CRÓNICAS 5ª XORNADA 1ª GALICIA GRUPO A COSTA/SANTIAGO 2B : “AS VITORIAS DE MAZARICOS E BAIO SOBRE OS PRIMEIROS FAN QUE HAXA UN EMPATE A 10 PUNTOS ANTRE OS 4 PRIMEIROS”.

1ª GALICIA GRUPO A COSTA/SANTIAGO 2B

 

5ª Xornada

Domingo 21 de Novembro

Volantes de Baño CF 4-3 Ponteceso SD

Hora : 16:35

Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)

Colexiado : Miguel Teijeiro Fernández. Amosoulle 5 cartónsamarelos aos locais e 3 amarelos e 1 vermello aos visitantes.

A piques estivo de deixar escapar o equipo de Baño unha suculenta ventaxe de 3-0. Os muradáns adiantábanse no primeiro minuto de xogo por medio de Pesco e 20 minutos despois Alejandro poñía o 2-0 co que se ía ao descanso. Nunha segunda metade de órdago, facían o 3º os locais por medio de Pesco, cando se superaba a hora de xogo. Reaccionou o equipo da Terra de Pondal pouco despois, cando parecía noqueado e primeiro Cotelo, (65´) e despois Martín, (68´), acercaban o equipo a poder puntuar, pero un gol de Pesco, (76´) que pechaba un “Hat-trick”, poñía en ventaxe aos locais. Unha ventaxe que se volvía a acurtar no 86, tras un penalti que materializaba Martín para os pontecesáns. Ata o final puido pasar de todo, o encontro non baixou o ritmo ata o pitido final.

 

 

Mazaricos CF 1-0 SD Negreira

Hora : 16:00

Campo : “Pedra d´ouro”, (Pino do Val-Mazaricos)

Colexiado : Sergio Sánchez Martínez. Amosoulle 6 cartóns aos locais, expulsando ao xogador Juan M Tunas e o preparador de porteiros, Teira. Os visitabtes amosoulles 2 cartóns amarelos.

Así veu o encontro o adestrador mazariquense Diego Gálvez : “A primeira parte foi moi disputada pero con apenas ocasións de gol, exceptuando dous disparos de Sandelo de falta directa, e de Rachón, para nós, e un man a man de Berto. En ambas accións duas fenomenais paradas de Iván e de José impediron o gol. Na segunda parte a igualdade rompeuse cun penalti de Rachón no 65, que sería a sua segunda tarxeta amarela e expulsión, lanzaría Bendaña e detivo Iván Baña. Ante a inferioridade a entrada de Kevin e Chapela foi clave para que un deles convertise o penalti cometido sobre o outro, (79´). De aí o final o Negreira intentou atacar mediante centros frontais, ante os que a nosa defensa se mostrou imperial no xogo aéreo”.

 

CD Baio 2-1 CF Dumbría

Hora : 16:30

Campo : “Platas Reinoso”, (Baio)

Colexiado : David Castreje Ferrío. O colexiado fisterrán amosoulle dous cartóns aos baieses e ningún os dumbrieses.

Reaccionou pronto e ben o equipo baiés aos gol do dumbriés, Diego Capelo aos 19 minutos de xogo, remontando con goles de Braian, o primeiro pasada a media hora de xogo, (37´) e o segundo na segunda metade, antes da hora de xogo, (54´).

 

SD Tordoia 1-0 Corme CF

Hora : 16:00

Campo : “Gurgullos”

Colexiado : Alberto Álvarez Cebreiro. Amosoulle un cartón amarelo aos locais e 2 aos vistantes.

Un gol de Manuel Vázquez aos 22 minutos de xogo foi suficiente para que os puntos se quedaran na casa, e que o equipo cormmelán siga sen saber o que é gañar, ocupando o posto de colista unha semana máis.

 

CD Belvís 2-1 SD Soneira

Hora : 17:00

Campo : “O Pinguel”

Colexiado : Marcos Diéguez González. Amosoulle 6 cartóns amarelos aos locais e 4 os visitantes. Encontro tremedamente disputado, en especial na segunda metade na que o xogo se volveu máis tosco e con numerosos paróns. Crístian adiantaba aos locais ao cuarto de hora de xogo, tanto qque neutralizaba Ángel Senra antes do descanso, (40´). Non foi ata o minuto 74´cando Iván Noya facía o gol da remontada dos vimianceses, para sumar a sua segunda vitoria da liga.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia