CRÓNICAS 5ª XORNADA 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 : “O MUXÍA E O CORME COLLEN FORZA ARRIBA NO MÁIS ALTO ANTE O DESCANSO DO DUUMBRÍA”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores e fotos. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista.

Quinta tirada da 3ª División Galega Feminina G2 e todo segue igual de fermoso. Competencia máxima, derbis en tódalas xornadas e entusiasmo para tódolos equipos, os que xa teñen certa experienza e para os noveis. O lider Muxía CF costoulle levarse os 3 puntos ante o SD Fisterra, pero segue con pleno de vitorias e abre fenda gracias a que o CF Dumbría descansaba nesta xornada polo que está agora a 3 puntos pero tamén as muxianas deberán parar. O Ponteceso acadaba a goleada da xornada nate o novel Outes FC, e destacable tamén a vitoria a domicilio do Mazaricos ante o Bergantiños B. O Corcubión dobregaba ao Cerqueda e o Corme, un dos fortes da competición, derrotaba ao Noia B para seguir a estela das muxianas e superar as dumbriesas para poñerse segundas. As camariñanas da Escola de Fútbol 23Juan cabrejo”, caían ante un resolutivo Cabana e no único encontro sen eqipos da costa o Dubra derrotaba a domicilio ao Nicrariense.

 

-CRÓNICAS 5ª XORNADA-

 

EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo” 0-3 Cabana SD

Juan Cabrejo, (Adestrador do EF Concello de Camariñas) : “Partido no cal creo que foi o resultado demasiado abultado para o que se veu no partido, en tanto que nós na primeira metade  fomos nulas en canto ataque, e creo que nun erro arbitral que se equivoca plenamente, pita unhas mans e no libre direto fannos o gol, custo antes do descanso. A segunda metade foi un querer e non poder, ca porteira delas que estivo inconmensurable, e un par de erros nosos en defensa fannos o segundo e o terceiro. Nada que obxetar, as rapazas mellorando cada semana, que eso é o importante neste primeiro ano, e as rapazas dano todo e cando o dan todo, nada que obxetar. Entrenar e para semana tócanos descansar e preparar o seguinte encontro que nos toca o Muxía “.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Adiantouse o Cabana logo dun lanzamento de falta por medio de Irene e conseguía manter o Camariñas lonxe da porta salvo nos últimos minutos que as locais xa se aproximaron a meta do Cabana sin conseguir anotar. Apretou máis o Camariñas no segundo tempo e Míriam tivo que empregarse a tope, en tiros das locais. Nun ataque pola dereita penalti sobre Alison que marca Irene para poñer ó 0-2 no marcador. Non se rendían as locais que pasaban a dominar, pero nun contragolpes Alison facía o terceiro do Cabana que xa sentenciaba o partido”.

EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo” : Alejandra, Uxía, Rosana, Carla, Paula, Laura López, Nuria, Laura Pose, María, Cristina e Saray. Suplentes: Bea, Maira, Daniela.Natalia e Belén.

Cabana SD : Míriam, Idania, Sheila, Aroa, Valeria (Antia Torres), Inma, Iría (Aitana)), Irene, Alison (Jessi), Adriana (Marina), Saray (Alejandra).

Goles : 0-1, Irene, (11´); 0-2, Irene, (52´de penalti); 0-3, Alison, (80´).

Árbitro : Esteban Domínguez. Amosoulle un cartón amarelo a local, Rosana.

 

Próximos encontros

Cabana SD-CF Muxía

EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo”Descansa

 

******

 

O Cerqueda no Novo Cubaleiro de Corcubión.

 

UD Corcubión 2-0 UD Cerqueda

Santi Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Primeira victoria na casa pero seguimos sen ter sorte pa poder facer unha convocatoria ao completo. Empezamos moi intensas e competitivas e con moi bo xogo chegando a marcar de corner cun bo gol de Ana, antes tiñamos varias ocasions boas, incluido un largueiro. Na segunda máis do mesmo ata que María sentencia co 2-0. Xa nos minutos finales baixamos algo o ritmo pero sen deixar de manter un bo nivel defensivo”.

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que empezamos ben pero no que co paso dos minutos o Corcubion foise facendo co control do partido gracias, principalmente, á diferencia de físico, e boas chegadas polas bandas. En ambas áreas houbo dificultades pa sacalo balón xogado gracias á boa presión dos dous equipos. Malia todo, e despois dun bo arreón do Corcubión que aguantamos ben, finalmente conseguiron adiantarse a balón parado tras botar un corner. Despois do gol o equipo non se veu abaixo e tivemos varios contraataques, pero sen cheghar a crear verdadeiro perigo. Aínda así, xusto antes do descanso puidemos empatar tras un erro defensivo, no que enviamos o balón cerquiña do pau.

Na segunda parte estuvemos mellor, e teriamos de novo unha ocasión pa empatar, pero sería o Corcubión quen abriu distancia no marcador cun tiro axustado ó pau desde o vertice esquerdo da área. Fixemos varios axustes pa intentar crear algún máis perigo pero o Corcubión contrarrestounos ben facendo pola súa parte os seus axustes na defensa. A partir daí o poderío físico do Corcubión permitiulles ir controlando o partido ata o final“.

UD Corcubión : Elena, Alexandra, Victoria, Carla, Cristina, Paula, Ana, María, Claudia, Helena, e Andrea. Suplentes: Elisa, Marta e Sara.

UD Cerqueda : Valeria, Jimena, Lucía, Uxía, Tania, Tatiana, Irene, Sonia, Raquel, Vanesa e Inés. Suplentes : Paula, Alba e María Isabel.

Goles : 1-0, Ana, (20´), 2-0, María, (54´).

Árbitro : Miguel Blanco. Non asinou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CF Noia B-UD Corcubión

UD Cerqueda-Ponteceso SD

 

******

 

As capitanas con Manuel Rodríguez.

 

Ponteceso SD 11-0 Outes FC

Marcos Antelo “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :O Puenteceso SD enfróntabase cun dos equipos de nova creación, rapazas que aínda están comenzando a súa andaina e formación no fútbol e onde as de Curro amosaron un ritmo diferente e máis rodadas nesta competición. As locais poñeríanse por encima no marcador xa no minuto dous, o que lles dou moita máis soltura para continuar o partido e probar a facer un xogo máis rápido e creando grandes xogadas entre todo o plantel .Partido no que as de Ponteceso foron totalmente superiores ante un Outes que a penas puido saír do seu terreo de xogo.

Gran partido da killer Andrea e de Oanes nas que ámbalas dúas conseguiron marcaren un hat-trick facendo a ledicia dos afeccionados locais . Sumaríanse tamén como goleadoras a capitana Eva con dous tantos, un de Mireya, outro de Noemí e un de Silvia. Foi un encontro que permitiu sumar tres puntos con facilidade e que serviron para darlle confianza a un equipo moi sólido e que realizou un gran partido en liñas xerales . Rematamos esta xornada en quinta posición e para a semana teremos derbi como visitantes xa que visitarenos o Cerqueda “.

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Foi un fin de semana complicado pois afrontabamos o partido con moitas baixas. E xa na primeira metade sufrimos duas novas lesións que nos complicaron ainda máis a tarde.
Así e todo pelexamos o que puidemos e tentamos dar a nosa mellor cara ante un Ponteceso que tocaba moi ben o balón en todas as zonas. Mención especial o corpo técnico do Ponteceso e a sua diretiva polo trato que nos deron, no referente as lesionadas sobre todo”.

 

Saúdo inicial dos equipos e o colexiado.

 

Ponteceso SD : María (Colores 46´), Myre (Mantiñan 46´), Ainhoa, Berdeal (Lucivili 55´), Noe (Laura R 46´), Silvia, Oanes, Eva, Andrea, Noemí (Amado 55´), Claudia.ç

Outes FC : Soledad, Claudia Otero, Claudia Carou, Xeila, María Molinos, Míriam, Carla, Nerea, María Engracia, Paula e Natalia. Suplentes: Lara, María Romero, María Soledad, Valeria e Mariña.

Goles : Claudia, (2), Boemi, Myrella e Eva, (1ª metade); Andrea, (3), Sílvia, Eva e Claudia, (2ª metade)

Árbitro : Manuel Rodríguez. Amonestou a visitante Eva.

 

Próximos encontros

Outes FC-AD Nicrariense

UD Cerqueda-Ponteceso SD

 

*****

 

Encontro moi disputado ata o pitido final antre muxianas e fisterranas.

 

CF Muxía 1-0 SD Fisterra

Jose “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Primeiro derbi da temporada onde os dous equipos chegábamos con baixas moi importantes. As nosas baixas eran Patri e Barca e pola deles Andrea e a porteira, xogadoras que marcan a diferencia. Respecto o partido nós slimos coma sempre con presión alta para non deixar sair as contrarias. Durante case media hora conseguímolo, donde as ocasións foron pola nosa parte pero sin demasiado perigo. Despois era todo xogo no medio campo e foron elas as que tiveron 2 ocasións, donde tanto a nosa porteira, como a nosa defensa sacaron ben e chegábamos o descanso co 0-0 no marcador. Xa na segunda parte nos seguíamos igual e no minuto 49 Andrea Piroja marcaba de falta para poñer o 1-0. a  partir do gol xa foi un partido de ida e volta donde nos tivemos máis ocasións. Chegábamos por ambas bandas pero non finalizabamos ben. Elas foron metendo xente arriba creando centros pero sin chegar a rematar, xa que a nosa defensa estibo moi seria. Vitoria pola mínima, 3 puntos máis e a pensar no Cabana”.

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido no que os dous equipos tiñamos baixas importantes .
Foi un partido disputado no que os dous equipos tentamos chegar a portería contraria pero con poucas ocasións de gol. Chegamos o descanso con empate a cero. Saimos dos vestuarios e una falta a 30 metros encaixamos o Único gol do partido. Seguimos traballando en busca do empate que non fomos capaces. Bo traballo das miñas rapazas que o intentaron ata o final pero sen premio. Felicitar o Muxía pola vitoria, e toca seguir traballando para o próximo partido
“.

 

 

CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Paula Vilela, Marta, Raquel, Elsa, Paula, Claudia, Irene Nerea Barrientos e Andrea. Suplentes: Paula Rey, Denise, Sara, Sara, Xeila e Marcela.

SD Fisterra : Jenifer, Paula, Ana Isabel, Lidia, Tamara, María Elena, Xaira, Jimena, Tatiana Aroa e Irene. Suplentes: Elisa, Antia, Zeltia e Rosa María.

Goles : 1-0, Andrea, (49´).

Árbitro : Roberto Baña. Non asinou ningún cartón.

 

Próximos encontros

Cabana SD-CF Muxía

SD Fisterra-Corme CF

 

*****

Bergantiños B que se enfrontou o Mazaricos.

 

Bergantiños FC B 0-1 CF Mazaricos

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Partido decidido por un error en salida de balón. Bergantiños B defensivamente notable e un Mazaricos tendo claro o que facer e aproveitando os fallos nosos (malos pases/controles) o Fem B chegou mais a área rival pero sin finalización. Partido que podía haber quedado 0-0 polo pouco despliegue ofensivo dos dous equipos”.

Juan Tunas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que comezaba moi ben para as nosas mantendo ben o balón e asociandose cas xogadoras de banda. Pouco a pouco o Bergantiños foi collendo os mandos do partido e tendo multiples ocasións onde se puido adiantar. Cando mellor estaban as de Carballo un erro na saida de balón propiciado pola boa presión de Mariña, fai que roube o balón Graciela no borde do área e faga o único tanto do partido. De aí o descanso o Bergantiños veuse máis e máis arriba podendo empatar, pero as amarelas estiveron moi atentas defensivamente con unha gran Valeria baixo paus, transmitiídolle moita calma a todo o equipo. Na segunda parte as nosas sairon moito máis enchufadas e concentradas o que fixo que so concedesen un par de ocasións no que restaba de partido. Puideron aumentar a vantaxe nos últimos minutos debido o cansancio das rivais, pero o marcador non se movería. Partido moi completo a nivel defensivo das “amarelas” que xa acumulan dous partidos seguidos sen encaixar gol”.

Bergantiños FC B : Sofía, Carla, Amelia, Valeria, Aroa Varela, Clara, Aroa García, Jimena, Antía, Ainhoa e Sara. Suplentes: Ariadna, Arancha, Andrea e Iria,

CF Mazaricos : Valeria, Carlota, Graciela, Sílvia, Tamara, Ánxela, Claudia, Antía, Iria Buján, Fátima e Mariña. Suplentes: Saray, Celia, Leire, Iria e Raquel.

Goles : 0-1, Graciela, (30´).

Árbitro : Alfonso Caamaño. Non asinou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CF Mazaricos-CF Dumbría

SD Dubra-Bergantiños FC B

 

******

 

Corme CF 5-3 CF Noia B

 Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido contra un Noia B moi xoven pero con moitas ganas de competir que nunca se foi do partido e nos obligou a estar en tensión todo o mesmo. Adiantáronse 0-1 sorprendéndonos en velocidade nun balón en longo as costas de centrais que acabaría en gol, pero o equipo repúxose rápido e colocàmonos con 3-1. Penso que levamos sempre o control do partido pero cometemos dous erros que lles permitían estar dentro do partido en canto a marcador, e de aí o resultado tan igualado. Dóeme especialmente en encaixar 3 goles cando e unha das cousas que queremos mellorar con respecto o ano pasado, pero o final os rivais tamén xogan e agora mesmo todo o mundo compite. Pero sin dúbida a gran nova do partido foi a volta os campos da nosa capitana Olalla, logo de ser mamá fai apenas un mes e medio, volvía a disputar uns minutos na segunda parte, a mellor fichaxe posible para o vestuario sin duda”.

Corme CF : Belén, Carla Vázquez, (Olalla), Irene, Aroa, Aurora (Ana), Nerea, (Salomé), Lucía, Carla, Nati, (Cecilia), Cris e María, (Mónica).

Goles : 0-1, María, (9´); 1-1, María Josefa, (10´); 2-1, María Josefa, (34´); 3-1, Cris, (50´); 3-2, Marta, (52´); 4-2, Carla, (55´); 4-3, María Queiruga, (89´de penalti); 5-3, Carla, (desconto).

Árbitro : Manuel Trillo. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

SD Fisterra-Corme CF

CF Noia B-UD Corcubión

******

 

Descansou : CF Dumbría

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

-CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

*****

 

-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Cerqueda : Dani García

-Fotos Ponteceso : Marcos Curro

-Foto Mazaricos : Jorge Villa “Gorrión”

-Fotos Muxía-Fisterra : Marina Busto

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies