2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-6ª Xornada-
Grupo 2
UD Cerqueda 1-10 UD Carral
Repaso do Carral a un Cerqueda que chegaba con 14 xogadoras e que xa se ía a vestiarios perdendo 7-0, na primeira metade. Baixou o ritmo o equipo carralense na segunda metade, na que o gol cerquedense que supoñía o 1-10, era obra de Paula Veiga aos 77 minutos de xogo. Continúan sen puntuar as da parroquia malpicana.
Ponteceso SD 1-0 SDC Órdes
Sorprendeu o Ponteceso ao Órdes, e suma así o equipo pontecesán o seu segundo trunfo histórico, neste ano da sua fundación. Andrea Varela no 56 era a artífice do gol, que lles daba a vitoria, para sumar así 6 puntos e escalar a 11ª posición de 14 equipos.
Corme CF 0-1 SE Abella SDEC
Un penalti aos 23 minutos de xogo, bastoulle ao Abella, para levarse os 3 puntos do Cairo, ante un Corme, que sempre buscou a igualada. Laura Raña foi a autora do gol visitante. As cormelanas ocupan a 9ª praza cos mesmos 6 puntos co Sporting Cambre e Ponteceso, que veñen por detrás, e co Órdes e Burgo, por arriba a 3 puntos.
Grupo 4
UC Cee 4-0 SD O Pino
Recupera a senda da vitoria o equipo ceense, nun gran encontro, no que Lucía Canosa, (36´) e Lucía Caamaño, (45´), xa deixaban encarrilado o encontro antes de irse a vestiarios. María Lijo, por partida dobre, (62´e 75´), completaba a goleada. As ceenses pechan na 5ª oraza con 13 puntos, os postos de promoción, co Praiña e Cacheiras, por enriba a 2 puntos, e co lider Calo e o colider, Xallas, a 3 puntos, por debaixo Miúdas e Victoria, teñen os memso puntos cas ceenses, polo que stá todo moi apretado.
Gran encontro antre muradanas e dumbriesas.
ED As Miúdas 3-3 CF Dumbría
Novo derbi dos que fan afección, e co Dumbría de novo de participante. Se a pasada semana as rapazas de Fran Figueroa empataban nun trepidante encontro, a tres, co Xallas, desta volta era ante o seu ex equipo, que se adiantaba por medio de Bárbara, (10´), e remontaban as dumbriesas con goles de, Martina, (44´), e de Eva Lema, (46´), este a volta de vestiarios. Sofía conseguía devolver as táboas para as muradanas, (53´), e sen tempo a nada, a sua compañeira, Laura Siera, remontaba, para voltar a poñer as de Muros por diante, (55´). Non decaeu o choque e Ainoa, rescataba un punto para as dumbriesas, (75´), podendo caer de calquera banda o choque ata o pitido final. As Miúdas ocupan a 6ª praza, que da posibilidades de entrar na promoción, cos mesmos 13 puntos do Cee, en promoción, e por debaixo cos mesmos puntos co Victoria. O liderato do Calo e Xallas, está a tan só 3 puntos das de Muros.
Xallas FC 3-1 Cacheiras SD
Brilante encontro das xalleiras ante un rival direto por todo, e que tivo en Olalla Antelo a sua heroina, sendo a autora dos 3 goles xalleiros. O primeiro aos 15 minutos de xogo, gol que neutralizaba Carla para as visitantes, que viñan de golear a semana pasada o UC Cee. Olalla a volta de vestiarios facía o segundo, (47´), e sen tempo a reacción das adversarias, facía o terceiro, (49´). Ata o final futbol control, para sumar 3 novos puntos e seguir colíderes co SR Calo, que derrotaba o Mazaricos de maneira cruel.
SR Calo 15-0 CF Mazaricos
Resultado cruel o que sufriron as rapazas mazariquenses, que non se debía permitir, xa que é unha humillación. Xa non se trata de prebenxamíns, ou benxamíns. Como sempre, estamos en contra destas goleadas, que non lle fan nada bo o fútbol. A primeira metade xa acabou 8-0 para as do Rebordelo
-Foto : FaceBook Veteranos Dumbría
-Texto : piratasdemuxia