CRÓNICAS 5ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “CASTRÍZ NOVO LIDER, NUNHA XORNADA CON SORPRESAS”.

 

-Crónicas 4ª Xornada-

De novo unha xornada prolífica en canto a goles con un total de 35, e iso que en Camariñas non se moveu o marcador e en Louro só un gol, un gol que lle da o liderato en solitario ao Castríz, tralo empate do lider Mazaricos en Camelle, nun encontro que gañaba por 1-4 no minuto 90 e que se topou cun Camelle de “Seda da boa”, como di o seu slogan e empatou no descoonto con 3 goles en poucos minutos. A maior goleada da xornada foi a que lle infrixiu o Corme o Volates a domicilio, (0-8), e por outra banda o Outes e o cabana xa saben o que é gañar, polo que queda só o Volantes sen puntuar. Os cabaneses derrotaban ao Ponteceso a diomicilio, (2-3), e os da Serra sorprendían o Baiñan no Municipal de Vimianzo, (0-3). 

 

O Mazaricos deixou escapar unha ventaxe de 1-4.

Vídeo do 3-4.

 

SD Camelle 4-4 CF Mazaricos

Gran machada dos camelláns ante un dos máximos favoritos ao ascenso. No primeiro minuto de xogo Adrián Pasantes abría o marcador, pero pouco tardaba en remontar o equipo mazariquense con goles de Rachón e Esteban Pereiro. A volta de vestiarios Sueiro facía o terceiro dos visitantes e no 88 Marcos marcaba o que parecía o gol da sentenza. As confianzas dos amarelos tiveron un mal final, pois no derradeiro minuto de tempo regulamentario, Adrián Pasantes acurtaba distanzas e pouco despois sen nada que perder o meta dos camelláns, Roi, subía a un saque de curruncho, e no barullo no área caíalle diante o balón, tentaba o gol e quedáballe franca o seu compañeiro Ruso que mandaba o coiro ao fondo das mallas para o 3-4. Ainda sen asimilalo os mazariquenses Adrián Pasantes facía o do empate. Destacar o limpo que foi o encontro, no que o colexiado fisterrán David Castreje non asniou ningún cartón.

Goles : 1-0, Adrián Pasantes, (1´); 1-1 Rachón, (14´); 1-2, Esteban Pereiro, (18´), 1-3, Sueiro, (55´); 1-4, Marcos, (88´); 2-4, Mario, (89´); 3-4, Ruso, (90); 4-4, Adrián Pasantes, (90´).

 

Volantes de Baño FC 0-8 Corme CF

Continua a sangría de goles no Volantes que xa veu 24 en 5 encontros e tan só anotou 4, sendo o colista en solitario e o único equipo que ainda non puntuou. O Corme deixou o encontro solventado en menos de madia hora de xogo con goles de Alejo, (2) e Isra, e irían o descanso cun craro 0-4, cun tanto marcado por Marcos. Na segunda non baixou o pistón o equipo cormelán e Alejo, Adrián, (2) e Sergio completaban a goleada. O colexiado José Luis Reboredo non amosou ningún cartón.

Goles : 0-1, Alejo, (4´); 0-2 Alejo, (8´); 0-3, Isra, (29´); 0-4, Brais (36´); 0-5, Alejo, (52´); 0-6, Adrián, (55); 0-7, Adrián, (66´); 0-8, Sergio, (84´).

 

UC Cee 1-4 CF Porteño

Segue a amosar moi boas maneiras o recén ascendido porteño e foi quen de sometar ao equipo ceense que vía como as primeiras de cambio o equipo da Ponte do Porto adiantábase no marcador cun gol de Alan, e a pesares de que conseguían protno igualara contenda os de Rafa Suáres cun tanto de Bruno, vían que tras sacar de centro os porteños remontaban cun tanto que Juan Oreiro desviaba ao fondo da sua propia porta para facer o 1-2 na sua contra. Alan repetía pasada a media hora de xogo para irse a vestiarios cun bo resultado de 1-3. Xa na segunda metade un penalti a favor dos visitante pasada a hora de xogo e que materializaba Brais sentenzaba o encontro.

Goles : 0-1, Alan, (2´); 1-1 Bruno, (21´); 1-2, Juan Oreiro, (21´ en propia porta); 1-3, Alan, (39´); 1-4, Brais, (66´de penalti).

 

CDBaiñas 0-3 Outes FC

Primeiro trunfo do Outes nun gran encontro dos da Serra e nun campo dos máis complicados da liga. Aarón e Adrián dábanlle unha boa vatnaxe aos da Serra antes do descanso. Na segunda o Baiñas tratou de marcar ese gol que os metera de cheo no encontro, pero non chegou e si chegou o dos outeses pasada a hora de xogo. Un gol que xa foi definitivo, e unha vantaxe que souberon xestionar os visitantes ata o pitido final.

Goles : 0-1, Aarón, (26´); 0-2, Adrián, (34´); 0-3, Pablo, (69´).

 

Michael Vilela fixo o primeiro dos muxiáns.

 

CF Muxía 4-1 CD Muros

Gran encontro dos muxiáns que suman a segunda vitoria consecutiva e parecéndose máis ao equipo da pasada tempada. O veterán central Michael Vilela facía o primeiro dos da Vila da Barca e practicamente tras sacar de centro os muradáns chegaba o segundo por medio de Manu Nogueira. A volta de vestiarios Iago Muiño sentenzaba para os muxiáns, e pasada a hora de xogo darío facía o 4-0. O gol da honra dos muradáns chegaba no desconto por medio de Xavi. Con esta vitoria os de Nando e Pioto acércanse a cabeza da táboa acabando esta xornada na cuarta praza a 4 puntos do novo lider, Castríz.

Goles : 1-0, Michael, (11´); 2-0, Manu Nogueira, (13´); 3-0, Iago Muiño, (47´); 4-0, Darío, (64´); 4-1, Xavi, (desconto).

 

Camariñas FC 0-0 SD Coristanco

Terceiro empate para os da Terra da Pataca e primeiro para os camariñáns, nun choque que puido caer de calquera parte e que aguantou a emoción e a tensión ata o pitido final.

Goles : 0-0

 

UD Monte Louro 0-1 SD Castríz

Un gol de Braulio antes da media hora de xogo deulle a vitoria e o liderato en solitario ao equipo de San Pedro de Castríz, nun choque que tivo moito xogo brusco e no que o colexiado Sergio Míguens amosou 10 cartós, 6 para os loureses e 4 para os xalleiros. Moitos paróns no xogo pero a emoción durou ata o pitido final.

Goles : 0-1, Braulio, (29´).

Ponteceso SD 2-3 Cabana SD

Primeira vitoria da tempada para o Cabana que tras adiantarse no marcador cun tanto de Miguel e irse a vestirios ca vitoria parcial, vían como os pontecesans lle igualaban nada máis reanudarse o encontro cun tanto de Hadrián, e remontaban un minuto despois cun gol de Alberto Recarey. Os cabaneses igulaban de novo pasada a hora de xogo e metíanlle a guinda o encontro ca remontada cun gol de Raúl.

Goles : 0-1, Miguel, (20´); 1-1, Hadrián, (48´); 2-1, Alberto Recarey, (47´); 2-2, Pablo, (66´); 3-2, Raúl, (87´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ