Aquí tes nun só artigo as crónicas dos nosos equipos na Preferente Norte, e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. Esta é unha web caseira e por tanto as veces non podemos achegarnos as cousas como queixéramos por mor de asuntos laborais, as veces, e outras de saude, ou persoais, xa que fago todo eu. Esperamos en breve poder traervos as crónicas coma estes anos co comentario do adestrador do equipo, pero agora mesmo énos imposible.
Aquí as tedes dunha maneira distinta e seguindo a cronoloxía da acta que publica a RFGF, que pode estar equivocada e algún gol, ou goleador, estar equivocado en cronoloxía ou nome.
PREFERENTE NORTE
-5ª Xornada-
SD Sofán 2-1 CD As Pontes
Traballada vitoria do Sofán que se adiantaba por medio de Braias o fío da primeira volta e que vía como antes da hora de xogo os das Pontes empataban por medio de Rubén. Non se escondeu o equipo sofanista e conseguía poñerse de novo por diante nos instantes finais. Un par de minutos antes do gol de Marcos, os visitantes quedaban cun menos por expulsión de Martí que vía o segundo amarelo no 82.
Goles : 1-0, Braian, (42´); 1-1, Rubén, (57´); 2-1, Marcos, (86´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO : PREME AQUÍ
1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO
-5ª Xornada-
Segunda derrota consecutiva do Baio no seu feudo.
CD Baio 0-3 SD Agolada
Nova derrota dos baieses no Platas Reinoso, ante un Agolada que chegaba cos mesmos números cos de Félix Raposo, pero que tras pasar por vestiarios vían como os visitantes se poñían por diante cun gol de Alejandro, pasada a hora de xogo. O gol sentáballe mal aos branquiazuis que recibían pouco despois o segundo, que xa era iun mazazo pois 5 minutos despois recibían o terceiro e difinitivo, que pechaba o encontro con máis dun cuarto de hora para o final. Foron 11 mintos que tiraron por terra todo o bo feito ata encaixar o primeiro gol no 63.
Goles : 0-1, Alejandro, (63´); 0-2, Alexandre, (69´); 0-3, Alexandre, (74´).
SD San Lorenzo 1-0 CF Dumbría
Un penalti antes da media hora de xogo deulle os 3 puntos aos de Berdillo, nun choque con gran ambente e emoción ata o pitido final, pois os dumbrieses buscaban a igualada, namentras que os locais tentaban facer o segundo e matar o encontro. Quinto gol de Díaz, lidera a táboa dos goleadores con dani Silva do Valiño e Alberto Fraga do Tordoia.
Goles :1-0, Juan J. Díaz, (27´de penalti).
CD Sport Team Estrada 0-1 SD Fisterra
Chegaba a Estrada o Fisterra sen o seu artilleiro Isaac Fábregas que se lesionaba a pasada semana no derbi en Dumbría, pero un gol do zagueiro Javier Pacín canso se estaba a chegar o ecuador da primeira metade chegáballes para levarse 3 puntos do Municipal Manuel Regueiro. O final do encontro foi moi trabado con moitas faltas e os fisterráns, xa no desconto final, quedaban cun menos o ver o segundo amarelo Luis Lago, tamén había nese intre un expulsado no equipo estradense, era o 2º adestrador Antonio coto.
Goles : 0-1, Javier Pacín, (19´).
CD Unión 2-3 SCDR Esteirana
Encontro que se lle puxo moi costa arriba moi pronto aos esteiráns que marcaban en propia porta aos 2 minutos de xogo. Conseguía por medio de Brais neutralizar o gol dos rianxeiros, pero pouco lles duraba a ledicia pois 3 minutos despois voltaban a poñerse por diante os locais cun tanto de Nieto. A reacción esteirana tamén foi rápida e Carlos Rama igualaba a contenda. Tralo paso por vestiarios e con todo por decidir, os que se levaban o parrulo a auga eran os esteiráns, que se poñían por diante por primeira vez no encontro, cun gol de Kevin Lariño, que entrara na segunda metade, a hora de xogo, e que era expulsado con vermello direto no treito final do encontro.
Goles : 0-1, Simón, (2´en propia porta); 1-1, Brais, (23´); 2-1, Nieto, (26´); 2-2, Carlos Rama, (30´); 2-3, Kevin Lariño, (75´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO : PREME AQUÍ
-Foto : Luis González Botas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”