O Atlético Carballo sigue forte e suma a sexta vitoria en seis encontros e por detrás ten o veciño Cances que a 2 puntos vencía pero Tan só o Malpica perde dos 4 de arriba, con goleadas do lider. Atlético Carballo, Cances e Mazaricos, relegando estes últimos o Malpica, que perdía ante o Leiloio, (2-1), a cuarta posición.
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
Leiloio e Buño no Feira Nova fai duas semanas.
-ENCONTRO ESTELAR-
CV Leiloio 2-1 Veteranos SCD Malpica
Derbi malpicán no que os capitalinos tiñan que gañar para seguir presionando ao lider Atlético Carballo e ao Cances, sendo eles presionados polo Mazaricos. Adiantouse o Leiloio por medio de José Luis, resultado co que se chegaba ata o descanso. Nada máis comezar a segunda metade Carlos empataba para os malpicáns, pero a resposta dos leiloieses era inmediata, pois dous minutos despois Ricardo poñía de novo os locais por diante. A insistencia dos visitantes non foi suficiente para polo menos rescatar un punto e deixa aos de Malpica a 8 puntos do lider.
Goles : 1-0, José Luis, (14´); 1-1, Carlos, (48´); 2-1, Ricardo, (50´).
Campo : Feira Nova, (Leiloio)
Árbitro : David Castreje : Non amosou nigún cartón.
-PREVIA 8ª XORNADA-
-Foto : Juan Abelenda
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR