CRÓNICAS 7ª XORNADA 1ª GALICIA G2 : “VITORIAS DE MAZARICOS E DUMBRÍA, EMPATES DE BAIO E ESTEIRANA E DERROTAS DE SONEIRA E XALLAS”.

 

CF Dumbría 1-0 Xallas FC

Era o duelo da xornada, os dumbrieses chegaban tras caer por segunda vez no campionato, a semana pasada, e con 4 vitorias, e os xalleiros, con 5 vitorias e tan só unha derrota. Un gol de Xabier a hora de encontro, (63´), foi suficiente para levarse a vitoria os de Pablo Conde, e igualar en todo aos dous equipos costeiros.

 

CF Mazaricos 1-0 SD Agolada

Un gol de Mario Núñez a volta de vestiarios, tralo descanso, deulle a segunda vitoria do campionato aos mazariquenses, nunha tarde na que o forte vento foi o maior enimigo dos xogadores. Co trunfo dos de Mazaricos, que suman 8 puntos, os mesmos ca o Agolada, que os precede, e 4 equipos máis, o que fai que a zona intermedia da liga, esté nun pano e a só 3 puntos do 6º, Cordeiro CF.

 

SD Negreira 4-1 Soneira SD

Tralo empate da pasada semana ante o Mazaricos, nun choque no que os de Pedro Gómez, fixeron dabondo para levarse os 3 puntos, os vimianceses buscaban facer bo o punto anterior, pero as cousas xa se torceron dende moi cedo, xa que aos 4 minutos de xogo, José Caamaño, adiantaba aos nicranienses, e a media hora de xogo, Gonzalo, abría fenda no marcador. Xa nada máis comezar a segunda metade, voltaban a encaixar os vimianceses, cun tanto de Isma Pedrosa, (48´), e a hora de xogo, xa quedaba todo decicido, cun tanto de Chrístian, (63´). Javi o Rubio, facía o gol da honra no 70.

 

SCDR Esteirana 3-3 Puebla FC

Deixou escapar o equipo esteirán unha ventaxe de 2-0, para logo ver como lle remontaban o encontro, e salvar un punto no desconto final. Rober Pladur aos 4 minutos de xogo, e Raúl Lestón no 21, poñían en clara ventaxe aos das Salinas, pero antes do descanso, Alejandro, (42´), e a volta de vestiarios, Marcos Lado, (57´), e Miguel Pérez, (71´), dábanlle a volta o marcador. Raúl Lestón, apareceu o rescate no desconto, para poñer o definitivo 3-3, nun choque que se veu moi interrumpido no treito final, por continuas faltas e cartóns amarelos.

 

CD Baio 3-3 SD Tordoia

Remontou o equipo baiés, o gol inicial de David López para os de Tordoia, (2´), con goles de Martín MC, (14´), Aday, (24´), e un gol en propia porta de Jorge Liñares, (23´), resultado de 3-1 co que se ían a vestiarios, pero o equipo visitante non tirou a toalla e primeiro de penalti, cun tanto materializado por Óscar Andrade, (76´), e pouco despois cun tanto de Manuel Vázquez, (84´), conseguían salvar 1 punto, e que os de Baio dixeran adeus a dous. Nos prolegómenos do encontro foi homenaxeado Julio Castro, diretivo do clube, coñecido coma Señor Julio, e que leva no clube baies dende 1982.

 

RESTO DE RESULTADOS

CF Vista Alegre 0-1 SD Cruces

Cidade de Ribeira CF 2-1 CF Silleda

SR Calo 1-1 Flavia SD

CD Lalín 2-2 Cordeiro CF

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies