O lider tivo que empregarse a fondo para levarse un punto de Dumbría.
O ACD San Ramón Veteranos que partía como lider en solitario, nesta xornada non pasou do empate ante o Veteranos CF Dumbría, (2-2), e virábanse as tornas do que sucedía a pasada semana, que era o ADC de Veteranos de Ponteceso o que empataba e deixaba irse aos da Laracha. Desta volta gañaron os de Ponteceso e empatan a 13 puntos no máis alto na clasificación cos laracheses do San Ramón. Por detrás nen Sporting Zas, nen Coristanco aproveitaban para poñerse a un punto dos da cabeza e non pasaban do empate, polo que sitúanse a 2, recortándolle un o lider por golaveraxe, ACD San Ramón Veteranos.
Por abaixo só quedaba por puntuar o recén ascendido SD Oza e fíxoo derrotando ao Corme CF, (4-1) e cedéndolle o posto de “pechacancelas”, superando os ocenses tamén ao Veteranos CF Dumbría, que suma dous, co punto acadado ante o lider.
-OS ENCONTROS DA XORNADA-
Veteranos CF Dumbría 2-2 ACD San Ramón Veteranos
Goles : 0-1, Borja, (36´); 1-1, Pablo, (46´); 1-2, Mario, (59´); 2-2, David, (83´).
Campo : O Conco, (Dumbría).
Cabana SD 0-2 ADC Veteranos Ponteceso
Goles : 0-1, Roberto, (2´); 0-2, José Antonio, (9´).
Campo : As Redondas, (Neaño-Cabana).
SD Oza 4-1 Corme CF
Goles : 1-0, Javier, (8´); 1-1, Diego, (16´); 2-1, Alberto, (26´); 3-1, Javier, (63´); 4-1, Manuel, (68´).
Campo : O Carral, (Sofán-Carballo)
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
-PREVIA 6ª XORNADA-
-Foto Dumbría : Veteranos CF Dumbría
Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”