CRÓNICAS 5ª XORNADA LIGA DA COSTA : “TODOS SEGUEN MIRANDO PARA ARRIBA E VEN A UN OUTES QUE SEGUE CO PLENO DE VITORIAS”.

 

Crónicas 5ª Xornada

UD Cerqueda 0-3 SD San Lorenzo

Un tempo para cada equipo, pero mellor eficacia de cara a gol para os de Verdillo. Ainda que foi mellor na primeira metade o Cerqueda e fixo méritos para adiantarse no encontro, foi o equipo carballés, o que se adiantaba por medio deEloy, (28´), o aproveitar un erro defensivo. Non lle quedaba outra o equipo cerquedense que irse arriba, pero encaixaban o segundo a saida dun saque de curruncho, por medio de Iván Rojo, (52´). O definitivo 0-3 chegaba no treito final, por medio de novo de Eloy, (85´).                                              

 

Camariñas FC 1-1 CD Muros

Soubo nadar mellor o Muros nun Hermanas Patiño en moi malas condicións pola chuvia, e adiantábase por medio de Thiago aos 20 minutos de xogo. Buscou o equipo camariñán igualar o encontro, pero non foi quen en toda a primeira metade, e a piques estivo de non conseguilo na segunda, pois foi xa en tempo de desconto cando Hugo rescataba un punto, para seguir na brega da loita por todo.

 

Cabana SD 2-1 SD Oza

Mellor o Oza na primeira metade que ata puido adiantarse no marcador, pero xa na segunda o equipo cabenés foise facendo dono do encontro e adiantábase por medio de Aarón, (71´), e pouco despois mataba o encontro cun tanto de Manuel, que voltaba tras estar lesionado. David dáballe emoción o treito final do encontro co gol dos oecenses, (88´).

 

UD Corcubión 1-2 SD Coristanco

Fermoso encontro para os espectadores do Novo Cubaleiro, no que houbo de todo, goles, un expulsado por cada banda, e ata un penalti errado. Mellor o Coristanco na primeira metade pero faltoulle gol. Neste primeiro tempo eran expulsado por parte corcubionesa Ignacio, (13´), e por parte do Coristanco, Corral, (11´e 40´), o primeiro con vermello direto. Xa na segunda metade chegaba un penalti, que lanzaba Dani Castiñeiras, que paraba o porteiro, o rexeite era mandado a madeira e no segundo rexeite marcaba Javier, (65´). Non lles duraba moito a ledicia, pois pouco despois, (70´), empataba César para os corcubioneses. Tras varias ocasións por ambas partes, Castiñeiras, (85´), facía o segundo dos coristanqueses, nun choque no que o máis xusto tería sido un empate.

 

SD Castriz 1-2 Corme CF

Moitas baixas no equipo cormelán que tivo que tirar dos xuvenís, para esta complicada saida. Foi mellor o equipo xalleiro na primeira metade e puido adiantarse no marcador, pero esgotaríanse os primeiros 45 minutos sen goles. Xa na segunda metade, Hugo sorprendía o meta local, e a todos, cun zapatazo cáseque dende medio do campo, para facer o 0-1, (55´). Foron a partires de aí os mellores momentos dos visitantes, que ata puideron facer ó 0-2. Repúxose o Castriz, e tirouse arriba, pero faltou efectividade para empatar. Xa no deconto chegaría o segundo dos cormeláns, por medio de Samu Costa, nunha xogada de pícaro ao sacar rápido unha falta, e o gol dos xalleiros, por medio de Gemelo.

 

Ponteceso SD 2-2 UC Cee

Reparto de puntos e de golpes antre os pontecesáns, e os ceenses. Comezaba dando o equipo da Vila de Pondal, que se adiantaba por medio de Mendieta aos 35 minutos de xogo, resultado co que se ía a vestiarios. Os poucos de comezar a segunda metade Isaac Fábregas empataba para os ceenses, (52´), pero pouco lles duraba a ledicia, pois 5 minutos despois, repetía mMendieta para os locais, (57´). O giol do empate tamén tería mesmo protagonista para os da Vila da Xunqueira, Isaac, batía a Maikel no 87, e xa non se movería o marcador.

 

Outes FC 1-0 Muxía CF

Faltoulle o gol o Muxía, cousa da que está adoecendo nos derradeiros encontros, e que fan que sume a segunda derrota do encontro. Non así o Outes que ten na sua eficacia e boa defensa o seu maior valor, e pouco lles fai falla para levarse o trunfo. Estalle a bastar con marcar, e así o fixo. Levou o peso do partido e sumou numerosas ocasións o equipo muxián, pero unhas veces o porteiro, outras a defensa, outras a falla de puntería, e ata a madeira, privaron de materializar ningún tanto, nun choque que se voltou brusco no treito final. O gol da vitoria local, chegaba cun tanto de Adrián Liste a hora de xogo. 

 

Volantes de Baño FC 1-4 UD Monte Louro

O Monte Louro levouse o derbi muradán nunha gran segunda metade, na que lle pasou por enriba aos de Baño. Tras unha primeira metade igualada e que acababa con empate a ceros, chegábase a unha segunda na que os loureses marcaban por medio de Iker, (50´), non tardaba en chegar o segundo, pois dous minutos despois Xián volvía a batir a Álex, un tanto que lle sentaba moi mal o equipo local, cousa que aproveitaba Abel, para facer o terceiro. A partires de aí, fútbol control por parte visitante e máis corazón que cabeza no local, para buscar meterse no encontro. No 77, Benji disparaba a porta e o balón era desviado a gol. O gol da honra dos de Baño chegaba ao fío do encontro por medio de Mayo, (80´).

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ.

-Tódolos resultados do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia