-CRÓNICAS 6ª XORNADA-
CD Nantón 1-0 SD Camelle
Fixo méritos o Camelle para levarse algo das Fontiñas, pero foi o equipo nantonés o que estivo atinado, cando todo apuntaba a táboas. No desconto final Redondo dáballe o trunfo aos seus.
CF Castrelo 3-0 CF Lira
Encontro que ía abocado o empate sen goles, pero que rompeu o equipo da parroquia vimiancesa nos derradeiros 10 minutos. O gol de David Villaverde fíxolle moito dano ao equipo liracho, que acababa baixando os brazos cando Crístian Formoso marcaba en propia porta pouco despois. Iván Cháns facía o terceiro no desconto.
SD Laxe 2-2 Atlético Pereiriña FC
Comezou ben o encontro para os laxenses que se adiantaban por medio de Bieito con tan só 4 minutos gastados, pero o dominio foi caendo do lado ceense que remontaba na segunda metade con dous goles en 5 minutos, por medio de Martín Pérez, (70´) e Carlos Antelo, (75´). Reaccionaba o equipo do Cabo d´area, e empataba no desconto.
SD Ameixenda 3-1 SCD Malpica
Primeira vitoria do campionato para os da Ameixenda, que cuaxaron un bo encontro en liñas xerrais. Javier Carballo facía o 1-0 ao cuarto de hora de encontro, e Jorge Trillo poñía terra de por medio, 2 minutos despois, e Yunior pechaba o encontro a media hora de xogo. A segunda metade foi do Malpica que buscou meterse no encontro, pero o gol que o podía facer, chegou demasiado tarde. Era Alberto Hombre, o que marcaba o gol da honra no 82.
Sporting Seaia CF 1-3 CD Baiñas
Encontro igualado, que puido caer de calquer lado. Comezou pegando o equipo baiñés, por medio de Brais Tajes, (16´), pero pronto empataban os seaieses, cun gol de Isaac, (21´). A media hora de xogo, Crístian voltaba a poñer por diante aos de Baiñas. Na segunda metade o equipo malpicán buscou o empate e tivo ocasións como para acadalo. O treito final do encontro tornouse bastante brusco, con moitas faltas e con ata 7 cartóns no derradeiro cuarto de hora, sendo expulsado por dobre cartón, o local, Diego. O terceiro dos baiñeses chegaba no desconto por medio de novo de Brais. Un trunfo que pon de colider ao CD Baiñas, co Porteño, trala derrota do Zas.
CF Porteño 2-1 Xallas FC “B”
Fixo sufrir o filial do Xallas ao Porteño na Grixa. Lucas Caamaño adiantaba aos porteños ao fío do descanso, (45´). O propio Lucas facía o 2-0 nada máis desmontar do descanso, (48´). Buscou o gol que os puxese no encontro o equipo visitante e consigueuno no 70 por medio de Luis Mourelle. Ata o final fíxose acreedor o empate, pero o Portgeño defendeuse con unllas e dentes. Traballada vitoria que aupa os da Ponte do Porto a primeira praza cos memos 16 puntos co Baiñas.
SCD Buño 4-1 Sporting Zas
Tirou da nube o Buño a un Zas que só sabia o que era gañar no que vai de liga. Non se pareceron os zacenses en nada ao equipo que foron ata o de agora, e todo gracias ao bio traballo dos oleiros, que xa poñían terra de por medio no primeiro cuarto de hora de encontro, con goles de Iván, (8´) e Luis Castro, (15´). Xa na segunda metade Fran Santiago poñía o 3-0, (63´), e as cousas moi costa arriba para o que chegaba como lider. Omar, finiquitaba o encontro antes de tempo, (80´), e de penalti Brais, facía o definitivo 4-1.
CLASIFICACIÓN
-Resultados de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ.
-Tódolos resultados e Clasificacións do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ
-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.
-Foto e Texto : piratasdemuxia