CRÓNICAS 6ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “OS PINCHAZOS POR ARRIBA APRETAN A CLASIFICACIÓN”.

 

Crónicas 6ª Xornada

SD Coristanco 0-2 UD Cerqueda

Encontro no que o dominio do balón foi do Corristanco e a eficacia goleadora foi do Cerqueda, que a pesares de verse dominado foi quen de adiantarse por medio de Sergio Martínez, (20), e cos scoristanqueses a por todas, facer o segundo no treito final, por medio de Kevin Reino, (81´), para ter un tranquilo final de encontro. Sería expulsado o adestrador dos coristanqueses, Juni, con vermello direto no 75.                                     

 

CD Muros 0-0 Outes FC

Freou o equipo muradán ao da Serra, que só sabía o que era gañar, dende o inicio da liga, pero se lle fallou os outeses a sua facete de con un só gol gañar, non lle fallou a de manter a porta a cero, pois ainda non saben o que é recoller un balón do fondo das redes. A pesares das gafas no resultado, tiveron boas ocasións tanto uns coma outros, (en especial os locais), pero os metas estiveron soberbios, en especial o meta dos da Serra Álex, que detivo unha pena máxima.

 

Cabana e Corme ofreceron un bo encontro.

 

Corme CF 3-2 Cabana SD

Un tempo para cada equipo no Cairo. Primeiro foron os cabaneses os que aseataban dous golpes na meta cormelana, Samu Costa, desviaba a gol un disparo visitante no 9, e Aarón facía o segundo pouco despois. puido ampliara a ventaxe o equipo cabanés, ppero unhas veces Adrián, e outros a sua defensa, ou erros de definición, `priváronos dun resultado mellor. Na segunda metade e co forte vento a favor os cormeláns conseguían empatar o choque con goles de Miguel, (55´), e Lucas, (77´). Os visitantes marcaban por medio de Manuel, pero o gol era anulado, e moi protestado. Tamén pediron un par de penaltis, pero quen se levaba a palma era Noel, que facía no 84 o gol da remontada e dos 3 puntos.

 

UD Monte Louro 0-1 UD Corcubión

Mal día para deixar de fumar, dirían o acabar o encontro os de Louro, que o deron todo, dispuxeron de moitas ocasións de perigo e de gol, pero que vían como na segunda metade o Corcubión aproveitaba a que tiña, por medio de Adrián, (55´). Buscou de tódolos xeitos o gol o equipo local, e máis ca expulsión de Antón por parte corcubionesa, (76´e 86´). Pero o gol non chegaba. Moitas faltas e paróns no tramo final, en especial no eido de defender o resultado por parte dos visitantes. Tamén sería expulsado o local, Juan Lois, con vermello direto no desconto final.

 

UC Cee 3-0 SD Castriz

Encontro que se levou o que máis atinado estivo de cara a porta, e que máis completo en defensa, e ise foi o UC Cee, que se adiantaba por medio de Bruño Romero aos 12 minutos de xogo, e que ampliaba a ventaxe antes do descanso por medio de Ezequiel, que transformaba unha poena máxima, (33´). Os xalleiros topábanse duas veces ca madeira, e de novo Ezequiel, no 72 finiquitaba o choque.

 

Muxía CF 3-2 Ponteceso SD

Chegaba o Ponteceso a Muxía con tan só 12 xogadores, para un encontro que se supoñía moi esixente, polo rival, e polo forte vento, e foi quen de aguantarlle todo o encontro aos muxiáns, e adiantábanse por medio de Alberto Recarey, (28´), pero logo empataban os muxiáns tras sacar de centro por medio do “Gran capitán”, Michael, (29´). O dominio era dos da Vila da Barca, propiciado polo vento a favor. Xa na segunda metade e co vento en contra, Mauro Romanía, facía o gol da remontada, (70´), e desta volta eran os pontecesáns os que respondían no acto. Ángel Pérez facía o 2-2, (73´). Foise arriba con todo o equipo muxián, aproveitando que os da Vila de Pondal, andaban baixos de forzas, e o gol da vitoria, por insistencia, chegaba no descotno final, por medio de Javi Toja. Antes no 84 era expulsado con vermello direto o adestrador dos muxiáns, Diego Lobelos.

 

SD San Lorenzo 3-1 Camariñas FC

Mellor o Camariñas na primeira metade, na que dominou e adiantouse por medio de Djibril, (5´), pero igualarían os de Verdillo, por medio de Iván Rojo, (47´), a volta de vestiarios, e remontaban de penalti transformado tamén por Iván Rojo. Luciano no 73 cortaba calquer atisbo de puntuar para os camariñáns.

 

SD Oza 1-0 Volantes de Baño FC

Primeiro trunfo para o Oza, cuaxado a raiz dun penalti transformado por Nico Huber aos 9 minutos de xogo. Na sehgunda metade os de Baño tiraríanse arriba con todo, pero non chegaría o empate. Quedaban no desconto final, cun menos por expulsión con dobre cartón de Borja Vázquez.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ.

-Tódolos resultados do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia

-Foto Corme-Cabana : Eduardo Cambón