PREFERENTE GALICIA GRUPO NORTE 1A
6ª Xornada
Domingo 07 de Novembro
Ezequiel, (SD Fisterra), deu un gran susto.
Puebla FC 2-3 DF Fisterra
Hora : 16:30
Campo : “Da Alta”, (A Pobra)
Colexiado : Javier Pérez Prado
Disputado, emocionante, tenso e accidentado, foi o choque antre os barbanzáns e os fisterráns, un choque no que os locais virron ata 8 cartóns amarelos, por un dos norteños. Iso sí, ninguén repiteu. O choque foi moi disputado e Cea adiantaba aos fisterráns as pirmeiras de cambio, (4´), e non tardaban en empatar os da pobra por medio de Nacho, (11´). Adrián “Makaay” voltaba a poñer por diante aos de Fisterra aos poucos de comezar a segunda metade, (49´), pero voltaban a respostas os pobrenses o igualar por medio de Juan García, (79´). A emoción foi a tónica ata o pitido final, e antes deste, no desconto, Aarón López facía o 2-3 para os fisterráns, que perdían ao xove Ezequiel antes do final, (entrara no 70´), que deu un gran susto, que gracias a Deus quedouse en nada, para o que puido ser, do que nos alegramos enormemente.
Así relataba no día de onte o clube fisterrán o susto levado con Ezequiel e os agradecementos : “Despois do susto vivido onte no encontro fronte a Puebla, hoxe, con algo de calma e tranquilidade, dado que Eze, xa está na súa casa, recuperándos, a SD Fisterra, quere agradecer moitas cousas, en primer lugar a directiva da PUEBLA FC, polo trato, a preocupación, o bo servicio prestado e a súa axuda levando a un dos nosos directivos ata o hospital onde trasladaban a Eze, para estar alí cando chegase a ambulancia; ó linier, que dada a casualidade de ser un sanitario e que foi de gran axuda nese duro momento, e a día de hoxe, xa chamou interesandose por Eze o igual que a directiva da Puebla, tamén agradecemos a un aficionado, tamén sanitario, que non dubidou en saltar o terreo e prestar a súa colaboración; a toda esa xente en xeral que estaba a disfrutar dunha xornada de fútbol.
UD Paiosaco 4-2 Laracha CF
Hora : 17:00
Campo : “A Porta Santa”
Colexiado : Ignacio Crespo Rodríguez
Tras pasar un derbi prácido ata preto do final con un marcador de 3-0 con goles de Pombo, (19´), Martín, (21´) e Chrístian, (50´), cegou op gol dos laracheses no 79´por medio de Alberto. Un segundo gol dos da Laracha pouco despois por medio de Dani Real, (85´), fixo temer aos de Peisaco que dilapidaran unha estupenda ventaxe, pero no desconto apareceu Adrián para tranquilizar o choque e sumar a terceira vitoria para os peisaqyeses que se enganchan a zona nobre.
Atlético Arteixo 6-0 Agrupación Estudiantil
Hora : 12:00
Campo : “Ponte dos Brozos”
Colexiado : Daniel Barrera Rodríguez
Repaso do lider indiscutible ao equipo lucense que veu como os arteixáns xogaban o tenis con eles. Pablo, (6´). e Iker, (19´), fixeron os goles da primeira metade, na segunda os arteixáns pasaron o rodillo e completaron un “set en branco” con goles de Miguel Taibo, (60´), Aitor, (66´e 84´) e Iago, (88´).
SD Dubra-Xallas FC
(Suspendido)
Hora : 17:00
Campo : “Reboredo”, (Arca-O Pino)
Colexiado : Pablo Rama Cotelo
Encontro suspendido no minuto 55 de xogo por un apagón no Municipal da Alta, cando o marcador era de 2-0 a favor dos dubreses.
Resto de encontros :
SD O Pino 1-1 CD Boiro
Sigüeiro CF 2-0 Boimorto CF
CLASIFICACIÓN
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : FaceBook SD Fisterra
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR