón amarelo e a 1 visitante.

Non puido asaltar o liderato o CF Dumbría o caer por un solitario gol de Kevin Trillo aos 58 minutos de xogo, que fai que sexa o SD Negreira que derrotaba por 2-0 ao Soneira SD, o que lidere a liga en solitario. Polo que respecta o encontro do Pedra d´ouro, os mazariquenses con esta vitoria no derbi engánchanse a loita por todo, empatando sa puntos cos dumbrieses e a 3 do lider.

 

CD Belvís 4-5 Corme CF

Hora : 17:00

Campo : “As Cancelas”, (Belvís-Santiago)

Colexiado : Adrián Ponte Aponte. Amonestou a 3 xogadores locais e a 3 visitantes con cartón amarelo.

Encontro dos dignos de ver o que dispuxeron santiagueses e cormeláns, nun choque con alternativas para ambos e no que as dianteiras foron mellor cas defensas. Adiantáronse os locais cun tanto de José Luis aos 11 minutos de xogo, tanto que neutralizaba Lucas para os de Corme a media hora de xogo. Samu Costa a volta de vestiraios facía o 1-2, (47´), pero a ledicia duraba pouco, pois un minutio despois Chrístian igualaba de novo a contenda. Luas Vázquez poñía por diante aos locais antes da hora de xogo, (58´), e Alejo de penalti conseguía empatar de novo para os cormeláns, (65´), e o propio Alejo conseguía remontar de novo, (72´), sen tempo a reacción o gol por parte dos locais, Lucas facía o 3-5. O gol que poñía de novo aos locais no encontfo, chegaba no desconto, por medio de Chrístian.

 

SD Negreira 2-0 SD Soneira

Hora : 17:00

Campo : “Jesús García Calvo”, (Negreira)

Colexiado : Borja Buján Vidal. Amonestou a 2 xogadores locais con cartón amarelo e a ningún visitante.

Tiveron os soneiráns en Alberto Rial o seu luar. O xogador nicraniense foi o autor dos goles do lider, un en cada tempo. O primeiro aos 28 minutos de xogo e o segundo no 68, para finiquitar o choque e liderar a liga en solitario.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto : arquivo piratasdemuxia/Jorge Villar “Gorrión”.

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies