CRÓNICAS 5ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O PINCHAZO DO LIDER XALLAS APRETA A CABEZA DA LIGA”.

Primeira vez que o Xallas non suma de 3 e fai que o Malpica se poña a 1 punto pois non errou nasua visita a Zas, onde goleou, e sube o segundo chanzo en detrimento do veciño Cerqueda que non pasaba do empate ante o Oza e desaproveitou o pinchazo do lider. Tamén se engancha aos de arriba o Laxe que derrotaba ao Buño para remontalo na loita da caza polo lider. O que se descolgou foi o Soneira, outro dos favoritos, que non aproveitou o empate do Xallas, non pasaba do empate co filial do Sofán, que supera os vimianceses e engánchase a todo. Atráctiva e moi igualada parece que se está a poñer a liga, cun puñado de ata 8 equipos en 5 puntos.

 

-CRÓNICAS 5ª XORNADA-

 

O Cerqueda co puño en alto en sinal de unión.

 

UD Cerqueda 1-1 SD Oza

Así nos conta o adestrador do UD Cerqueda, Emilio Uzal como foi o encontro : “Partido moi disputado no que en liñas xerais creo que fomos mellores por ocasións e merecimos gañar…Tiñamos varias baixas de inicio, e enciba, no quencemento lesionase Marcos Pensado. Primeira parte na que houbo moito centrocampismo e poucas ocasións. Na 2ª parte tivemos un man a man de Suso contra o porteiro, e un balón o poste nun corner, ata que no 75 fixemos o gol, nunha gran asistencia de Palermo a Suso. O partido estaba controlado pero formouse unha tangana e aí desconcentrámonos. Despois houbo unha expulsión por equipo e aí xa creemos que tíñamos o partido, estando 10 contra 9. No 91 fannos o gol do empate na única ocasion que tiveron ata entón, e despois houbo un man a man que parou ben Mario. No minuto 100 Suso estivo a piques de marcar nunha gran xogada persoal. Creo que fomos merecedores de gañar, repito, con moitas baixas, pero o mellor e que este equipo está unido e compite con ou sen baixas”.

Goles : 1-0, Suso, (75´); 1-1, Nico, (91´).

 

SD Laxe 2-1 SCD Buño

Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador pasouse a unha segunda metade na que en 10 minutos vendeuse todo o peixe. Brais adiantaba aos laxenses a hora de xogo e 5 minutos despois Adrián empataba para os oleiros, a ledicia do empate duráballes pouco pois 6 minuytos despois Santi Casás facía o 2-1. Parecía que espertase a voráxime goleadora, pero non foi así e xa non se movía o marcador.

Goles : 1-0, Brais, (60´); 1-1, Adrián, (65´); 2-1, Santi Casás, (70).

 

Sporting Zas 1-5 SCD Malpica

O Sporting Zas cae por terceira vez en 5 xornadas e alónzase da cabeza da táboa. Os zacenses topáronse cun gran Malpica que segue a un punto do lider Xallas FC. O encontro púxoselles de cara aos malpoicáns cando Ibra facía o primeiro antes do cuarto de hora de xogo e 4 minutos despois Adrián desviaba un balón o fondo da sua propia porta para o 0-2. A reacción zacense foi inmediata e pronto se poñían 1-2 para tratar de ir a polo encontro. Xa na segunda metade Aday facía ó 1-2 pasada a hora de xogo. Gol moi protestado, que non tivo reacción local no marcador e Ibra sentenzaba con dous goles en 5 minutos.

Goles : 0-1, Ibra, (14´); 0-2, Adrián, (19´en propia porta); 1-2, Javi Suárez, (24´); 1-3, Aday, (62´); 1-4, Ibra, (77´); 1-5, Ibra, (82´).

Incidencias : O colexiado Roberto Baña, expulsou con vermello direto o adestrador dos locais, Alfonso espasandín no 63. Amoulle amarelos a Darío e Brais por parte do zas e a Fran García polos malpicáns.

 

UD Corcubión 0-0 SD Soneira

Segundo empate para ambos equipos e que alonxa aos vimianceses da cabeza da táboa. Encontro bronco con demasiados paróns no xogo, en especial na segunda metade. Un total de 10 cartóns amarelos amosou Carlos Señarís, sen repetir xogador. Tres viron os corcubioneses por 7 dos vimainceses.

Goles : 0-0

 

Xallas FC 1-1 SD Sofán B

Freou o filial sofanista o lider en solitario nun choque no que se adiantaban ao cuarto de hora por medio de Nacho e mandaban no marcador ata o derradeiro cuarto de hora do encontro no que Adrián Forján conseguía igualar para os xalleiros.

Goles : 0-1, Nacho, (15´); 1-1, Adrián Forján, (76´).

 

CD Nantón 0-3 CF Lira

Bo encontro dos lirachos que se ían o descanso con un parcial de 0-2 con goles de Rubén e Roberto. Na segunda metade cos nantoneses a procura de meterse no ecnontro cun gol chegaba o da sentenza por medio de Ángel.

Goles : 0-1, Rubén, (26´); 0-2, Roberto, (44´); 0-3, Ángel, (76´).

 

Sporting Seaia CF 3-0 SD Ameixenda

Bo encontro dos seaieses en especial na segunda metade na que cimentario a vitoria ante un Ameixenda que loitou ata o final. Mario facía o 1-0 na primeira metader, resultado co que se chegaba o descanso. Sergio facía dous goles seguidos no derradeiro cuarto do encontro e xa sentenzaba o choque.

Goles : 1-0, Mario, (21´); 2-0, Sergio, (72´); 3-0, Sergio, (75´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

-Foto Cerqueda : O clube

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”