CRÓNICAS 5ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “VITORIA DO AS MIÚDAS, EMPATE NO DERBI ANTRE DUMBRÍA E XALLAS, E DERROTAS DO CEE, MAZARICOS, PONTECESO, CERQUEDA, E CORME”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-5ª Xornada-

Grupo 2

SDC Órdes 3-2 UD Cerqueda

Reacción tardía das cerquedenses que tras ir perdendo por 2-0, (na primeira metade 1-0), conseguían meterse no encontro cun gol de Paula, (78´), pero pronto encaixaban o 3-1, obra de Candela, (85´), e o gol que as voltaba a poñer no encontro chegaba no desconto, por medio de novo de Paula. O Cerqueda, ainda que lle andivo preto, segue sen puntuiar, e ocupa a 13ª praza de 14 equipos que compiten nesta liga.

 

Sporting Meicende 4-1 Ponteceso SD

Tras ir perdendo por 2-0 cos goles locais de Alba, (13´), e Noemi, (39´), pronto acuratabn distanzas as pontecesanas por medio de Andrea, (40´), pero a reacción non continuaba na segunda metade e eran as locais as que acababan goleando, con tantos de Andrea, (74´), e Alba, (84´), que repetían. As da Vila de Pondal ocupan a 12ª praza de 14 equipos, con 3 puntos.

 

UD Carral 3-1 Corme CF

Domingo 06/11/2022 ás 12:15 horasBo encontro na primeira metade das cormelanas, que se repoñían ao gol inicial da local, Nerea, (23´), neutralizado polo tanto de Ana María, antes do descanso, (40´), pero a segunda metade xa se lles faría longa, na procura do empate, e primeiro Ariana, (64´), e despois Sara, (73´), deixaban resolto o encontro. As cormelanas con 6 puntos son as melor clasificadas deste grupo con equipos da costa, ocupando a 9ª praza de 14 rquipos.

 

Grupo 4

Cacheiras SD 3-0 UC Cee

Primeira derrota do curso das ceenses que caen a 6ª praza, tralos resultados desta xornada. O duelo era complicado, xa que se trataba das líderes, que seguen a marcha de cruceiro e suman a 5ª vitoria en 5 xornadas. Un gol de Raiane aos 5 minutos de xogo trastocou o sentido do encontro, as ceenses buscando o empate e as locais, sorprender. Non chegaría o gol que decantaba definitivamente o encontro ata pasada a hora de xogo, cando marcaba Carla, (61´). O gol descentraba as ceenses, que 3 minutos despois sufrían, de novo nas botas de Carla, o gol definitivo.

 

Derbi trepidante en Dumbría.

 

CF Dumbría 3-3 Xallas FC

Extraordinario derbi no Conco, nun choque no que comezaron marcando as dumbriesas, e abrindo fenda no marcador con goles de Kelly, (42´), e Ainoa, (63´), e viron como unha tremenda reacción das xalleiras daba como pé a remontada, con goles de Paula, (64´), Yasmina, (66´), e Olalla, (83´), este último de penalti. Non se viñeron a baixo as de Dumbría, tras este pau, despois de ir gañando ben, e conseguían empatar por medio de Ainoa, no descanso. O CF Dumbría cae a 8ª praza con 8 puntos, véndose superado polo Victoria FC “C”, que suma 10. O Xallas suben a 3ª praza con 12 puntos, os mesmos co segundo SR Calo, e a 3 puntos do lider Cacheiras.

 

AD Nicrariense 0-9 ED As Miúdas

Pouca historia nun choque “raro” no que as locais acudían a cita, no seu propio campo, coas xustas 11 xogadoras, ben e certo que sen o cansancio acumulado de xogar coas mesmas 11 todo encontro, as muradanas, xa se foron ao descanso cun claro, 0-4, con goles de Laura, (2) e Pati, (2). Xa na segunda metade e con este panorama, os goles foron caendo un tras outro. Marcaron no segundo periodo : Laura, (3), e Pati, (2), que foron as estrelas muradanas, e o sufrimento para as nicrarienses. O ED As Miúdas suben a 4ª praza con 12 puntos, un menos cao segundo SR Calo e o terceiro, Xallas FC, e a 3 puntos do lider Cacheiras.

 

CF Mazaricos 0-3 Praiña Sp Club

 Plantoulle cara o Mazaricos a un dos fortes da liga, e tras encaixar no 29 por medio de Silvia, buscaron o gol, ata que no 73 recibían o segundo, obra de Carla, e xa coa baixada de brazos, no desconto recibían o terceiro, por medio de María Vanesa. O equipo mazariquense ocupa a 9ª praza de 14 equipos, con 3 puntos.

 

 

-Foto : FaceBook Veteranos Dumbría

-Texto : piratasdemuxia