Semana positiva para dous dos nosos representantes na 2ª División Galega G1. O Xallas FC, suma a terceira vitoria consecutiva do que vai de liga e engánchase a loita polos postos de loita por non descender, (ainda que é moi pronto para falar desto). O que caeu derrotado foi o equipo muradán do ED As Miúdas, pero foi no derbi coas xalleiras, e para semana repiten derbi, recibindo as ceenses en Muros. O UC Cee sumou a segunda vitoria do curso en 6 minutos extraordinarios. Con estes resultados o Xallas vai6º con 9 puntos a 1 do 3º e a 4 do lider, SCD Pastoriza. Dous postos máis abaixo, no 8º vai o UC Cee, con tan só un punto menos cas xalleiras, e no vagón de cola vai o Miúdas, con 3 puntos dunha vitoria acadada na 2ª xornada ante o Carral, (1-2).
As Miúdas volverán a xogar un derbi para a semana.
Xallas FC 2-0 ED As Miúdas
José Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Bo espectáculo o ofrecido no municipal de Fontenla.
Partido muy disputado pero dominado maiormente polas Xalleiras que seguen en liña ascendente e que nos fomos con dous goles de vantaxe o tempo de lecer, con un gol de Andrea Otero e outro en propia meta, (Sofía). As Miúdas tamén tiveron algunha boa ocasión nas botas de Pati que non atinou diante de Rosio. O Xallas suma 9 puntos nestas primeiras cinco xornadas, nunha competición que se presenta moi igualada onde non hai rival cómodo”.
Luis Ferreiro “Lucho”, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Xallas FC : Rosio; Carla, Saskia, Maite, Andrea Otero; María, Luchy, Andrea Barbeira; Paula Barcia, Yasmina e Olalla
Tamén xogaron: Inés, Zaira, Leti, Laura e Paula Gándara.
ED As Miúdas : Adriana Siaba, Atenea, Elba, Leire, Naiara, Sabela, Pati, Cris, Sofía, Marta e Gala. Suplentes: Adriana, Alba e Aana.
Goles : 1-0, Andrea Otero, (27´); 2-0, Sofía, (44´ en propia porta).
Árbitra : Roberto Baña. Non amonestou a ninguén.
Próximo encontro
SDC San Roque-Xallas FC
-EC As Miúdas-UC Cee
******
UC Cee 3-0 SCD Milagrosa
O equipo ceense volta a senda da vitoria tras unha derrota e dous empates. As rapazas da Vila da Xunqueira non gañaban dende a primeira xornada na que derrotaban por 2-0 ao SD Antas. Tardou en meterlle o dente o equipo ceense ao seu rival, xa que o primeiro gol, obra de Paula Veiga non chegaba ata o 79, un tanto que descolocou a fortaleza defensiva visitante que recibía o segundo 4 minutos despois por medio de Saray, e 3 minutos despois Sharay sentenzaba un choque no que se viron 3 goles en 6 mintos e tardouse máis de tres terceiras partes do mesmo sen que se abrise o marcador.
Buscamos colaborador/a para os comentarios e fotos do UC Cee Feminino, (626 72 00 47)
UC Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Nerea, Paula, Saray, Lucía Caamaño, Sharay, Nayara, Lucía Martínez, Sabela e Laura. Suplentes: Lucía Sieira, Ariana e Minerva.
Goles : 1-0, Paula, (79´); 2-0, Saray, (82´); 3-0, Sharay, (85´).
Árbitro : Manuel Trillo. Non amonestou a ninguén.
Próximo encontro
ED As Miúdas-UC Cee
******
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Texto : Adestradores
-Foto Miúdas : Lucho Ferreiro