CRÓNICAS 5ª XORNADA 1ª GALICIA G2 : “VITORIAS DE DUMBRÍA, ESTEIRANA E BAIO, (CO DERBI(, E DERROTAS DE SONEIRA, XALLAS, (NO DERBI), E MAZARICOS”.

 

CF Vista Alegre  0-4 CF Dumbría

Nova excibición de forza do CF Dumbría, que se a semana pasada goleaba no derbi ante o CD Baio, (5-0), desta volta facíao a domicilio, nun choque que tivo controlado de principio a fin e no que Xabier Castro, (6´), e Babacar, (35´), deixaban encamiñado o choque na primeira metade, e Xabier apuntillaba aos picholeiros nada máis comezar a segunda metade, no mítico, Santa Isabel. Sergio Codesal apuntillaba o encontro no 80´.

 

CD Baio 3-1 Xallas FC

O equipo baies sacouse a espiña do derbi da semana pasada en Dumbfría, no que saía goleado, (5-0), cunha traballada vitoria ante un Xallas que non coñecía a derrota, sumando de 3 en 3. Esteban Capelo adiantaba aos xalleiros ao fío do descanso, (44´), e o gol do empate chegaba cun gol en propia porta de Caneda, (56´). Pasda a hora de xogo Pablo Domínguez acadaba o gol da remontada, e o da vitoria chegaba no 83 por parte do “killer”, Martín MC.

 

CF Mazaricos 0-3 SD Tordoia

Sentáronlle mal as expulsións ao equipo mazariquense, que aos 40 minutos de xogo quedaba cun menos por expulsión de Carreira con vermello direto, e a falta de 20 para o final, quedaba con dous menos por expulsión de Fran Pose, tamén con vermello direto. Antes da primeira expulsión xa perdían por 0-1 cun tsnto do visitnate, Denís Pose, (14´), e o segundoi chegaba antes da segunda expulsió, con gol de Abel Torres, (65´). Xa con este escenario tan adverso chegaba o terceiro, obra de David López, no desconto.

 

SR Calo 2-1 Soneira SD

Brusco encontro no que soubo nadar mellor o equipo de Teo. Adiantábanse os vimianceses por medio de Álex Figueiras aos 2 minutos de xogo, e antes da segunda metade, empataba Alejandro Boo, para os de Rebordelo, (21´). Os locais quedaban cun menos antes do descanso, por vermello direto a Ander Martínez, (42´), e a pesares de iso serían na segunda metade os locais os que se adiantaban no marcador, por medio de Adrián García, (71´). Tetárono os vimianceses, pero o encontro comezou nunha fase de contínuos paróns, por faltas, e perdas de tempo, e xa non se movería o marcador. No desconto os vimianceses perdían por vermello direto a Fran Calvo.

 

SCDR Esteirana 3-1 SD Agolada

Traballada vitoria dos esteiráns, segunda dio curso, que se se fragou cando remontaban de penalti cun gol de Roberto “Pladur”, (79´), quedando os visitantes cun menos na xogada previa o penalti. Óliver xa puxera por diante aos esteiráns, (29´), e Aitor Hurtado empatara de penalti para os da Agolada, (48´). Simón facía o definitivo 3-1 no 84´.

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Negreia 1-0 SD Cruces

Cidade de Ribeira CF 2-0 Flavia SD

Cordeiro CF 0-1 Puebla FC

CD Lalín 5-0 CF Silleda

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia