-CRÓNICAS 5ª XORNADA-
CF Lira 2-1 CD Nantón
Volve a senda da vitoria o equipo liracho, trala derrota da semana pasada ante o Laxe, (2-1), e o empate sen goles de fai duas semanas ante o Camelle, (0-0). Non foi un encontro doado, ante un Nantón pleno de moral, trala goleada da pasada semana o Malpica, (4-0). Adiantábanse os nantoneses aos 17 minutos cun tanto de Redondo,, gol que neutralizaba Óliver no exuados da primeira metade, (24´), o transformar unha pena máxima. Cando todo apuntaba a reparto de puntos, Rubén Lago, salvaba o encontro cun tanto no desconto final.
SCD Malpica 2-2 CF Castrelo
Primeiro punto do campionato para o Malpica, nun choque no que se deron tódolos golpes na primeira metade, pois o gol inicial do viminacés, Jorge Quintáns, aos 14 minutos de xogo, respostou o malpicán, Kevin, (20´), e se se poñían por diante no marcador os da “Vila da vida”, cun tanto de Alberto, (22´), o gol era respostado por Adrián para os de Castrelo, (37´). Tanto reparto de golpes, non tivo continuidade na segunda metade, na que non se movería o marcador.
Atlético Pereiriña FC 2-3 CF Porteño
Trunfo “in extremis” dos da ponte do Porto, que remontaban o gol inicial de Carlos Antelo, (17´), con tantos de Cabanas, (40´), e Lucas Caamaño, (44´). Tralo segundo gol dos porteños os equipos enfilaron a caseta. Esteban Lema, empataba para os da parroquia ceense aos 76 minutos, e o gol da vitoria dos visitantes chegaba por medio de Ángel, no desconto final, deixando aos pereiriñeses ca mel nos beizos.
CD Baiñas 5-0 SD Ameixenda
Encontro controlado na sua totalidade polos baiñeses, que se ían o descanso ca vitoria parcial de 2-0, con goles de Crístian Canosa, (22´e 43´). A volta de vestiarios, Esteban xa diexaba o choque resolto, (55´), e sen tempo a nada, Anibal, poñía o cuarto, (59´), e pouco despois o quinto, (75´). Os amexeindeses xogaron o derradeiro treito de encontro, por expulsión do dianteiro Crístian Caamaño, por dobre cartón, (78´e 84´).
Sporting Zas 2-1 Sporting Seaia CF
Plantoulle cara o equipo de Seaia o lider, intratable, que suma a sua quinta vitoria en 5 xornadas disputadas. Non lle foi doado o encontro o lider, e se se adiantaba aos 20 minutos por medio de Darío, respostáballe o equipo malpicán, cinco minutos despois, empatando por medio de Sergio, (25´). O gol da vitoria local, non chegaba ata o treito final, cando Juan Álvarez, (85´), batía a Ánxo Pérez.
Xallas FC “B” 2-3 SCD Buño
A piques estivo de tirar por terra o equipo oleiro unha suculenta ventaxe de 0-3. Adiantáronse os de Buño aos 6 minutos de xogo por medio de Elías, único tanto que se vería nos primeiros 45 minutos. Xa na segunda metade, Luis Castro abría fenda de por medio, (50´), e Eloy, parecía que sentenzaba o choque, (68´), pero dous goles nun minuto, obra de Kevin, (87´) e Steven, (88´), poñían o encontro baixo presión, ata o pitido final.
SD Camelle 2-0 SD Laxe
Encontro xogado o sábado nun Rodeiro moi pesado, ca enorme cantidade de choiva que caeu durante todo o día, e que fixo un pequeno receso en parte do encontro. O equipo camellán levouse 3 suculentos puntos gracias aos goles de Carlos Suárez, e Adrián Pasantes, cando xa todo apuntaba a un reparto de puntos. Carlos que entrara no 57 sustituindo a Diego, facía o 1-0 no 87. e Adrián apuntalaba o encontro no desconto final.
CLASIFICACIÓN
-Resultados de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ.
-Tódolos resultados do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ
-Foto e Texto : piratasdemuxia